Wilhelm Meyer-Lübke: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1: Liña 1:
'''Wilhelm Meyer-Lübke''', nado en [[Dübendorf]], [[Suíza]], en [[1861]] e finado en [[Bonn]] en [[1936]], foi un lingüista [[Neogramáticos|neogramático]] e [[romanista]] de orixe suíza.
'''Wilhelm Meyer-Lübke''', nado en [[Dübendorf]], [[Suíza]], en [[1861]] e finado en [[Bonn]] en [[1936]], foi un lingüista [[Neogramáticos|neogramático]] e [[romanista]] de orixe suíza.

==Traxectoria==
== Traxectoria ==
Discípulo do pai da Romanística científica, [[Friedrich Christian Diez|Friedrich Diez]]. Foi profesor das universidades de [[Jena]], [[Viena]] e [[Bonn]]. Seguiu a teoría de [[Gustav Gröber]], adaptando o [[método comparatista]] da investigación das [[linguas indoeuropeas|indoeuropeo]] ás linguas románicas, no estudo das cales introduciu principios de sistematización.

Liña 10: Liña 10:
De todos os fenómenos atribuídos á influencia do substrato céltico, os que resultaban máis seguros para Meyer-Lübke eran o paso de -CT- a -it- e a nasalización das vogais. A influxo osco-umbro, Meyer-Lübke atribuía dous fenómenos seguros: a sonorización das [[oclusiva]]s xordas despois de [[nasal]], e máis a [[asimilación]] -ND- > -nn-. Na Península Ibérica estudou o cambio do F- inicial que non desaparece diante do -r- nin diante do [[ditongo]] castelán '''ue''' procedente de O. En conclusión, Meyer-Lübke consideraba que antes de avanzar a hipótese da influencia do substrato deberían de cumprirse tres operacións preliminares:

#Comprobar as condicións de vida real da poboación da zona onde aparece o fenómeno, ou ben das relacións exactas que mantiñan romanos e autóctonos.
# Comprobar as condicións de vida real da poboación da zona onde aparece o fenómeno, ou ben das relacións exactas que mantiñan romanos e autóctonos.
#Comprobar a antigüidade do fenómeno na zona afectada.
# Comprobar a antigüidade do fenómeno na zona afectada.
#Analizar rigorosamente as diversas realizacións articulatorias de sons aparentemente idénticos.
# Analizar rigorosamente as diversas realizacións articulatorias de sons aparentemente idénticos.

=== A clasificación do catalán ===
=== A clasificación do catalán ===
Liña 19: Liña 19:
No seu estudo monográfico sobre do catalán (''Das Katalanische'') (1925), Meyer-Lübke comparou este idioma co castelán e o occitano e tirou a conclusión de que o catalán era unha lingua do grupo [[Galorromania|galorománico]]. Con esta opinión comezou unha polémica sobre a [[subagrupación románica do catalán]], xusto logo do seu recoñecemento como lingua independente, e sobre todo pola coincidencia cronolóxica da obra de Meyer-Lübke coa edición de ''Orígenes del español'' de [[Ramón Menéndez Pidal]] (1926), obra na que este filólogo español desenvolvía a tese da clasificación do catalán como lingua [[Iberorrománia|iberorrománica]].

