A Mesa pola Normalización Lingüística: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
recoñecementos
Liña 23: Liña 23:

En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/01/09/carlos-callon-aplaude-sentencia-favor-pide-exjuez-decano-coruna-cumpra-lei/0003_20130120130109132002158.htm Carlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia]</ref>. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña<ref>[http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/487 A Mesa convoca unha concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña en apoio a Carlos Callón]</ref>.

* == Premios ==
== Recoñecementos ==
*[[Premio San Martiño de normalización lingüística|VIII Edición Premios San Martiño de nomalización lingüística]] (1998), no [[A Estrada|Concello da Estrada.]]
*[[Premio San Martiño de normalización lingüística|VIII Edición Premios San Martiño de nomalización lingüística]] (1998), no [[A Estrada|Concello da Estrada.]]

Revisión como estaba o 12 de novembro de 2015 ás 09:33

Globo da Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa pola Normalización Lingüística (MNLG) é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.

Traxectoria

Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua[1]. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.

A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é o historiador e xestor cultural Marcos Maceira, que sucedeu a Carlos Callón o 26 de abril de 2014.[2] Segundo datos da propia organización contaba en 2008 con 3300 socios [3].

En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo[4].

Actividade

Ficheiro:Galego Animacion.gif
Promoción do emprego do galego.

A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.

A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.

Cartel da mesa pola normalización lingüística do xuízo a Carlos Callón na Audiencia Provincial da Coruña.

Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. O caso ten pechada a fronte xudicial.

Carlos Callón foi denunciado por Antonio Fraga Mandián, ex xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.

En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias[5]. O 10 de maio de 2013 repetiuse o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña[6].

Recoñecementos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas