Tareixa, condesa de Portugal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m parámetros {{Realeza}}
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 24: Liña 24:
Existe controversia sobre o lugar do seu nacemento que puido ser no [[mosteiro de Montederramo]] ([[Galicia]]) ou na vila de [[Póvoa de Lanhoso]] (actual [[Portugal]]). Durante a súa infancia criouse na casa condal berciana, onde Tareixa pasou a maior parte da súa infancia xunto coa súa irmá Xeloria (Elvira).

==Casamento e goberno do condado de Portugal==
== Casamento e goberno do condado de Portugal ==
En 1093 Tareixa foi prometida por decisión paterna a un afamado cruzado [[Borgoña|borgoñón]], Henrique de Chalón ou Borgoña, que combatera nas filas do rei [[Afonso VI]] en diferentes campañas militares. A pesares da diferenza de idade -Tareixa contaba tan só con trece anos mentres que Henrique tiña 24- o rei deulles como dote o condado galego de Portugal, que abarcaba as terras entre o río Miño e o Vouga, e que a partir do ano 1096, se estendería até o Texo, englobando tamén ao condado de Coimbra.

==Relación con Fernán Peres de Trava e Urraca==
== Relación con Fernán Peres de Trava e Urraca ==
Atacada polas forzas da súa media-irmá, a raíña [[Urraca de León e Castela]], retrocederon as terras de Tereixa desde a marxe esquerda do [[río Miño]], derrotadas e dispersas, ata que a propia Tereixa refuxiouse no [[Castelo de Lanhoso]], onde sufriu o cerco que lle foi imposto por Urraca ([[1121]]). Aínda que en posición de inferioridade, a condesa conseguiu negociar o [[Tratado de Lanhoso]], polo cal conseguiu salvar o seu goberno do Condado Portucalense.

==Conflitos co seu fillo Afonso==
== Conflitos co seu fillo Afonso ==
A súa alianza e conexión co galego [[Fernando Pérez de Traba|Fernando Pérez]], [[Casa de Traba|conde de Traba]], puxo contra ela os nobres portucalenses e ao seu propio fillo. Na minoría de Afonso Henriques, Teresa rexeitou entregarlle o control da herdanza paterna. En breve nai e fillo entraron en conflito aberto, sendo as forzas da nai derrotadas na [[batalla de San Mamede]] en [[1128]].

Liña 44: Liña 44:
{{s-aft|after=[[Afonso Henriques]]}}
{{s-aft|after=[[Afonso Henriques]]}}
{{end box}}
{{end box}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Historia de Galicia]]
[[Categoría:Historia de Galicia]]

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2015 ás 18:51

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tareixa
Condesa de Portugal

Nacementoc. 1080
Falecemento11 de novembro de 1130
SepulturaCatedral de Braga, Braga (Portugal)
Cónxuxe/sHenrique de Borgoña
DescendenciaUrraca Henriques
Sancha Henriques
Tareixa Henriques
Henrique Henriques
Afonso I
ProxenitoresAfonso VI
Ximena Muñiz

Na rede
WikiTree: Castilla-61

Tareixa de León, nada cara a 1080 e finada o 11 de novembro de 1130, foi a primeira condesa de Portugal. Foi filla do rei Afonso VI e da aristócrata berciana Ximena Muñiz.

Existe controversia sobre o lugar do seu nacemento que puido ser no mosteiro de Montederramo (Galicia) ou na vila de Póvoa de Lanhoso (actual Portugal). Durante a súa infancia criouse na casa condal berciana, onde Tareixa pasou a maior parte da súa infancia xunto coa súa irmá Xeloria (Elvira).

Casamento e goberno do condado de Portugal

En 1093 Tareixa foi prometida por decisión paterna a un afamado cruzado borgoñón, Henrique de Chalón ou Borgoña, que combatera nas filas do rei Afonso VI en diferentes campañas militares. A pesares da diferenza de idade -Tareixa contaba tan só con trece anos mentres que Henrique tiña 24- o rei deulles como dote o condado galego de Portugal, que abarcaba as terras entre o río Miño e o Vouga, e que a partir do ano 1096, se estendería até o Texo, englobando tamén ao condado de Coimbra.

Relación con Fernán Peres de Trava e Urraca

Atacada polas forzas da súa media-irmá, a raíña Urraca de León e Castela, retrocederon as terras de Tereixa desde a marxe esquerda do río Miño, derrotadas e dispersas, ata que a propia Tereixa refuxiouse no Castelo de Lanhoso, onde sufriu o cerco que lle foi imposto por Urraca (1121). Aínda que en posición de inferioridade, a condesa conseguiu negociar o Tratado de Lanhoso, polo cal conseguiu salvar o seu goberno do Condado Portucalense.

Conflitos co seu fillo Afonso

A súa alianza e conexión co galego Fernando Pérez, conde de Traba, puxo contra ela os nobres portucalenses e ao seu propio fillo. Na minoría de Afonso Henriques, Teresa rexeitou entregarlle o control da herdanza paterna. En breve nai e fillo entraron en conflito aberto, sendo as forzas da nai derrotadas na batalla de San Mamede en 1128.

Obrigada dese modo a deixar a gobernación, algúns autores defenden que foi detida polo propio fillo no castelo de Lanhoso, outros que se exiliou nun convento de Póvoa de Lanhoso, onde faleceu en 1130. Modernamente, con todo, arguméntase que, logo da batalla e xa en fuga, ela e o conde Fernando Pérez foron aprisionados e inmediatamente expulsados de Portugal. A condesa sobreviviu ao desastre, falecendo en Galicia a finais de 1130.

Os seus restos mortais foron traídos máis tarde para a catedral de Braga, onde aínda hoxe repousan xunto á tumba do seu primeiro marido, o conde Henrique de Borgoña.

Tareixa, condesa de Portugal
Dinastía Ximena
Nacemento: 1080 Falecemento: 11 de Novembro 1130

Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Nuno II Mendes
Último conde de Portucale

Condesa de Portugal
1093 – 1130
xunto con Henrique (1093 - 1112)
xunto con Afonso (1112 - 1139)
Sucedido  por
Afonso Henriques