Hydrodamalis gigas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Título en itálico}} {{Info/Taxonomia | nome = ''Hydrodamalis gigas'' | estado = EX | sistema_estado = iucn3.1 | estado_ref = {{Citar IUCN |asesores=Domning, D.; Anderson, P.K...."
 
Liña 30: Liña 30:


==Ver tamén==
==Ver tamén==

*[[Anexo:lista de mamíferos extintos|Mamíferos extintos]]
**[[Mamíferos]] [[Mamíferos extintos]]


{{Referencias}}
{{Referencias}}

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2015 ás 18:53

Modelo:Título en itálico Modelo:Info/Taxonomia

Hydrodamalis gigas, coñecido popularmente como dugongo-de-Steller ou vaca-mariña-de-steller, é unha especie extinguida de mamífero mariño da orde Sirenia que se extinguiu ao final do século XVIII. Este animal habitaba o mar de Bering, mais o rexistro fósil indica que sirénios do xénero Hydrodamalis habitaron outrora zonas máis extensas do Océano Pacífico, chegando á costa da California e do Xapón. A especie foi descrita por primeira vez polo naturalista alemán Georg Steller en 1741, nunha altura en que xa era posíbelmente bastante rara.

Este sirénio era considerábelmente maior que os membros actuais da súa orde, o dugongo e o manati, medindo até 8 metros de lonxitude e pesando entre 5 a 11 toneladas. O seu corpo era macizo, con cabeza pequena e pescozo indiferenciado. Os ollos eran pequenos, así como as narinas, e non tiña orellas. Os adultos non tiñan dentes. A cauda era en forma de abano e os membros dianteiros modificados como barbatanas tiñan a forma de gancho. Por causa de seu peso e estrutura corporal, o dugongo-de-Steller era un animal bastante lento.

Era un animal herbívoro, altamente especializado para ambientes costeiros de augas frías e pouco profundas, ricas en algas e outra vexetación mariña. Era gregário e vivía en manadas, próximo a estuarios e embocaduras de ríos. Pouco se sabe respecto aos hábitos de vida ou reprodución, mais suponse que formase parellas monogámicas e que o período de gestación fose longo. Relatos contemporáneos indican que as fémeas daban á luz só unha cría, na altura do outono.

Causa da extinción

A extinción do dugongo-de-steller está claramente asociada á chegada ao mar de Bering de pescadores e colonos occidentais. O animal foi de inmediato identificado como fonte de alimento e cazado pola súa carne, que é descrita como de textura e sabor semellantes ao bistec de vaca. A graxa era aproveitada para cociñar ou para as lámpadas a óleo, e o leite das femias era consumido directamente ou transformado en manteiga. O coiro era usado para fabricación de vestuário. No entanto, a caza excesiva non foi o único motivo de extinción. Xuntamente cos dugongos, os pescadores damnificaron tamén as poboacións de lontras mariñas que se alimentaban, entre outras cousas, de ourizos do mar. Cos seus predadores en declínio, a poboación de ourizos estourou e, como se alimentaban da mesma vegetação mariña, tornáronse competidores do dugongo-de-steller. En 1755 foi emitida unha orde nos portos piscatórios do mar de Bering que prohibía a caza do dugongo-de-steller. Porén nesta altura a especie xa se encontraba en declínio acentuado e un dos últimos animais foi cazado en 1768.

Ver tamén