Hadriano (emperador): Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Hadrien-ven.JPG|miniatura|dereita|200px|Busto do emperador romano Adriano.]] |
|||
:'''Hadriano''' é tamén unha variante culta do nome propio [[Hadrián]] |
:'''Hadriano''' é tamén unha variante culta do nome propio [[Hadrián]] |
||
{{Ficha de nobre |
|||
|nome = Hadriano |
|||
|título = 14º Emperador do [[Imperio Romano]]. |
|||
|imaxe = Bust of Hadrian in the Musei Capitolini MC817.jpg |
|||
|tamaño de imaxe = 250px |
|||
|epígrafe = Busto de mármore de Hadriano nos [[Museos Capitolinos]]. |
|||
|reinado = [[10 de agosto]] de [[117]] - [[10 de xullo]] de [[138]] |
|||
|coroación = |
|||
|outros títulos = |
|||
|nome completo = Publius Aelius Hadrianus (de nacemento)<br />Caesar Publius Aelius Traianus Hadrianus Augustus (como emperador) |
|||
|data de nacemento = [[24 de xaneiro]] do [[76]] |
|||
|lugar de nacemento = [[Itálica (cidade)|Itálica]], [[Hispania]] |
|||
|data de defunción = [[10 de xullo]] do [[138]] (62 anos) |
|||
|lugar de defunción = [[Baiae]] |
|||
|sepultura = |
|||
|predecesor = [[Traxano]] |
|||
|rexente = |
|||
|sucesor = [[Antonino Pío]] |
|||
|suc-tipo = |
|||
|herdeiro = |
|||
|consorte = |
|||
|cónxuxe = [[Vibia Sabina]] |
|||
|descendencia = Lucius Aelius<br />[[Antonino Pío]] (adoptivos) |
|||
|enlace = |
|||
|casa real = |
|||
|dinastía = [[Cinco bos emperadores|Dinastía Antonina]] |
|||
|himno real = |
|||
|pai = [[Publio Élio Hadriano Afer]] |
|||
|nai = Domitia Paulina |
|||
|firma = |
|||
|escudo = |
|||
|lema = |
|||
}} |
|||
'''Publius Aelius Traianus Hadrianus''', en galego '''Publio Elio Hadriano''', nado en [[Itálica (cidade)|Itálica]] o [[24 de xaneiro]] de [[76]] e finado en [[Baia]] o [[10 de xullo]] de [[138]], foi un [[Imperio Romano|Emperador romano]] da dinastía dos [[emperadores Antoninos]]. |
'''Publius Aelius Traianus Hadrianus''', en galego '''Publio Elio Hadriano''', nado en [[Itálica (cidade)|Itálica]] o [[24 de xaneiro]] de [[76]] e finado en [[Baia]] o [[10 de xullo]] de [[138]], foi un [[Imperio Romano|Emperador romano]] da dinastía dos [[emperadores Antoninos]]. |
||
Revisión como estaba o 23 de novembro de 2015 ás 09:52
- Hadriano é tamén unha variante culta do nome propio Hadrián
Hadriano | |
---|---|
14º Emperador do Imperio Romano. | |
Busto de mármore de Hadriano nos Museos Capitolinos. | |
Reinado | 10 de agosto de 117 - 10 de xullo de 138 |
Nome completo | Publius Aelius Hadrianus (de nacemento) Caesar Publius Aelius Traianus Hadrianus Augustus (como emperador) |
Nacemento | 24 de xaneiro do 76 Itálica, Hispania |
Falecemento | 10 de xullo do 138 (62 anos) Baiae |
Predecesor | Traxano |
Sucesor | Antonino Pío |
Cónxuxe/s | Vibia Sabina |
Descendencia | Lucius Aelius Antonino Pío (adoptivos) |
Proxenitores | Publio Élio Hadriano Afer Domitia Paulina |
Na rede | |
Publius Aelius Traianus Hadrianus, en galego Publio Elio Hadriano, nado en Itálica o 24 de xaneiro de 76 e finado en Baia o 10 de xullo de 138, foi un Emperador romano da dinastía dos emperadores Antoninos.
