Premios Mestre Mateo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 68: Liña 68:
*Mellor dirección de produción
*Mellor dirección de produción
*Mellor dirección de fotografía
*Mellor dirección de fotografía
*Mellor maquillaxe e perruquería
*Mellor maquillaxe e peiteado
*Mellor deseño de vestiario
*Mellor deseño de vestiario
*Mellor dirección artística
*Mellor dirección artística

Revisión como estaba o 9 de novembro de 2015 ás 18:59

Véxase tamén: Mestre Mateo.

Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA),[1] os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.

Os primeiros Premios Mestre Mateo celebráronse no 2002 nunha cerimonia no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e actualmente, os Premios contan 25 categorías.

Historia

Antes de que se constituíse a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) era a responsable de organizar os premios anuais do audiovisual galego, baixo o nome de Premios AGAPI. As cerimonias dos premios celebráronse entre os anos 1996 e 2001. En 2002 os premios recibiron o nome do cineasta Chano Piñeiro, e foron organizados conxuntamente por AGAPI e pola nova asociación de produtoras que se acabara de constituír, a AEGA.

No 2002 adoptaron a súa denominación actual, polo que se fixeron dúas cerimonias do mesmo ano.

Cerimonias

A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Mestre Mateo.

Cerimonia Data Mellor filme Presentador(es) Lugar
Premios Chano Piñeiro 2002 7 de abril de 2002 O bosque animado Javier Veiga Pazo da Ópera da Coruña
Premios Mestre Mateo 2002 7 de xuño de 2003 Os luns ó sol Javier Veiga Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela
Premios Mestre Mateo 2003 26 de xuño de 2004 Trece badaladas
O lapis do carpinteiro
Javier Veiga Pazo de Congresos de Santiago de Compostela
Premios Mestre Mateo 2004 20 de marzo de 2005 O ano da carracha Moncho Borrajo Teatro Sala de Concertos de Caixanova, en Vigo
Premios Mestre Mateo 2005 19 de marzo de 2006 León e Olvido Luis Piedrahita Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña
Premios Mestre Mateo 2006 9 de maio de 2007 Un franco, 14 pesetas Manuel Manquiña e Antonio Durán "Morris" Teatro Colón da Coruña
Premios Mestre Mateo 2007 15 de abril de 2008 O neno de barro Manuel Manquiña e Antonio Durán "Morris" Teatro Jofre de Ferrol
Premios Mestre Mateo 2008 30 de abril de 2009 Os mortos van á présa Sergio Zearreta Pazo da Cultura de Pontevedra
Premios Mestre Mateo 2009 17 de abril de 2010 Cela 211 Xosé Antonio Touriñán Pazo da Cultura de Narón
Premios Mestre Mateo 2010 28 de abril de 2011 18 comidas Belén Regueira e Xosé Antonio Touriñán Auditorio Municipal de Ourense
Premios Mestre Mateo 2011 28 de abril de 2012 Doentes María Castro Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña
Premios Mestre Mateo 2012 6 de abril de 2013 O Apóstolo Cristina Castaño Pazo da Ópera da Coruña
Premios Mestre Mateo 2013 12 de abril de 2014 Somos xente honrada Roberto Vilar Palexco da Coruña
Premios Mestre Mateo 2014 11 de abril de 2015 Os fenómenos Roberto Vilar Palexco da Coruña
Premios Mestre Mateo 2015 ¿? de abril de 2016 ¿? ¿? ¿?

Categorías

  • Mellor longametraxe
  • Mellor longametraxe documental
  • Mellor película de TV
  • Mellor programa de TV
  • Mellor serie de TV
  • Mellor serie web
  • Mellor documental
  • Mellor produción interactiva
  • Mellor produción de publicidade
  • Mellor curtametraxe de ficción
  • Mellor curtametraxe de animación
  • Mellor dirección de produción
  • Mellor dirección de fotografía
  • Mellor maquillaxe e peiteado
  • Mellor deseño de vestiario
  • Mellor dirección artística
  • Mellor montaxe
  • Mellor son
  • Mellor guión
  • Mellor banda sonora
  • Mellor dirección
  • Mellor realización
  • Mellor comunicador
  • Mellor interpretación masculina protagonista
  • Mellor interpretación masculina secundario
  • Mellor interpretación feminina protagonista
  • Mellor interpretación feminina secundario

Notas

  1. "Academia Galega do Audiovisual: Premios Mestre Mateo". Academia Galega do Audiovisual. Consultado o 10 de novembro de 2010. 

Véxase tamén

Ligazóns externas