Dover: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 15: Liña 15:


Debido á súa proximidade coa Europa continental, o porto é un dos mellor fornecidos do Reino Unido, cuns cantos millóns de persoas pasando polo servizo de [[ferri]]s cada ano.
Debido á súa proximidade coa Europa continental, o porto é un dos mellor fornecidos do Reino Unido, cuns cantos millóns de persoas pasando polo servizo de [[ferri]]s cada ano.
== Topónimo ==
O topónimo actual [[lingua inglesa|inglés]] de ''Dover'' ten a súa orixe na voz [[lingua latina|latina]] ''Portus Dubris'', de orixe desputada, probablemente [[linguas britónicas|britónica]]. O topónimo evolucionou, pasando por formas como ''Doverre'', até o ''Dover'' actual, en uso canto menos dende comezos do [[século XVII]].


En [[Galego-portugués|galego medieval]] a localidade recibiu o nome de ''Dovra'' ou ''Doura''.


==Historia==
==Historia==

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2015 ás 10:28

Localización de Dover
Porto de Dover
Castelo de Dover
Dover
St Mary in Castro & Roman Lighthouse
Castelo de Dover
Dover
Panorama

Dover é unha cidade portuaria importante da Canle da Mancha no condado británico de Kent. A poboación é de 34.200 (en 1991).

Este é o punto de Gran Bretaña máis próximo a Francia e da Europa continental, estando a 34 Km do porto de Calais. Ten sona polas súas fachadas brancas feitas de xiz. As fachadas daranlle a Inglaterra o sobrenome de Albion, que quere dicir "branco".

Debido á súa proximidade coa Europa continental, o porto é un dos mellor fornecidos do Reino Unido, cuns cantos millóns de persoas pasando polo servizo de ferris cada ano.

Topónimo

O topónimo actual inglés de Dover ten a súa orixe na voz latina Portus Dubris, de orixe desputada, probablemente britónica. O topónimo evolucionou, pasando por formas como Doverre, até o Dover actual, en uso canto menos dende comezos do século XVII.

En galego medieval a localidade recibiu o nome de Dovra ou Doura.

Historia

Dover foi un porto importante dende hai séculos. Os romanos foron os primeiros en deixarnos noticia da existencia da cidade, que eles denominaron Dubris. E a cidade era o punto de partida da Watling Street. Pénsase que a zona xa estaba habitada antes do período romano.

Os romanos construíron un faro no lugar onde agora se atopa o Castelo de Dover alá polo ano 50, sendo así un dos edificios máis antigos de Gran Bretaña.

O 26 de maio de 1670 Carlos II de Inglaterra e Luís XIV de Francia asinaron un tratado secreto que fixo cesar as hostilidades entre os seus dous reinos.