Alexander Robertus Todd: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Alma mater -> Alma máter
Liña 13: Liña 13:
|etnia =
|etnia =
|campo = <li>[[Química]] <li> [[Bioquímica]]
|campo = <li>[[Química]] <li> [[Bioquímica]]
|alma_mater = <li>[[Universidade de Glasgow]]<li>[[Universidade de Frankfurt]]<li>[[Universidade de Oxford]]
|alma_máter = <li>[[Universidade de Glasgow]]<li>[[Universidade de Frankfurt]]<li>[[Universidade de Oxford]]
|director_tese = <li>[[Walter Barsche]]<li> [[Robert Robinson]]
|director_tese = <li>[[Walter Barsche]]<li> [[Robert Robinson]]
|alumnos_tese =
|alumnos_tese =

Revisión como estaba o 9 de novembro de 2015 ás 22:53

Infotaula de personaAlexander Robertus Todd
Nome orixinal(en) Alexander Robertus Todd Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1907
Glasgow, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xaneiro de 1997
Cambridge Inglaterra Inglaterra
54º Presidente da Royal Society
1975 – 1980
← Alan Lloyd HodgkinAndrew Huxley →
Membro da Cámara dos Lords
16 de abril de 1962 – 10 de xaneiro de 1997 (finado no cargo) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaInglaterra Inglaterra
País de nacionalidadeescoces
Educación
  • Universidade de Glasgow
  • Universidade de Frankfurt
  • Universidade de Oxford
  • Director de teseRobert Robinson Editar o valor em Wikidata
    Coñecido por
  • os raballo sobre nucleótidos e coenzimas
  • Actividade
    Campo de traballo
  • Química
  • Bioquímica
  • Lugar de traballo Londres Editar o valor em Wikidata
    Ocupaciónquímico , profesor universitario , bioquímico , político , físico Editar o valor em Wikidata
    EmpregadorUniversidade de Cambridge (1944–1975)
    Universidade de Manchester (1938–1944)
    Universidade de Londres (1937–1938)
    Universidade de Edimburgo
    Universidade de Hertfordshire (pt) Traducir
    Victoria University of Manchester (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Membro de
    LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
    Obra
    DoutorandoColin Bernard Reese, Victor M. Clark (en) Traducir e Ian Oxley Sutherland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
    Outro
    TítuloBarón
    Knight Bachelor Editar o valor em Wikidata
    Cónxuxe
  • Alison Sarah
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1957)

  • WikiTree: Todd-12371


    Alexander Robertus Todd, Barón de Todd (PC, OM, FRS), nado o 2 de outubro de 1907 en Glasgow e finado o 10 de xaneiro de 1997 en Cambridge (Inglaterra), foi un químico e profesor universitario escocés galardoado co Premio Nobel de Química en 1957.

    Traxectoria

    Iniciou os seus estudos na Allen Glenns School e licenciouse en química na Universidade de Glasgow en 1928. Posteriormente ampliou os seus estudos na Universidade de Frankfurt, onde se doctoró en 1931.

    En 1933 realizou un novo doutoramento na Universidade de Oxford, e en 1938 foi nomeado profesor de química na Universidade de Mánchester, cargo que desenvolveu ata 1944 cando aceptou o seu nomeamento como profesor de química orgánica na Universidade de Cambridge, onde tivo baixo a súa tutela ao bioquímico canario Antonio González González.

    Entre 1952 e 1964 foi membro consultivo do Goberno Británico, en 1954 foi nomeado cabaleiro do Imperio Británico pola raíña Isabel II e en 1962 foille concedido o título honorífico de barón. Membro da Royal Society de Londres, foi o seu presidente entre os anos 1975 e 1980.

    Investigacións científicas

    Entre 1935 e 1936 foi membro do equipo investigador da Universidade de Edimburgo onde realizou investigacións sobre a vitamina B1 ou aneurina, da cal elaborou diversos procedementos de obtención por síntese, un dos cales utilizase para preparala industrialmente. Durante a súa estancia no Instituto Lister de Londres entre 1936 e 1938 proseguiu os seus traballos de sínteses da tiamina e outras substancias relacionadas.

    A partir de 1955 iniciou as súas investigacións sobre os nucleótidos (os compostos que forman as unidades estruturais dos ácidos nucleicos ADN e ARN), coenzimas e compostos de fósforo, así mesmo efectuou outros estudos que permitiron esclarecer a complicada estrutura da vitamina B12 e vitamina E, a antocianina (pigmento vexetal causante das coloracions vermellas, moradas e azuis das flores). Estudou tamén os alcaloides atopados no haxix e no cánnabis.

    O 1957 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo seu traballo sobre nucleótidos e coenzimas.

    Véxase tamén

    Ligazóns externas

    Predecesor:
    Cyril Norman Hinshelwood
    e
    Nikolay Semyonov
    Premio Nobel de Química

    1957
    Sucesor:
    Frederick Sanger

    Modelo:Nobel de Química