Efim Bogoljubov: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 14: Liña 14:
}}
}}


[[File:Bogoljubow Grabstein Triberg.JPG|thumb|Efim Bogoljubov <br>(1.4.1889 – 18.6.1952) ]]
[[Ficheiro:Bogoljubow Grabstein Triberg.JPG|thumb|Efim Bogoljubov <br>(1.4.1889 – 18.6.1952) ]]
'''Efim Dmitriyevich Bogoljubov''' (en [[lingua rusa|ruso]], '''Ефим Дмитриевич Боголюбов'''), tamén transliterado como '''Jefim Bogolyubov''', nado o [[14 de abril]] de [[1889]] e finado o [[18 de xullo]] de [[1952]], foi un destacado mestre [[xadrez|xadrecista]] [[Ucraína|ucraíno]]. Emigrou a [[Alemaña]] en [[1926]] e en [[1951]] outorgóuselle o título de [[Gran Mestre Internacional]] pola [[Federación Internacional de Xadrez]].
'''Efim Dmitriyevich Bogoljubov''' (en [[lingua rusa|ruso]], '''Ефим Дмитриевич Боголюбов'''), tamén transliterado como '''Jefim Bogolyubov''', nado o [[14 de abril]] de [[1889]] e finado o [[18 de xullo]] de [[1952]], foi un destacado mestre [[xadrez|xadrecista]] [[Ucraína|ucraíno]]. Emigrou a [[Alemaña]] en [[1926]] e en [[1951]] outorgóuselle o título de [[Gran Mestre Internacional]] pola [[Federación Internacional de Xadrez]].


Liña 33: Liña 33:


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
*[[Hans Kmoch|Kmoch, Hans]] (2004). [http://www.chesscafe.com/text/kmoch01.pdf Grandmasters I Have Known: Efim Dimitrievich Bogolyubov] ([[PDF]]). Chesscafe.com. {{en}}
* [[Hans Kmoch|Kmoch, Hans]] (2004). [http://www.chesscafe.com/text/kmoch01.pdf Grandmasters I Have Known: Efim Dimitrievich Bogolyubov] ([[PDF]]). Chesscafe.com. {{en}}
*[http://www.muljadi.org/Bogoljubov.htm As partidas de Bogoljubov en muljadi.org]
* [http://www.muljadi.org/Bogoljubov.htm As partidas de Bogoljubov en muljadi.org]
* [http://www.mjae.com/bogoljubov.html Efim Bogoljubov raconté par Emil Diemer] by Dany Sénéchaud on [http://www.mjae.com Mieux jouer aux échecs] {{fr}}
* [http://www.mjae.com/bogoljubov.html Efim Bogoljubov raconté par Emil Diemer] by Dany Sénéchaud on [http://www.mjae.com Mieux jouer aux échecs] {{fr}}


{{ORDENAR:Bogoljubov, Efim}}
{{ORDENAR:Bogoljubov, Efim}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Xadrecistas de Ucraína]]
[[Categoría:Xadrecistas de Ucraína]]
[[Categoría:Nados en 1889]]
[[Categoría:Nados en 1889]]

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2015 ás 17:45

Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Infotaula de personaEfim Bogoljubov

Efim Dmitriyevich Bogoljubov
Biografía
Nacemento14 de abril de 1889
Stanislavchyk, Ucraína (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1952
Triberg im Schwarzwald, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUcraína Ucraína
Actividade
OcupaciónXogador de xadrez
LinguaLingua alemá e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaImperio Ruso
Unión Soviética
Alemaña Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaGrande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (1951)
Mestre Nacional de Xadrez (pt) Traducir (1952) Editar o valor em Wikidata
Participou en
1931Olimpíada de xadrez de 1931 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata


Efim Bogoljubov
(1.4.1889 – 18.6.1952)

Efim Dmitriyevich Bogoljubov (en ruso, Ефим Дмитриевич Боголюбов), tamén transliterado como Jefim Bogolyubov, nado o 14 de abril de 1889 e finado o 18 de xullo de 1952, foi un destacado mestre xadrecista ucraíno. Emigrou a Alemaña en 1926 e en 1951 outorgóuselle o título de Gran Mestre Internacional pola Federación Internacional de Xadrez.

Traxectoria

Foi un dos mellores xogadores da primeira metade do século, pero a coincidencia no tempo con grandes xenios do xadrez, como Capablanca e Alexander Alekhine, non lle permitiu alcanzar as máis alta cotas. A súa estrea como xogador de elite foi no torneo de Todas as Rusias en 1913 e en Mannheim en 1914, onde quedou oitavo. Ao comezar a Primeira Guerra Mundial atopábase en Mannheim (Alemaña), e aquí pasou a guerra confinado por ser cidadán ruso, xunto con outros xadrecistas compatriotas. Gañou cinco dos sete torneos que se organizaron durante o confinamento, e nos outros dous quedou segundo. Terminou casando cunha alemá e adoptando esta nacionalidade.

Na década de 1920 a súa carreira foi meteórica. En 1925 venceu no torneo de Moscova, onde xogaban Emanuel Lasker, José Raúl Capablanca, Frank Marshall, Carlos Torre, Savielly Tartakower, Richard Réti, Franz Grünfeld, Akiba Rubinstein e Rudolf Spielmann. Ocupou o primeiro posto nos torneos de Piestany de 1922, Carlsbad de 1923 e Bad Kissingen de 1928.

Outros torneos menos importantes foron o de Catro Mestres de Berlín en 1919, Estocolmo 1919 e 1920, Kiel 1922, catro campionatos de Rusia, de 1924 a 1925, o torneo de Breslau de 1925, Berlín 1926, Bad Homburg 1927 e Berlín 1928. Grazas a todos estes resultados puido retar a Alexander Alekhine dúas veces co título mundial en xogo. Foron encontros moi disputados. Na primeira ocasión, en 1929, perdeu 15,5 - 9,5; na segunda, en 1934, volveu ser derrotado 15,5 - 10,5. Logo destes encontros as súas actuacións en torneos foron irregulares. Alternou primeiros postos (Bad Nauheim 1935, Stuttgart 1939) con actuacións mediocres.

Tras a Segunda Guerra Mundial deixou de relacionarse coa elite mundial. Tras a dobre derrota no campionato do mundo xa non volveu gañar torneos de importancia. Ademais, houbo de sufrir un período de illamento, por xogar durante a Segunda Guerra Mundial na Alemaña nazi.

Entre os encontros individuais máis importantes logrou vencer a Aron Nimzowitsch, Max Euwe (dúas veces), Stahlberg, Romanovsky, Rödo, Kieninger e Grob, pero perdeu, ademais de con Alexander Alekhine, Akiba Rubinstein, Rudolf Spielmann, Euwe, Eliskases e Ahues.

A apertura Bogo-India 1.d4 Cf6 2.c4 e6 3.Cf3 Bb4 foi nomeada na súa honra.

Véxase tamén

Ligazóns externas