Diferenzas entre revisións de «A Pobra do Caramiñal»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
==== Pazos ====
Dentro do núcleo urbano da Pobra do Caramiñal atópase a Casa Grande de Aguiar, hoxe residencia privada pechada ao público. A súa orixe está nunha edificación do [[século XVI]] que levantou a familia Romay, próxima á [[torre de Xunqueiras]], pero a construción actual é do [[século XVIII]] e o nome de Aguiar vénlle por enlaces matrimoniais con esta liñaxe. Tamén se relacionaron os posuidores do conxunto co ilustre sociólogo do [[século XIX]] [[Joaquín Díaz de Rábago]]. Na fachada destaca un frontón no que se inclúe un dobre escudo nobiliario no que se repiten as aguias do apelido Aguiar.
 
A carón desta Casa de Aguiar áchase o pazo de Couto, construído en [[1717]], segundo figura no portalón de entrada ao xardín que o rodea. Pertenceu dende a súa fundación ata a actualidade á familia Valderrama. Posúe unha fermosa fachada barroca cun alargado soportal e galería con balaustrada. Nun dos muros laterais resalta unha orixinal pedra de armas sostida por unha serea asociada á familia dos Mariño.
Usuario anónimo

Menú de navegación