==Obras==
== Obras ==
*''Die Schicksale des lateinischen Neutrums im Romanischen'' (''A cuestión do neutro latino na Romania'') (Halle, 1883).
* ''Die Schicksale des lateinischen Neutrums im Romanischen'' (''A cuestión do neutro latino na Romania'') (Halle, 1883).
*''Grammatik der romanischen Sprachen'' (''Gramática das linguas románicas'') (Estrasburg, 1890-1902), 4 vols.
* ''Grammatik der romanischen Sprachen'' (''Gramática das linguas románicas'') (Estrasburg, 1890-1902), 4 vols.
*''Italienische Grammatik'' (Leipzig, 1890).
* ''Italienische Grammatik'' (Leipzig, 1890).
*''Historische Grammatik der französischen Sprachen'' (1898).
* ''Historische Grammatik der französischen Sprachen'' (1898).
*''Romanische Syntax'' (Leipzig, 1899).
* ''Romanische Syntax'' (Leipzig, 1899).
*''Einführung in das Studium der romanischen Sprachwissenschaft'' (''Introdución ao estudo da lingüística románica'' (Heidelberg, 1901).
* ''Einführung in das Studium der romanischen Sprachwissenschaft'' (''Introdución ao estudo da lingüística románica'' (Heidelberg, 1901).
*''Die Aussprache des Altprovenzalischen U'' (''A pronunciación do U en antigo provenzal''), in Mélanges Wilmotte (París, 1909).
* ''Die Aussprache des Altprovenzalischen U'' (''A pronunciación do U en antigo provenzal''), in Mélanges Wilmotte (París, 1909).
*''Romanisches etymologisches Wörterbuch'' (''Dicionario etimolóxico das linguas románicas'') (1911-1920), en trece entregas.
* ''Romanisches etymologisches Wörterbuch'' (''Dicionario etimolóxico das linguas románicas'') (1911-1920), en trece entregas.
*"Gedanken über die Anlage des von Mn. A. M. Alcover unternommenen Diccionari català-valencià-balear", ''Bolletí del Diccionari de la Llengua Catalana'' XIII (juliol-agost 1923), p.72-94.
* "Gedanken über die Anlage des von Mn. A. M. Alcover unternommenen Diccionari català-valencià-balear", ''Bolletí del Diccionari de la Llengua Catalana'' XIII (juliol-agost 1923), p.72-94.
*''Das Katalanische. Seine Stellung zum Spanischen und Provenzalischen, sprachwissenchftlich und historisch dargestellt'' (''O catalán. A súa situación perante o español e o provenzal'') (Heidelberg, 1925).
* ''Das Katalanische. Seine Stellung zum Spanischen und Provenzalischen, sprachwissenchftlich und historisch dargestellt'' (''O catalán. A súa situación perante o español e o provenzal'') (Heidelberg, 1925).

== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
===Bibliografía===
=== Bibliografía ===
* Guillem Calaforra i Castellano, ''Wilhelm Meyer-Lübke i Das Katalanische: introducció i traducció''. Barcelona, Institut d’Estudis Catalans. ISBN 84-7283-403-4
* Guillem Calaforra i Castellano, ''Wilhelm Meyer-Lübke i Das Katalanische: introducció i traducció''. Barcelona, Institut d’Estudis Catalans. ISBN 84-7283-403-4

{{ORDENAR:Meyer Lubke, Wilhelm}}
{{ORDENAR:Meyer Lubke, Wilhelm}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Personalidades da lingüística]]
[[Categoría:Personalidades da lingüística]]

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2015 ás 14:52

Wilhelm Meyer-Lübke, nado en Dübendorf, Suíza, en 1861 e finado en Bonn en 1936, foi un lingüista neogramático e romanista de orixe suíza.

Traxectoria

Discípulo do pai da Romanística científica, Friedrich Diez. Foi profesor das universidades de Jena, Viena e Bonn. Seguiu a teoría de Gustav Gröber, adaptando o método comparatista da investigación das indoeuropeo ás linguas románicas, no estudo das cales introduciu principios de sistematización.

Criticismo sobre a actuación do substrato

Mantén un grande escepticismo cara a actuación do substrato nas explicacións dos cambios fonéticos. Observou que non se sabía abondo das linguas prerromanas: (osco e umbro na Italia central e meridional; galo, na Italia setentrional e na mesma Galia; ibero, en Hispania); non se sabía nada con certeza da lingua dos sardos e moi pouco da lingua prerromana da Dacia ou do Véneto. Unha das influencias de substrato céltico admitida naquela altura, era a mutación de [u] en [ü]. Esta mudanza obsérvase en francés, occitano, piemontés, lígur, lombardo, en parte dos dialectos da Emilia, en romanche e retorrománico engadinés, ademais de en galés, holandés, os dialectos alemáns de Alsacia, de parte de Brisgobia e do Vallese. Todas estas zonas foran habitadas polos celtas, mais a coincidencia entre a isoglosa e a área celta é menos precisa do que semella. Mais aínda admitindo a identidade da isoglosa moderna con área antigamente ocupada polos celtas, habería que demostrar que a isoglosa é antiga e que a coincidencia remonta efectivamente á época na que os celtas aprenderan latín. Ademais demostrouse que o fenómeno en occitano é posterior á época medieval, e parece fenómeno tardío tamén noutras zonas periféricas da Galorromania, desde Savoia até Normandía. A área actual da mudanza u>ü é resultado dunha expansión efectuada a partir dun núcleo orixinario pequeno, e mesmo se estendeu até o vasco de Iparralde.