Traxectoria
Hadriano sobe a dignidade imperial á morte de Traxano, no ano 117. Tamén nado na Betica, chegou a emperador na idade madura, e a pesar de estar nomeado por Traxano, á morte deste tivo que facer fronte a unha conxura dos lugartenentes de Traxano, que desexaban evitar o seu nomeamento. Tódolos conspiradores foron condenados a morte.
Hadriano tivo que protagonizar unha retirada das terras conquistadas por Traxano co abandono da Mesopotamia. Xa no ano 115 víñase a rexistrar un clima de rebelión nas provincias orientais, promovido polas comunidades xudías. O destronado rei parto Cosroes aproveitou esta circunstancia para volver ao poder e tratar de desprazar a influencia romana na rexión. Adriano comprendeu que era moi difícil de manter a soberanía máis aló do Eufrates, e ordenou a evacuación, mais na beira daquel río quedou un importante continxente militar romano. Tamén na zona de Mauritania se rexistrou un leve retroceso das fronteiras.
O emperador dedicou unha grande parte do seu reinado a viaxar e percorreu unha gran parte dos territorios limítrofes, intervindo persoalmente na sufocación dalgúns levantamentos. Rematou o trazado do limes xermánico, deulle un pulo á romanización da rexión alpina, reforzou os efectivos da raia do Danubio e levantou na Britania o que se coñece como a muralla de Hadriano (Vallum Hadriani) co obxecto de previr as incursións dos pictos e escotos. Tratábase dunha serie de fortificacións entre Inglaterra e Escocia, dende a desembocadura do río Tyne, no mar do Norte e o Solvay Firth no mar de Irlanda.
Para favorecer a fidelidade do exército, Adriano procurou recrutar as lexións nas mesmas rexións que ian defender. Co tempo, esta idea foi negativa, xa que alimentaría ideas centrífugas e cantonalistas, pero na época de plenitude imperial, os soldados sentianse moi motivados por se encarregar da defensa dos eidos que os viran nacer.
As sublevacions dos xudeus tiveron o seu cumio no 132, cunha rebelion aberta en Xudea, encabezada por Eleazar e Simón Bar Kojba, os cales non dubidaron en atacar a colonia romana de Elia Capitolina (Xerusalén), encravada naquel territorio. Esta sublevación foi asulagada a sangue e lume no 134, e a ofensiva relixiosa xudía rematou.
Hadriano reforzou o papel do consello imperial (Consilium principis) en detrimento do Senado. A dita institución era obxecto de consulta regular e as súas decisions facianse públicas de tres xeitos: por medio de edictos, por decretos (sentenzas de casos xudiciais) e rescriptos (respostas a consultas). Foi neste período cando se fai público o Edicto Perpetuo, obra de Salvio Xuliano, que recollia os edictos anteriores e foi unha fonte esencial de xurisprudencia.
Reformouse a admistración pública, separando netamente os carregos civís dos militares, creandose a figura do advocatus fisci, encarregado de representar o Estado nos litixios con particulares. Tamén se organizou un servizo de Correos.
Hadriano prestou especial atención ao problema sucesorio. Nomeou un primeiro candidato, pero á morte deste designou a Tito Aurelio Antonino, a quen o Senado daria o nome de Antonino Pío. A partir daquel, os herdeiros designados levarian o título de César. O carrego comportaba os títulos de procónsul e tribuno. Pero Hadriano non se limitou a nomear o herdeiro, senón que exixiu que este á súa vez nomeara o seu para previr continxencias. Antonio nomeou a Marco Aurelio Vero e a Lucio Vero. Os dous, co tempo, chegarían a emperadores. A sucesión imperial estaba garantida, e con ela a estabilidade.
Hadriano morreu no 138 e foi inhumado no monumental mausoleo, que tras a caída do Imperio foi utilizado como fortaleza e que chegou deica os nosos días como Castelo de Sant Angelo, na beira do río Tíber.
Véxase tamén
Outros artigos
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Traxano |
Hadriano (emperador) | Precede a: Antonino Pío |
Dinastía dos Antoninos |