Hedy Lamarr: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 38: Liña 38:
'''Hedwig Eva Maria Kiesler''', nada en [[Viena]] o [[9 de novembro]] de [[1914]] e finada en [[Casselberry, Florida|Casselberry]] ([[Florida]]) o [[19 de xaneiro]] de [[2000]] foi unha actriz e inventora [[Austria|austríaca]].

==Traxectoria==
== Traxectoria ==
Naceu en Viena en 1914, filla dunha pianista e un banqueiro xudeu. Cando tiña dezaoito anos protagonizou o filme ''[[Ekstase]]'', de [[Gustav Machatý]] no que interpretaba unha esposa nova cun home vello e indiferente. O filme foi famoso por unha escena na que Lamarr nada e corre espida polo bosque. O primeiro marido de Lamarr, Friedrich Mandl, o terceiro home máis rico de Austria tratou de comprar todas as copias do filme que puido. Aínda que era medio xudeu Mandl vendeu municións a Italia e Alemaña e na súa autobiografía, Lamarr indica que [[Adolf Hitler]] e [[Benito Mussolini]] acudiron a festas na casa de Mandl.

Liña 51: Liña 51:
Tras anos de reclusión na súa casa, finou no ano 2000. O seu fillo Anthony Loder esparexeu as súas cinzas nos bosques de Viena, de acordo co desexo da súa nai.
Tras anos de reclusión na súa casa, finou no ano 2000. O seu fillo Anthony Loder esparexeu as súas cinzas nos bosques de Viena, de acordo co desexo da súa nai.

==Filmografía==
== Filmografía ==
{| class="wikitable sortable"
{| class="wikitable sortable"
|-
|-
Liña 149: Liña 149:
|}
|}

==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
{{galicitas}}
{{galicitas}}
===Bibliografía===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro|apelidos=Barton |nome=Ruth |título=Hedy Lamarr: The Most Beautiful Woman in Film |editor=University of Kentucky Press |localización=Lexington |ano=2010 |isbn=978-0813136547}}
* {{Cita libro|apelidos=Barton |nome=Ruth |título=Hedy Lamarr: The Most Beautiful Woman in Film |editor=University of Kentucky Press |localización=Lexington |ano=2010 |isbn=978-0813136547}}
* {{Cita libro|apelidos=Lamarr |nome=Hedy |título=Ecstasy and Me: My Life as a Woman |editor=Bartholomew House |localización=Nova York |ano=1966 |isbn= |asin=B0007DMMN8}}
* {{Cita libro|apelidos=Lamarr |nome=Hedy |título=Ecstasy and Me: My Life as a Woman |editor=Bartholomew House |localización=Nova York |ano=1966 |isbn= |asin=B0007DMMN8}}
Liña 158: Liña 158:
* {{Cita libro|apelidos=Shearer |nome=Stephen Michael |título=Beautiful: The Life of Hedy Lamarr |editor=St. Martin's Press |localización=Nova York |ano=2010 |isbn=0312550987}}
* {{Cita libro|apelidos=Shearer |nome=Stephen Michael |título=Beautiful: The Life of Hedy Lamarr |editor=St. Martin's Press |localización=Nova York |ano=2010 |isbn=0312550987}}
* {{Cita libro|apelidos=Young |nome=Christopher |título=The Films of Hedy Lamarr |editor=Citadel Press |localización=Nova York |ano=1979 |isbn=978-0806505794}}
* {{Cita libro|apelidos=Young |nome=Christopher |título=The Films of Hedy Lamarr |editor=Citadel Press |localización=Nova York |ano=1979 |isbn=978-0806505794}}
===Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.hedylamarr.com Páxina oficial] <!-- ignore inaccurate year of birth at this site -->
* [http://www.hedylamarr.com Páxina oficial] <!-- ignore inaccurate year of birth at this site -->
* [http://www.hedylamarr.org/ Hedy Lamarr Foundation]
* [http://www.hedylamarr.org/ Hedy Lamarr Foundation]
Liña 167: Liña 167:
* [http://www.virtual-history.com/movie/person/1731/hedy-lamarr Virtual History]
* [http://www.virtual-history.com/movie/person/1731/hedy-lamarr Virtual History]
{{ORDENAR:Lamarr, Hedy}}
{{ORDENAR:Lamarr, Hedy}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Actores de Austria]]
[[Categoría:Actores de Austria]]
[[Categoría:Nados en Viena]]
[[Categoría:Nados en Viena]]

Revisión como estaba o 20 de novembro de 2015 ás 01:13

Modelo:Actor Hedwig Eva Maria Kiesler, nada en Viena o 9 de novembro de 1914 e finada en Casselberry (Florida) o 19 de xaneiro de 2000 foi unha actriz e inventora austríaca.

Traxectoria

Naceu en Viena en 1914, filla dunha pianista e un banqueiro xudeu. Cando tiña dezaoito anos protagonizou o filme Ekstase, de Gustav Machatý no que interpretaba unha esposa nova cun home vello e indiferente. O filme foi famoso por unha escena na que Lamarr nada e corre espida polo bosque. O primeiro marido de Lamarr, Friedrich Mandl, o terceiro home máis rico de Austria tratou de comprar todas as copias do filme que puido. Aínda que era medio xudeu Mandl vendeu municións a Italia e Alemaña e na súa autobiografía, Lamarr indica que Adolf Hitler e Benito Mussolini acudiron a festas na casa de Mandl.

Finalmente Lamarr non soportou o control á que a sometía o seu marido e decidiu separarse. Disfrazouse ela e a súa asistenta (se ben, ela mesma dixo que algunha anécdota da súa autobiografía fora inventada por un “negro”) e voaron a París. Pouco despois en Londres coñeceu a Louis B. Mayer, que a contratou e lle deu o seu nome artístico.

En Hollywood interpretou personaxes arquetípicas e glamurosas, mulleres sedutoras de orixe exótica, como o de Dalila en Samson and Delilah. A partir de 1950 a súa carreira declinou e apareceu só esporadicamente en filmes.

O compositor George Antheil era veciño de Lamarr en California e experimentara con instrumentos musicais de control automático. Durante a Segunda Guerra Mundial Lamarr e Antheil falaban da posibilidade de crear torpedos controlados por radio. Lamarr aprendera sobre armamento asistindo a conferencias co seu primeiro marido. Ambos os dous desenvolveron a idea de usar unha especie de piano que empregaba unha temperá versión do salto en frecuencia. Porén, a mariña estadounidense non adoptou o sistema e a idea non foi posta en práctica ata a crise dos mísiles de Cuba en 1962, cando a patente xa expirara. Lamarr intentou entrar no National Inventors Council, pero membros como Charles F. Kettering indicaron que axudaría máis se empregaba a súa sona para a promoción de bonos de guerra.

As ideas de Lamarr e Antheil serviron de base para os modernos sistemas de comunicación, como o Bluetooth, o COFDM e o CDMA e na actualidade celébrase o Día do Inventor coincidindo co nacemento de Lamarr.

Tras anos de reclusión na súa casa, finou no ano 2000. O seu fillo Anthony Loder esparexeu as súas cinzas nos bosques de Viena, de acordo co desexo da súa nai.

Filmografía

Ano Filme
1930 Geld auf der Straße
1931 Sturm im Wasserglas
1931 Die Koffer des Herrn O.F.
1932 Man braucht kein Geld
1933 Ekstase
1938 Algiers
1939 Lady of the Tropics
1940 I Take This Woman
1940 Boom Town
1940 Comrade X
1941 Come Live with Me
1941 Ziegfeld Girl
1941 H.M. Pulham, Esq.
1942 Tortilla Flat
1942 Crossroads
1942 White Cargo
1944 The Heavenly Body
1944 The Conspirators
1944 Experiment Perilous
1945 Her Highness and the Bellboy
1946 The Strange Woman
1947 Dishonored Lady
1948 Let's Live a Little
1949 Samson and Delilah
1950 A Lady Without Passport
1950 Copper Canyon
1951 My Favorite Spy
1953 The Lovers of Paris
1957 The Story of Mankind
1958 The Female Animal

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barton, Ruth (2010). University of Kentucky Press, ed. Hedy Lamarr: The Most Beautiful Woman in Film. Lexington. ISBN 978-0813136547. 
  • Lamarr, Hedy (1966). Bartholomew House, ed. Ecstasy and Me: My Life as a Woman. Nova York. ASIN B0007DMMN8. 
  • Rhodes, Richard (2012). Doubleday, ed. Hedy's Folly: The Life and Breakthrough Inventions of Hedy Lamarr. Nova York. ISBN 978-0307742957. 
  • Shearer, Stephen Michael (2010). St. Martin's Press, ed. Beautiful: The Life of Hedy Lamarr. Nova York. ISBN 0312550987. 
  • Young, Christopher (1979). Citadel Press, ed. The Films of Hedy Lamarr. Nova York. ISBN 978-0806505794. 

Ligazóns externas