Moebius: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 6: Liña 6:


Paralelamente á súa labor como historietista e ilustrador, Jean Giraud ten participado nos deseños de multitude de películas, como ''[[Alien]]'' (1979), ''[[Tron]]'' (1982), ''[[Abyss]]'' (1989) ou ''[[O quinto elemento]]'' (1997).
Paralelamente á súa labor como historietista e ilustrador, Jean Giraud ten participado nos deseños de multitude de películas, como ''[[Alien]]'' (1979), ''[[Tron]]'' (1982), ''[[Abyss]]'' (1989) ou ''[[O quinto elemento]]'' (1997).
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Personalidades da banda deseñada]]
[[Categoría:Personalidades da banda deseñada]]

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2015 ás 04:12

Moebius

Jean Giraud, coñecido polo seu pseudónimo Moebius, nado en París o 8 de maio de 1938, e falecido na mesma cidade o 10 de marzo de 2012, foi un historietista francés. Alcanzou a celebridade como debuxante do western O Tenente Blueberry, que guionizaba Jean-Michel Charlier e se publicaba na revista Pilote. Faleceu o 10 de marzo de 2012 aos 73 anos de idade.

Traxectoria

En 1974 formou o grupo dos Humanoides Asociados con outros autores como Philippe Druillet, Dionnet e Farkas. Xuntos editarían a revista Metal Hurlant, onde Jean Giraud (agora co seudónimo Moebius) se revelaría como autor completo en renovadoras series de fantasía e ciencia ficción como Arzach (1975) ou O garaxe hermético (1976). En 1980, iniciou coa saga de O Incal a súa frutífera colaboración co guionista Alejandro Jodorowsky. Dende o ano 1988, cando viu Akira, ten sido gran fan do estilo de debuxo xaponés, en especial de Katsuhiro Otomo e de Yukito Kishiro (quen á vez tamén esta moi influenciado polo estilo franco-belga de Frank Miller ou o propio Jean Giraud), e as súas obras se viron influenciadas por este feito.

Paralelamente á súa labor como historietista e ilustrador, Jean Giraud ten participado nos deseños de multitude de películas, como Alien (1979), Tron (1982), Abyss (1989) ou O quinto elemento (1997).