Revolución Industrial: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Achega do artigo en castelán.
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 15: Liña 15:


== Antecedentes e causas ==
== Antecedentes e causas ==
[[Ficheiro:Philipp Jakob Loutherbourg d. J. 002.jpg|miniatura|upright=1.4|''Coalbrookdale at night'', pintura ao óleo de [[Philip James de Loutherbourg]]. [[Coalbrookdale]] considérase un dos berces da Revolución Industrial.]]
Os inicios da industrialización europea hai que buscalos na [[Idade Moderna]]. Dende o [[século XVI]] enxergouse un avance no comercio, métodos financieiros, banca e un certo progreso técnico na [[Navegación marítima|navegación]], [[impresión]] ou reloxaría. Porén, estes avances sempre se vían lastrados por epidemias, constantes e longas guerras e fames que non permitían o espallamento dos novos coñecementos nin un grande crecemento demográfico. Segundo o historiador Angus Maddison, [[Europa Occidental]] experimentou un desenvolvemento demográfico practicamento nulo entre 1500 e 1800. A [[Renacenza]] marcou outro punto de inflexión coa aparición das primeiras sociedades capitalistas en [[Holanda (rexión)|Holanda]] e o norte de Italia. É a partir de mediados do [[século XVIII]] cando Europa comezou a afastarse do resto do mundo e a asentar as bases da futura sociedade industrial debido ao desenvolvemento, aínda primitivo, da [[industria pesada]] e a [[minaría]]. A alianza dos comerciantes cos agricultores fixo aumentar a [[produtividade]], o que á súa vez provocou unha [[Transición demográfica|explosión demográfica]], acentuada a partir do XIX. A Revolución Industrial caracterizouse pola transición dunha economía agrícola e manual a unha comercial e industrial cuxa ideoloxía baseábase no [[racionalismo]], a razón e a [[Cientifismo|innovación científica]].
Os inicios da industrialización europea hai que buscalos na [[Idade Moderna]]. Dende o [[século XVI]] enxergouse un avance no comercio, métodos financieiros, banca e un certo progreso técnico na [[Navegación marítima|navegación]], [[impresión]] ou reloxaría. Porén, estes avances sempre se vían lastrados por epidemias, constantes e longas guerras e fames que non permitían o espallamento dos novos coñecementos nin un grande crecemento demográfico. Segundo o historiador Angus Maddison, [[Europa Occidental]] experimentou un desenvolvemento demográfico practicamento nulo entre 1500 e 1800. A [[Renacenza]] marcou outro punto de inflexión coa aparición das primeiras sociedades capitalistas en [[Holanda (rexión)|Holanda]] e o norte de Italia. É a partir de mediados do [[século XVIII]] cando Europa comezou a afastarse do resto do mundo e a asentar as bases da futura sociedade industrial debido ao desenvolvemento, aínda primitivo, da [[industria pesada]] e a [[minaría]]. A alianza dos comerciantes cos agricultores fixo aumentar a [[produtividade]], o que á súa vez provocou unha [[Transición demográfica|explosión demográfica]], acentuada a partir do XIX. A Revolución Industrial caracterizouse pola transición dunha economía agrícola e manual a unha comercial e industrial cuxa ideoloxía baseábase no [[racionalismo]], a razón e a [[Cientifismo|innovación científica]].


Outro dos principais desencadeantes da Revolución nace da necesidade. Aínda que nalgúns lugares da Europa como Gran Bretaña xa existía unha base industrial, as [[Guerras Napoleónicas|Guerras Napoleónica]] consolidaron a industria europea. Debido á guerra, que se extendía pola maior parte de Europa, as importacións de moitos produtos e materias primas suspendéronse. Isto obrigou aos gobernos a presionar as súas industrias e á nación en xeral para producir máis e mellor que antes, desenvolvéndose industrias denantes inexistentes. A industrialización tivo lugar en diferentes fases nos distintos países. As primeiras áreas industriais xurdiron en Gran Bretaña a fins do século XVIII, espallándose cara a [[Bélxica]] e [[Francia]] a principios do século XIX e a [[Alemaña]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] a mediados de século, a [[Xapón]] a partir de 1868 e a [[Rusia]], [[Italia]] e [[España]] a finais de século. Entre as razóns atopáronse algunhas tan desiguais coma a notábel falla de grandes guerras entre 1815 e 1914, a aceptación da [[economía de mercado]] e o consecuente nacemento do capitalismo, a ruptura co paso, un certo equilibrio monetario e a falla de [[inflación]].
Outro dos principais desencadeantes da Revolución nace da necesidade. Aínda que nalgúns lugares da Europa como Gran Bretaña xa existía unha base industrial, as [[Guerras Napoleónicas|Guerras Napoleónicas]] consolidaron a industria europea. Debido á guerra, que se extendía pola maior parte de Europa, as importacións de moitos produtos e materias primas suspendéronse. Isto obrigou aos gobernos a presionar as súas industrias e á nación en xeral para producir máis e mellor que antes, desenvolvéndose industrias denantes inexistentes. A industrialización tivo lugar en diferentes fases nos distintos países. As primeiras áreas industriais xurdiron en Gran Bretaña a fins do século XVIII, espallándose cara a [[Bélxica]] e [[Francia]] a principios do século XIX e a [[Alemaña]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] a mediados de século, a [[Xapón]] a partir de 1868 e a [[Rusia]], [[Italia]] e [[España]] a finais de século. Entre as razóns atopáronse algunhas tan desiguais coma a notábel falla de grandes guerras entre 1815 e 1914, a aceptación da [[economía de mercado]] e o consecuente nacemento do capitalismo, a ruptura co paso, un certo equilibrio monetario e a falla de [[inflación]].


