Pazo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Outroshomónimos|Pazo (homónimos)}}
{{Outroshomónimos|Pazo (homónimos)}}
[[Ficheiro:Casa grande de lentille.JPG|Casa grande de Lentille, [[Cenlle]]|300px|miniatura]]
[[Ficheiro:Casa grande de lentille.JPG|Casa grande de Lentille, [[Cenlle]]|300px|miniatura]]
En Galiza chámaselle '''pazo''' a unha [[casa]] tradicional, grande para o seu tempo, posuidora de signos heráldicos (escudo ou brasón) e de proporcións e riscos suntuarios que a diferenza das demais do habitat rural da zona. Eran a residencia de persoas importantes na súa [[comunidade (socioloxía)|comunidade]] (baixa nobreza galegae s fidalgos, e antes, de [[rei]]s ou [[nobreza|nobres]]). Estes posuían os foros (cesión das terras aos campesiños nos séculos XVII e XVIII a cambio de recibir rendas) e polo tanto tiñan un gran poder económico. Foron de importancia crucial nos séculos XVII a XIX, relacionados coa arquitectura rural e monástica e o sistema de organización feudal, xa que constituían unha especie de unidades de xestión local ao redor dos cales transcorría a vida dos aldeáns. Co tempo foi converténdose na marca social e refuxio da decrecente clase [[fidalguía|fidalga]], que retrataron nas súas novelas escritores coma [[Otero Pedrayo]], [[Emilia Pardo Bazán]] e [[Ramón María del Valle-Inclán|Valle-Inclán]].
En Galiza chámaselle '''pazo''' a unha [[casa]] tradicional, grande para o seu tempo, posuidora de signos heráldicos (escudo ou brasón) e de proporcións e riscos suntuarios que a diferenza das demais do hábitat rural da zona. Eran a residencia de persoas importantes na súa [[comunidade (socioloxía)|comunidade]] (baixa nobreza galegae s fidalgos, e antes, de [[rei]]s ou [[nobreza|nobres]]). Estes posuían os foros (cesión das terras aos campesiños nos séculos XVII e XVIII a cambio de recibir rendas) e polo tanto tiñan un gran poder económico. Foron de importancia crucial nos séculos XVII a XIX, relacionados coa arquitectura rural e monástica e o sistema de organización feudal, xa que constituían unha especie de unidades de xestión local ao redor dos cales transcorría a vida dos aldeáns. Co tempo foi converténdose na marca social e refuxio da decrecente clase [[fidalguía|fidalga]], que retrataron nas súas novelas escritores coma [[Otero Pedrayo]], [[Emilia Pardo Bazán]] e [[Ramón María del Valle-Inclán|Valle-Inclán]].


Ó pazo coma estrutura arquitectónica asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios de [[Foro (contrato)|foros]], que mesmo chegaban a vivir no mesmo recinto (sobre todo os primeiros). Como palabra, pazo (en [[Lingua portuguesa|portugués]]: '''''paço''''') é un [[cognado]] de ''[[palacio]]'', pois procede do latín ''palatiu(m)''. Os pazos de [[Galiza]] son un excelente exemplo de [[arquitectura]] civil tradicional, aínda que moitos tamén teñen unha [[capela]] propia para celebracións relixiosas.
Ó pazo coma estrutura arquitectónica asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios de [[Foro (contrato)|foros]], que mesmo chegaban a vivir no mesmo recinto (sobre todo os primeiros). Como palabra, pazo (en [[Lingua portuguesa|portugués]]: '''''paço''''') é un [[cognado]] de ''[[palacio]]'', pois procede do latín ''palatiu(m)''. Os pazos de [[Galiza]] son un excelente exemplo de [[arquitectura]] civil tradicional, aínda que moitos tamén teñen unha [[capela]] propia para celebracións relixiosas.

Revisión como estaba o 16 de novembro de 2015 ás 10:03

Casa grande de Lentille, Cenlle

En Galiza chámaselle pazo a unha casa tradicional, grande para o seu tempo, posuidora de signos heráldicos (escudo ou brasón) e de proporcións e riscos suntuarios que a diferenza das demais do hábitat rural da zona. Eran a residencia de persoas importantes na súa comunidade (baixa nobreza galegae s fidalgos, e antes, de reis ou nobres). Estes posuían os foros (cesión das terras aos campesiños nos séculos XVII e XVIII a cambio de recibir rendas) e polo tanto tiñan un gran poder económico. Foron de importancia crucial nos séculos XVII a XIX, relacionados coa arquitectura rural e monástica e o sistema de organización feudal, xa que constituían unha especie de unidades de xestión local ao redor dos cales transcorría a vida dos aldeáns. Co tempo foi converténdose na marca social e refuxio da decrecente clase fidalga, que retrataron nas súas novelas escritores coma Otero Pedrayo, Emilia Pardo Bazán e Valle-Inclán.

Ó pazo coma estrutura arquitectónica asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios de foros, que mesmo chegaban a vivir no mesmo recinto (sobre todo os primeiros). Como palabra, pazo (en portugués: paço) é un cognado de palacio, pois procede do latín palatiu(m). Os pazos de Galiza son un excelente exemplo de arquitectura civil tradicional, aínda que moitos tamén teñen unha capela propia para celebracións relixiosas.

Sitúanse sempre no rural, en zonas de microclima benigno e solos fértiles. Erguíanse nas abas dunha ladeira ou nun outeiro, sempre en locais estratéxicos dende onde o señor puidese ollar as súas posesións.

A orixe dos pazos son castelos da Idade Media, polo que soen ir asociados a unha antiga torre, que os seus donos ampliaron para facer unha estancia máis confortábel na época moderna. Non se coñecen os nomes dos arquitectos, polo que debían ser simples canteiros ou arquitectos que copiaban outros modelos de arquitectura culta, como igrexas; é por iso que a súa arquitectura está a medio camiño entre a culta (influencias renacentistas, barrocas e neoclásicas) e a vernácula[1].

Os pazos salientan hoxe en día, ademais dende o punto de vista arquitectónico, pola súa xardinaxe, con bos exemplos de formacións de comúns e plantas e árbores senlleiras exóticas coma palmeiras, camelias etc.

Existen construcións semellantes (casas nobres no campo) en toda a Europa atlántica: Galicia, Norte de Portugal, Francia, Holanda, Alemaña e Illas Británicas ("Manor houses").

Galería de imaxes

Notas

  1. Cañada, Silverio. Gran Enciclopedia Galega. Pontevedra: El Progreso-Diario de Pontevedra. pp. Tomo 35. 

Véxase tamén

Outros artigos