Romanización de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
m Listado de autores clásicos considerados fontes para o estudio da romanización e Galicia
Xosé (conversa | contribucións)
Liña 13: Liña 13:


As referencias documentais para o estudio da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Un listado dos principais sería o que segue: [[Apiano]], [[Tito Livio]], [[Floro]], [[Osorio]], [[Estrabón]], [[Pomponio Mela]], [[Plinio]], [[Ptolomeo]], [[Rufo Festo Avieno]], [[Hidacio]] e [[San Martiño de Dume]], e no [[Itinerario de Antonino]].
As referencias documentais para o estudio da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Un listado dos principais sería o que segue: [[Apiano]], [[Tito Livio]], [[Floro]], [[Osorio]], [[Estrabón]], [[Pomponio Mela]], [[Plinio]], [[Ptolomeo]], [[Rufo Festo Avieno]], [[Hidacio]] e [[San Martiño de Dume]], e no [[Itinerario de Antonino]].

[[Category:Imperio Romano]]
[[Category:Historia de Galicia]]


[[ca:Romanització]]
[[ca:Romanització]]

Revisión como estaba o 19 de maio de 2007 ás 19:56

Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)

Historia de Galicia

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia
Cronoloxía de Galicia

Coñécese como romanización ao proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ian adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

O comezo de romanización de Galiza adóitase datar na expedición de Décimo, o Gallaico, e o seu fito de atravesar o rio Lethes ou do olvido (o Limia). Porén, o noroeste peninsular non ficou integrado imediatamente no mundo romano. Ao longo do século I foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares (Craso, Perpenna, Xulio César), de maneira que cando Augusto emprendeu as Guerras Cántabras, o noroeste era xa unha simples base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pré-existente en populi e castellae, representado nas inscricións por un C invertido. No ano 74 dC, concedeuse o ius latii para toda a península.

O territorio pertenceu pimeiro á provincia de Lusitania, logo á Tarraconensis e finalmente constituiuse a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiuse en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latín foi substituindo as linguas anteriores nun proceso que remataría provabelmente no século III d.C.

Os meios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da villa romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandería a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no século II. Nas minas empregábanse escravos, mais as villae foron atendidas por colonos. A estrutura social castrexa perviviría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.

Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a meados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episodio notorio foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV.

As referencias documentais para o estudio da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Un listado dos principais sería o que segue: Apiano, Tito Livio, Floro, Osorio, Estrabón, Pomponio Mela, Plinio, Ptolomeo, Rufo Festo Avieno, Hidacio e San Martiño de Dume, e no Itinerario de Antonino.