De todos os fenómenos atribuídos á influencia do substrato céltico, os que resultaban máis seguros para Meyer-Lübke eran o paso de -CT- a -it- e a nasalización das vogais. A influxo osco-umbro, Meyer-Lübke atribuía dous fenómenos seguros: a sonorización das oclusivas xordas despois de nasal, e máis a asimilación -ND- > -nn-. Na Península Ibérica estudou o cambio do F- inicial que non desaparece diante do -r- nin diante do ditongo castelán ue procedente de O. En conclusión, Meyer-Lübke consideraba que antes de avanzar a hipótese da influencia do substrato deberían de cumprirse tres operacións preliminares:

  1. Comprobar as condicións de vida real da poboación da zona onde aparece o fenómeno, ou ben das relacións exactas que mantiñan romanos e autóctonos.
  2. Comprobar a antigüidade do fenómeno na zona afectada.
  3. Analizar rigorosamente as diversas realizacións articulatorias de sons aparentemente idénticos.

A clasificación do catalán

Seguindo ao seu mestre Friedrich Diez, en 1890 asignou á lingua catalá o status de dialecto do occitano (denominado daquela provenzal) na súa obra Grammatik der romanischen Sprachen (Gramática das Linguas Románicas), na que afirma: "Ao leste a transición se produce paulatinamente co catalán no Rosellón: Esta última variedade (parlen), que non é máis que un dialecto provenzal...." (p. 14). Porén, abandonou esta opinión en 1925, e emprega de maneira xeral o nome de "lingua catalá", mais afirmando as concordancias co occitano de todo o conxunto idiomático de Cataluña, o País Valenciano e as Baleares. Este cambio foi fundamental para o recoñecemento do catalán como unha lingua independente.

No seu estudo monográfico sobre do catalán (Das Katalanische) (1925), Meyer-Lübke comparou este idioma co castelán e o occitano e tirou a conclusión de que o catalán era unha lingua do grupo galorománico. Con esta opinión comezou unha polémica sobre a subagrupación románica do catalán, xusto logo do seu recoñecemento como lingua independente, e sobre todo pola coincidencia cronolóxica da obra de Meyer-Lübke coa edición de Orígenes del español de Ramón Menéndez Pidal (1926), obra na que este filólogo español desenvolvía a tese da clasificación do catalán como lingua iberorrománica.

Obras

  • Die Schicksale des lateinischen Neutrums im Romanischen (A cuestión do neutro latino na Romania) (Halle, 1883).
  • Grammatik der romanischen Sprachen (Gramática das linguas románicas) (Estrasburg, 1890-1902), 4 vols.
  • Italienische Grammatik (Leipzig, 1890).
  • Historische Grammatik der französischen Sprachen (1898).
  • Romanische Syntax (Leipzig, 1899).
  • Einführung in das Studium der romanischen Sprachwissenschaft (Introdución ao estudo da lingüística románica (Heidelberg, 1901).
  • Die Aussprache des Altprovenzalischen U (A pronunciación do U en antigo provenzal), in Mélanges Wilmotte (París, 1909).
  • Romanisches etymologisches Wörterbuch (Dicionario etimolóxico das linguas románicas) (1911-1920), en trece entregas.
  • "Gedanken über die Anlage des von Mn. A. M. Alcover unternommenen Diccionari català-valencià-balear", Bolletí del Diccionari de la Llengua Catalana XIII (juliol-agost 1923), p.72-94.
  • Das Katalanische. Seine Stellung zum Spanischen und Provenzalischen, sprachwissenchftlich und historisch dargestellt (O catalán. A súa situación perante o español e o provenzal) (Heidelberg, 1925).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guillem Calaforra i Castellano, Wilhelm Meyer-Lübke i Das Katalanische: introducció i traducció. Barcelona, Institut d’Estudis Catalans. ISBN 84-7283-403-4