Hummus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 11: Liña 11:


== Preparación ==
== Preparación ==
A receita básica é unha mestura de garavanzos cocidos con tahína, allo e zume de limón en proporción variábel, aínda que unha base habitual é: 500 g de garavanzos, unha ou dúas culleradas sopeiras de tahína, dúas ou tres culleradas sopeiras de aceite de oliva, un dente de allo e o zume de medio limón. Esmágase todo formando unha pasta de certa consistencia, á que se lle engade sal e especias como [[comiño]], [[coendro]] ou [[carvea]] se se desexar. No momento de servir (frío ou morno), engdese pemento doce. En ocasións, previamente frótanse os garavanzos cocidos dentro da súa auga de cocción para que se desprenda a codia, que se tira. O ''hummus'' fica logo máis fino.
A receita básica é unha mestura de garavanzos cocidos con tahína, allo e zume de limón en proporción variábel, aínda que unha base habitual é: 500 g de garavanzos, unha ou dúas culleradas sopeiras de tahína, dúas ou tres culleradas sopeiras de aceite de oliva, un dente de allo e o zume de medio limón. Esmágase todo formando unha pasta de certa consistencia, á que se lle engade sal e especias como [[comiño]], [[coandro]] ou [[carvea]] se se desexar. No momento de servir (frío ou morno), engdese pemento doce. En ocasións, previamente frótanse os garavanzos cocidos dentro da súa auga de cocción para que se desprenda a codia, que se tira. O ''hummus'' fica logo máis fino.


A fina textura deste puré fai que os cociñeiros de todo o mundo ofrezan diversas variantes dependendo dos costumes e a sinxeleza. É unha preparación que se serve habitualmente nun [[prato]] e fría, acompañada de porcións de [[pan plano|pan de pita]] que se emprega como elemento [[mollo|para mollar]], ou de [[verdura|verduras e hortalizas frescas]]. Algunhas versións máis modernas empregan en lugar de pan pita unhas [[Tortilla chip|tortillas chip]]. A versión crudivexetariana simplemente substitúe os garavanzos cocidos por garavanzos xermolados. É frecuente servir este prato coma un [[almorzo]]. É un prato moi emprgeado nas cociñas [[vexetarianismo|vexetarianas]], [[veganismo|veganas]] e crudivexetarianas.
A fina textura deste puré fai que os cociñeiros de todo o mundo ofrezan diversas variantes dependendo dos costumes e a sinxeleza. É unha preparación que se serve habitualmente nun [[prato]] e fría, acompañada de porcións de [[pan plano|pan de pita]] que se emprega como elemento [[mollo|para mollar]], ou de [[verdura|verduras e hortalizas frescas]]. Algunhas versións máis modernas empregan en lugar de pan pita unhas [[Tortilla chip|tortillas chip]]. A versión crudivexetariana simplemente substitúe os garavanzos cocidos por garavanzos xermolados. É frecuente servir este prato coma un [[almorzo]]. É un prato moi emprgeado nas cociñas [[vexetarianismo|vexetarianas]], [[veganismo|veganas]] e crudivexetarianas.

Revisión como estaba o 3 de novembro de 2015 ás 16:56

Este artigo trata sobre gastronomía, para a substancia orgánica véxase: humus.
Hummus servido en prato.
Hummus con aceite e zume de limón.

O hummus (árabe: حمٌص; hebraico: חומוס; grego, Χούμους) é unha pasta feita de garavanzo esmagados con zume de limón, unha crema denominada tahina (pasta de sementes de sésamo) e aceite de oliva, que segundo a variante local pode levar ademais outros ingredientes como allos, pemento (xeralmente deitado ao servirse) etc. É un prato moi popular en todo o Oriente Medio, incluídos Israel, Líbano, Palestina, Turquía, Grecia, Siria, Armenia e Chipre, aínda que o hummus que se consome en Grecia é bastante distinto do que se atopa no mundo árabe e en Israel.[1] O hummus seica teña a orixe no Antigo Exipto, e a súa preparación era moi diferente á actual, servida en porcións pequenas sobre unha peza de pan.

Etimoloxía

En árabe, hummus significa simplemente "garavanzo". O prato descrito por regra xeral é realmente denominado na súa forma máis completa como Hummus bi tahina, que en árabe é representado como حُمُّص بطحينة (ḥummuṣ bi ṭaḥīna) i.e. garavanzos e pasta de sésamo, ou musabbaha.[2]

Preparación

A receita básica é unha mestura de garavanzos cocidos con tahína, allo e zume de limón en proporción variábel, aínda que unha base habitual é: 500 g de garavanzos, unha ou dúas culleradas sopeiras de tahína, dúas ou tres culleradas sopeiras de aceite de oliva, un dente de allo e o zume de medio limón. Esmágase todo formando unha pasta de certa consistencia, á que se lle engade sal e especias como comiño, coandro ou carvea se se desexar. No momento de servir (frío ou morno), engdese pemento doce. En ocasións, previamente frótanse os garavanzos cocidos dentro da súa auga de cocción para que se desprenda a codia, que se tira. O hummus fica logo máis fino.

A fina textura deste puré fai que os cociñeiros de todo o mundo ofrezan diversas variantes dependendo dos costumes e a sinxeleza. É unha preparación que se serve habitualmente nun prato e fría, acompañada de porcións de pan de pita que se emprega como elemento para mollar, ou de verduras e hortalizas frescas. Algunhas versións máis modernas empregan en lugar de pan pita unhas tortillas chip. A versión crudivexetariana simplemente substitúe os garavanzos cocidos por garavanzos xermolados. É frecuente servir este prato coma un almorzo. É un prato moi emprgeado nas cociñas vexetarianas, veganas e crudivexetarianas.

Notas

  1. Tannahill, Reay (1973), Food in History, Stein and Day, ISBN 0812814671
  2. Pam Peters (2007). The Cambridge Guide to Australian English Usage. Cambridge University Press. p. 370. ISBN 0521878217. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Receita caseira de hummus(en galego)

Receita de hummus caseiro (en castelán)