Torre dos Moreno: Diferenzas entre revisións
→Actualidade: ref |
ligazón |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
[[Ficheiro:Ribadeo, Torre dos Moreno.JPG|miniatura|250px|Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de [[Ribadeo]], (tomada dende o Parque da Praza de España), fachada SO.]] |
[[Ficheiro:Ribadeo, Torre dos Moreno.JPG|miniatura|250px|Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de [[Ribadeo]], (tomada dende o Parque da Praza de España), fachada SO.]] |
||
A '''torre dos Moreno''' é unha [[casa de indianos]] situada en [[Ribadeo]], na praza de España e na rúa de Ibáñez. Foi mandada construír por [[Pedro e Juan Moreno|Pedro e Juan Moreno Ulloa]] en 1915 e deseñada polo [[arquitecto]] [[Julián García Núñez]] e o [[enxeñaría|enxeñeiro]] [[Ángel Ardex]]. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo [[modernismo|modernista]], cimentado sobre unha estrutura mixta de [[formigón]] e [[ferro]]. |

[[Ficheiro:Cantondeb2.JPG|miniatura|esquerda|Vista artística da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época, ''Bandera Católica'' ([[1 de setembro]] de [[1916]]).]] |
[[Ficheiro:Cantondeb2.JPG|miniatura|esquerda|Vista artística da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época, ''[[Bandera Católica]]'' ([[1 de setembro]] de [[1916]]).]] |
||
Conta con diversos adornos, como [[alicatado]]s, [[mármore]]s, [[vidreira]]s, [[greca]]s, tellado con [[Tella (construción)| tella]]s de [[porcelana]] (cerámica vidrada) de cor vermella ou [[pilastra]]s. A [[cúpula]] da torre principal está mantida por catro [[cariátide]]s. A planta ten 950m², e o solar, 1050m² (medidas tomadas usando [[SIXPAC]]) Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio. |

Revisión como estaba o 10 de novembro de 2015 ás 06:35
Coordenadas: 43°32′16″N 7°2′17″O / 43.53778, -7.03806
A torre dos Moreno é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez. Foi mandada construír por Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915 e deseñada polo arquitecto Julián García Núñez e o enxeñeiro Ángel Ardex. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro.
Conta con diversos adornos, como alicatados, mármores, vidreiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A planta ten 950m², e o solar, 1050m² (medidas tomadas usando SIXPAC) Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio.
O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.
Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros.
As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados.
A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.
Actualidade
O 23 de decembro de 2010 no DOG sae unha resolución que abrirá paso a un novo enfoque para salvar o monumento, Ben de Interese Cultural, da ruína.
O 13 de xaneiro de 2011 comezan os traballos de apuntalamento para tentar salvala da súa caída.
O reparto da propiedade lévase complicando na historia por división por herdanza, o que complica o seu mantemento e futuro. Despois dun proceso de compra pola empresa 'Paisajes de Asturias', en 2015 a estrutura de propiedade corresponde a 60%, Paisajes de Asturias, 21% Concello de Ribadeo, 19%, herdeiros na Arxentina.[1]
Notas
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2015/11/09/paisajes-asturias-interesa-comprar-torre-dos-moreno/0003_201511X9C1991.htm
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre dos Moreno |
Bibliografía
- Casas de Indianos. AAVV. Xunta de Galicia, 2000.