Sergio Leone: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 13: Liña 13:
|fillos = Francesca, Raffaella, Andrea
|fillos = Francesca, Raffaella, Andrea
}}
}}
'''Sergio Leone''', nado en [[Roma]] o [[3 de xaneiro]] de [[1929]] e falecido o [[30 de abril]] de [[1989]], foi un [[director de cine]] [[Italia|italiano]], coñecido polos seus [[Spaghetti Western]].
'''Sergio Leone''', nado en [[Roma]] o [[3 de xaneiro]] de [[1929]] e falecido o [[30 de abril]] de [[1989]], foi un [[director de cine]] [[Italia|italiano]], coñecido polos seus [[Spaghetti Western]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Liña 47: Liña 47:
* ''[[Ladri di biciclette]]'' (1948).
* ''[[Ladri di biciclette]]'' (1948).
* ''[[La leggenda di Faust]]'' (1948).
* ''[[La leggenda di Faust]]'' (1948).
* ''[[Fabiola (película 1949)|Fabiola]]'' (1949).
* ''[[Fabiola (película 1949)|Fabiola]]'' (1949).
* ''[[Il trovatore (película)|Il trovatore]]'' (1949).
* ''[[Il trovatore (película)|Il trovatore]]'' (1949).
* ''[[La forza del destino]]'' (1949).
* ''[[La forza del destino]]'' (1949).
Liña 71: Liña 71:


==== Director da segunda unidade ====
==== Director da segunda unidade ====
* ''[[Quo vadis? (filme de 1951)|Quo vadis?]]'' (1951).
* ''[[Quo vadis? (filme de 1951)|Quo vadis?]]'' (1951).
* ''[[Elena di Troia]]'' (1956).
* ''[[Elena di Troia]]'' (1956).
* ''[[Ben-Hur (filme de 1959)|Ben-Hur]]'' (1959).
* ''[[Ben-Hur (filme de 1959)|Ben-Hur]]'' (1959).
Liña 110: Liña 110:


{{ORDENAR:Leone, Sergio}}
{{ORDENAR:Leone, Sergio}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Directores de cine de Italia]]
[[Categoría:Directores de cine de Italia]]

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2015 ás 23:23

Modelo:Actor Sergio Leone, nado en Roma o 3 de xaneiro de 1929 e falecido o 30 de abril de 1989, foi un director de cine italiano, coñecido polos seus Spaghetti Western.

Traxectoria

Fillo do director de cine Vincenzo Leone (que usaba ás veces o pseudónimo de Roberto Roberti). Seu pai foi director de cine ata que en 1943 Mussolini lle pediu opinión sobre un guión que escribira e desgraciadamente Vincenzo foi sincero, e desde entón non volveu dirixir.

Sergio entrou na industria do cine moi novo. Con 20 anos foi actor e asistente de dirección de Ladri di biciclette (1948) de Vittorio de Sica. Despois estaría en grandes producións estadounidenses rodadas en Europa, como Quo Vadis? (1951) de Mervyn LeRoy, Helen of Troy (1955) de Robert Wise, Ben-Hur (1959) de William Wyler ou Historia dunha monxa (1959) de Fred Zinnemann.

En 1959 déronlle a oportunidade de substituír, por enfermidade, o director Mario Bonnard durante a rodaxe de Os últimos días de Pompeia, aínda que non puido asinar a película.

A súa primeira película oficial foi Il colosso di Rodi (1960) e dous anos despois substituiría de novo a un director, Robert Aldrich, en Sodoma e Gomorra.

A partir de aquí comezaron as súas obras máis persoais, que se inician coa famosa triloxía western, tamén coñecida como Triloxía do dólar, en coprodución con varios países europeos e rodada na rexión de Tabernas (Almería). A triloxía obtivo un inesperado grande éxito, conducindo o western ó seu último período cinematográfico, o chamado western crepuscular, xénero moi cultivado no cine dos 70, ademais de achegar dous novos talentos ó medio: o compositor Ennio Morricone, amigo do director desde a infancia, e o actor Clint Eastwood, descoñecido ata entón, ó que o director contratou entre un grupo de actores. O segundo filme da triloxía, Per qualche dollaro in più, tivo certos problemas legais ó estar inspirada nunha película anterior de Akira Kurosawa titulada Yojimbo (1961).

Tras un período de tempo máis dilatado volve ó cine, case por obrigación, con Giù la testa, ambientada na revolución mexicana, que ten menos éxito que as súas películas precedentes. Esta película dirixiuna a última hora debido a problemas co director elixido. Por último, dirixiu a considerada por moitos como a súa obra mestra, Houbo unha vez en América, un "western moderno" ambientado na época dos gánsters. Trátase dun western crepuscular rodado en Cinecittà (Roma) e nos mesmos escenarios estadounidenses nos que rodou a maior parte das súas películas o seu admirado John Ford. En Europa tivo grande éxito malia as catro horas de duración, pero nos Estados Unidos ofreceuse unha versión recortada a case dúas horas, ademais de alterar a montaxe (a historia foi contada de forma lineal e non como na orixinal, onde se utilizan flashbacks).

Sergio tivo sempre ó seu carón a un amigo da infancia que fixo máis grandes aínda as súas películas, Ennio Morricone.

Sergio Leone faleceu en 1989 mentres estaba preparando a película Leningrado.

Filmografía

Director

Asistente de director

Director da segunda unidade

Escenógrafo

Actor

Produtor

Véxase tamén

Ligazóns externas