Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Avelino Cachafeiro»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Sem resumo de edição
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Avelino Cachafeiro Bugallo''', '''O Gaiteiro de Soutelo''', nado en [[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei|Soutelo de Montes]] o [[26 de maio]] de [[1899]] e finado o [[13 de abril]] de [[1972]], foi un gaiteiro [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
De familia de gaiteiros da [[Comarca de Tabeirós - Terra de Montes|Terra de Montes]], aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao [[bombo]]. Formou o grupo de gaiteiros [[Os Gaiteiros de Soutelo]] cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e [[caixa (música)|caixa]]), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o [[pandeiro]]. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
 
En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en [[1924]] (a parte literaria gañouna [[Eladio Rodríguez González]]). En [[1928]] gravaron para a compañía [[Regal]] a "[[Muiñeira de Chantada]]", a "Alborada de Rosalía", a "Muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Heicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman á porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa".
 
=== Xiras e retirada ===
Xunto cos seus irmáns Castor e Bautista, [[Os Gaiteiros de Soutelo]], percorreu toda Galicia, así como [[Buenos Aires]], [[Montevideo]], [[Brasil]] ou [[Barcelona]]. En [[1928]] morreu Fermín e en [[1933]] Bautista. A [[Guerra Civil española]] esfarelou o grupo, sorprendéndoos tocando en Barcelona, territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A [[Cultural Obreira]] levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a [[Berlín]] para tocar nos [[Xogos Olímpicos]], decidiron volver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.
 
Nunca máis tocou en público, o que fixo medrar aínda máis a súa lenda. Dedicouse á poesía, a pintura e á súa faceta empresarial (unha sala de festas e unha gasolineira).
 
=== Outros labores ===
En [[1969]] publicou o libro de poemas, ''Voando coas aas da vida'', con prólogo de [[Ramón Otero Pedrayo]]. Foi o valedor da "Muiñeira de Chantada", no seu labor de recuperación da música tradicional.
 
A discográfica galega [[Ouvirmos]] recuperou e editou un disco dos gaiteiros de Soutelo.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro| autor =[[Xosé Manuel Rivas Troitiño|Rivas Troitiño, Xosé Manuel]]| título =O gaiteiro de Soutelo | ano =1977| publicación =| id = }}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galespa.com.ar/avelino_cachafeiro_vida.htm Galicia espallada]
* [http://www.forcarei.net/html/xentes/AvelinoCachafeiro.htm Xentes de Forcarei]
* [http://www.webterrademontes.com/GentAve.htm Asociación Amigos da Terra de Montes]
 
{{ORDENAR:Cachafeiro, Avelino}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Artigos destacados]]
[[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia]]
393.002

edicións