Geza Vermes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1: Liña 1:
'''Geza Vermes''', nado en Mako ([[Hungría]]) o [[22 de xuño]] de [[1924]] e finado en [[Oxford]] o [[8 de maio]] de [[2013]], foi un dos primeiros estudosos dos [[Manuscritos do Mar Morto]] e un especialista de primeiro nivel a escala mundial en materia de [[xudaísmo]] histórico e na figura do [[Xesús de Nazaret]] histórico.

==Traxectoria==
== Traxectoria ==
A súa nai e o seu pai, xornalista, morreron no [[holocausto]]. Graduouse en Historia Oriental e [[Filoloxía]] pola [[Universidade Católica de Lovaina]] e obtivo o doutoramento en [[Teoloxía]]. Foi colaborador do Centro Nacional de Investigacións científicas en [[París]] e profesor de estudos bíblicos na [[Universidade de Newcastle]]. En [[1965]] foi designado profesor de estudos xudeus na [[Universidade de Oxford]].

Liña 10: Liña 10:
Como froito das súas prolongadas investigacións, refutou as posicións que puñan en dúbida a historicidade de Xesús de Nazaret, así como aquelas posicións que entendían que Xesús se afastou da relixión xudía. Pretendeu achegarse desde criterios puramente históricos ao suposto fundador do cristianismo para chegar á conclusión que este non pretendeu fundar unha relixión esgallada do xudaísmo.

==Obras==
== Obras ==
*''Jesus the Jew: A Historian´s Reading of the Gospes''. Minneapolis, 1973.
* ''Jesus the Jew: A Historian´s Reading of the Gospes''. Minneapolis, 1973.
*''The Dead Sea Scrolls: Qumran in Perpective'', Minneapolis, 1977
* ''The Dead Sea Scrolls: Qumran in Perpective'', Minneapolis, 1977
*''Jesus and the World of Judaism'', Minneapolis 1983
* ''Jesus and the World of Judaism'', Minneapolis 1983
*''The Religion of Jesus the Jew'', Minneapolis, 1993
* ''The Religion of Jesus the Jew'', Minneapolis, 1993

{{ORDENAR:Vermes, Geza}}
{{ORDENAR:Vermes, Geza}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Personalidades do xudaísmo]]

[[Categoría:Historia do cristianismo]]
[[Categoría:Historia do cristianismo]]

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2015 ás 04:34

Geza Vermes, nado en Mako (Hungría) o 22 de xuño de 1924 e finado en Oxford o 8 de maio de 2013, foi un dos primeiros estudosos dos Manuscritos do Mar Morto e un especialista de primeiro nivel a escala mundial en materia de xudaísmo histórico e na figura do Xesús de Nazaret histórico.

Traxectoria

A súa nai e o seu pai, xornalista, morreron no holocausto. Graduouse en Historia Oriental e Filoloxía pola Universidade Católica de Lovaina e obtivo o doutoramento en Teoloxía. Foi colaborador do Centro Nacional de Investigacións científicas en París e profesor de estudos bíblicos na Universidade de Newcastle. En 1965 foi designado profesor de estudos xudeus na Universidade de Oxford.

A súa familia, aínda que de orixe xudía, profesaba o catolicismo, relixión que el abandonou para recuperar plenamente a súa condición de xudeu.

É membro da Academia Británica e da Academia Europea das Artes, das Ciencias e das Humanidades. Ostenta doutoramentos honoris causa polas Universidades de Edimburgo, Durham e Sheffield e a Universidade Europea Central de Budapest.

Como froito das súas prolongadas investigacións, refutou as posicións que puñan en dúbida a historicidade de Xesús de Nazaret, así como aquelas posicións que entendían que Xesús se afastou da relixión xudía. Pretendeu achegarse desde criterios puramente históricos ao suposto fundador do cristianismo para chegar á conclusión que este non pretendeu fundar unha relixión esgallada do xudaísmo.

Obras

  • Jesus the Jew: A Historian´s Reading of the Gospes. Minneapolis, 1973.
  • The Dead Sea Scrolls: Qumran in Perpective, Minneapolis, 1977
  • Jesus and the World of Judaism, Minneapolis 1983
  • The Religion of Jesus the Jew, Minneapolis, 1993