Werner Heisenberg: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Alma mater -> Alma máter; cambios estética
Liña 9: Liña 9:
|lugar_morte =[[Múnic]], {{DEU}}
|lugar_morte =[[Múnic]], {{DEU}}
|campo = [[Física]]
|campo = [[Física]]
|alma_mater =
|alma_máter =
|director_tese =
|director_tese =
|alumnos_tese =
|alumnos_tese =
Liña 33: Liña 33:
Malia isto, en [[1938]], Heisenberg acepta dirixir o intento nazi por obter un arma atómica. Durante moitos anos subsistiu a dúbida de se este proxecto fracasou por impericia de parte dos seus integrantes ou porque Heisenberg e os seus colaboradores déronse conta do que [[Hitler]] podería facer cunha bomba atómica. Só moitos anos despois, en [[1995]], sóubose que os cálculos alemáns estaban equivocados e que sempre tiveron a intención de construír a bomba.
Malia isto, en [[1938]], Heisenberg acepta dirixir o intento nazi por obter un arma atómica. Durante moitos anos subsistiu a dúbida de se este proxecto fracasou por impericia de parte dos seus integrantes ou porque Heisenberg e os seus colaboradores déronse conta do que [[Hitler]] podería facer cunha bomba atómica. Só moitos anos despois, en [[1995]], sóubose que os cálculos alemáns estaban equivocados e que sempre tiveron a intención de construír a bomba.


==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
{{Commons|Werner Heisenberg}}
{{Commons|Werner Heisenberg}}
{{Wikiquote|Werner Heisenberg}}
{{Wikiquote|Werner Heisenberg}}
===Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===
* [http://nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/1932/heisenberg-bio.html Biografía] {{en}}
* [http://nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/1932/heisenberg-bio.html Biografía] {{en}}


Liña 42: Liña 42:


{{ORDENAR:Heisenberg, Werner Karl}}
{{ORDENAR:Heisenberg, Werner Karl}}

[[Categoría:Físicos de Alemaña]]
[[Categoría:Físicos de Alemaña]]
[[Categoría:Premio Nobel de Física]]
[[Categoría:Premio Nobel de Física]]

Revisión como estaba o 9 de novembro de 2015 ás 22:36

Werner Karl Heisenberg
Datos persoais
Nacemento5 de decembro de 1901
LugarWürzburg, Alemaña Alemaña
Falecemento1 de febreiro de 1976
LugarMúnic, Alemaña Alemaña
Causacarcinoma de células renais e cancro da vesícula biliar
SoterradoWaldfriedhof de Munique
NacionalidadeImperio Alemán, República de Weimar, Alemaña nazi e Alemaña do Oeste
CónxuxeElisabeth Heisenberg
FillosJochen Heisenberg, Martin Heisenberg, (Anna) Maria Heisenberg, Wolfgang Heisenberg, Christine Mann, Barbara Heisenberg e Verena Heisenberg
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de Múnic e Maximiliansgymnasium München
Director de teseArnold Sommerfeld
Contribucións e premios
Coñecido porPrincipio de indeterminación de Heisenberg, Kramers–Heisenberg formula, grupo de Heisenberg e isospin
PremiosPremio Nobel de Física o 1932
editar datos en Wikidata ]

Werner Karl Heisenberg, nado en Würzburg, Alemaña o 5 de decembro de 1901 e finado en Múnic o 1 de febreiro de 1976, foi un físico alemán.

Traxectoria

Inclinado desde mozo polas matemáticas, e en menor medida pola física, intenta en 1920 empezar un doutoramento en matemática pura, pero Ferdinand von Lindemann rexéitao como alumno porque está próximo a xubilarse. Recoméndalle facer os seus estudos de doutoramento co físico Arnold Sommerfeld como supervisor, quen o acepta de bo grado. Ten como compañeiro de estudos a Wolfgang Pauli.

Durante o seu primeiro ano toma esencialmente cursos de matemática coa idea de pasarse a traballar en teoría de números apenas teña a oportunidade, pero da pouco empeza a interesarse pola física teórica. Comeza a traballar na Teoría da Relatividade de Einstein pero Pauli aconséllalle que se dedique á Teoría Atómica na que aínda había gran discrepancia entre teoría e experimento.

Obtén o seu doutorado no 1923 e deseguido viaxa a Gotinga, onde traballa como asistente de Max Born. En 1924 viaxa a Copenhaguen e coñece a Niels Bohr. En 1925, Heisenberg discorre a formulación matricial da mecánica cuántica. O que subxace na súa aproximación ó tema é un grande pragmatismo. No canto de concentrarse na evolución dos sistemas físicos de principio a fin, concentra os seus esforzos en obter información sabendo o estado inicial e final do sistema, sen preocuparse demasiado por coñecer de xeito preciso o ocorrido no medio. Concibe a idea de agrupar a información en forma de cadros de dobre entrada. Foi Max Born quen se deu conta de que esa forma de traballar xa fora estudada polos matemáticos e non era outra cousa que a teoría de matrices. Un dos resultados máis rechamantes é que a multiplicación de matrices non é conmutativa, polo que toda asociación de cantidades físicas con matrices terá que reflectir este feito matemático. Isto leva a Heisenberg a enunciar o Principio de indeterminación. A teoría cuántica ten un éxito enorme e logra explicar practicamente todo o mundo microscópico. En 1932, pouco antes de cumprir os 31 anos, recibe o premio Nobel de Física por «A creación da mecánica cuántica, cuxo uso conduciu, entre outras cousas, ó descubrimento das formas alotrópicas do hidróxeno».

En 1935 intenta substituír a Sommerfeld que se xubila como profesor en Múnic, pero os nazis queren eliminar toda teoría física «xudeizante», e nesa categoría entran a mecánica cuántica e a relatividade, cuxos referentes, Max Born e Albert Einstein son xudeus, de maneira que se impide o seu nomeamento.

Malia isto, en 1938, Heisenberg acepta dirixir o intento nazi por obter un arma atómica. Durante moitos anos subsistiu a dúbida de se este proxecto fracasou por impericia de parte dos seus integrantes ou porque Heisenberg e os seus colaboradores déronse conta do que Hitler podería facer cunha bomba atómica. Só moitos anos despois, en 1995, sóubose que os cálculos alemáns estaban equivocados e que sempre tiveron a intención de construír a bomba.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Premios Nobel de Física