== O proceso de industralización británica ==
== O proceso de industralización británica ==

Revisión como estaba o 2 de novembro de 2015 ás 12:17


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Un motor a vapor de Watt, a máquina de vapor, alimentada principalmente con carbón, impulsionou a Revoción Industrial no Reino Unido e no mundo.

Revolución Industrial é o proceso de evolución que conduce a unha sociedade dende unha economía agrícola tradicional ata outra caracterizada por procesos de produción mecanizados para fabricar bens a grande escala.

A primeira Revolución Industrial, tamén coñecida como Revolución Científico Tecnolóxica (RCT), xestouse durante cerca de 300 anos, pero a súa expresión tecnolóxica deuse na revolución industrial e os seus efectos prolonganse ata 1780.

Varias foron as circunstancias económico-sociais asociadas a esta primeira RCT: A descomposición da sociedade feudal, o desenvolvemento do capital comercial, o desenvolvemento das relacións comerciais marítimas, o impulso da industria pesada (mineira e metalúrxica), revolución agrícola (grazas á industria química: fertilizantes...) e desenvolvemento da industria química. O cambio iniciouse en Inglaterra por dúas razóns fundamentais, primeiro polo amoreamento de capital como consecuencia do gran desenvolvemento do comercio favorecido polo seu imperio colonial e segundo por ser en Inglaterra onde se inventaron unha serie de máquinas capaces de producir máis rapidamente cós artesáns, o cal permitía a redución de custes e fornecer a demanda máis rapidamente. Ademais existía unha man de obra barata e abundante xa que as terras comunais, fundamentais para a supervivencia dos campesiños pobres, estaban pasando a mans privadas. A industrialización supuxo o nacemento dunha nova clase social, o proletariado que xorde en condicións de pobreza e explotación absoluta.

Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola máquina de vapor, movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade.

A Revolución Industrial xerou tamén un alargamento dos mercados estranxeiros e unha nova división internacional do traballo (DIT). Os novos mercados conquistáronse mediante o abaratamento dos produtos feitos coa máquina, polos novos sistemas de transporte e a apertura de vías de comunicación, así como tamén, mediante unha política expansionista. Entre 1830 e 1880, as principais guerras foron de tipo colonialista, na India, China, Turquía, Sudán, Persia, Afganistán, Rusia Oriental e México.

Un dos principios fundamentais da industria moderna é que nunca considera os procesos de produción como definitivos ou acabados. A súa base técnico-científica é revolucionaria, xerando así, o problema da obsolescencia tecnolóxica en períodos cada vez máis breves. Dende esta perspectiva pode afirmarse que tódalas formas de produción anteriores á industria moderna (artesanía e manufactura) foron esencialmente conservadoras. Así a todo, esta característica de obsolescencia e innovación non se circunscribe á ciencia e a tecnoloxía, senón que debe ampliarse a toda a estrutura económica das sociedades modernas. Neste contexto a innovación é, por definición, negación, destrución, cambio, a transformación é a esencia permanente da modernidade.

Antecedentes e causas

Coalbrookdale at night, pintura ao óleo de Philip James de Loutherbourg. Coalbrookdale considérase un dos berces da Revolución Industrial.

Os inicios da industrialización europea hai que buscalos na Idade Moderna. Dende o século XVI enxergouse un avance no comercio, métodos financieiros, banca e un certo progreso técnico na navegación, impresión ou reloxaría. Porén, estes avances sempre se vían lastrados por epidemias, constantes e longas guerras e fames que non permitían o espallamento dos novos coñecementos nin un grande crecemento demográfico. Segundo o historiador Angus Maddison, Europa Occidental experimentou un desenvolvemento demográfico practicamento nulo entre 1500 e 1800. A Renacenza marcou outro punto de inflexión coa aparición das primeiras sociedades capitalistas en Holanda e o norte de Italia. É a partir de mediados do século XVIII cando Europa comezou a afastarse do resto do mundo e a asentar as bases da futura sociedade industrial debido ao desenvolvemento, aínda primitivo, da industria pesada e a minaría. A alianza dos comerciantes cos agricultores fixo aumentar a produtividade, o que á súa vez provocou unha explosión demográfica, acentuada a partir do XIX. A Revolución Industrial caracterizouse pola transición dunha economía agrícola e manual a unha comercial e industrial cuxa ideoloxía baseábase no racionalismo, a razón e a innovación científica.

Outro dos principais desencadeantes da Revolución nace da necesidade. Aínda que nalgúns lugares da Europa como Gran Bretaña xa existía unha base industrial, as Guerras Napoleónicas consolidaron a industria europea. Debido á guerra, que se extendía pola maior parte de Europa, as importacións de moitos produtos e materias primas suspendéronse. Isto obrigou aos gobernos a presionar as súas industrias e á nación en xeral para producir máis e mellor que antes, desenvolvéndose industrias denantes inexistentes. A industrialización tivo lugar en diferentes fases nos distintos países. As primeiras áreas industriais xurdiron en Gran Bretaña a fins do século XVIII, espallándose cara a Bélxica e Francia a principios do século XIX e a Alemaña e Estados Unidos a mediados de século, a Xapón a partir de 1868 e a Rusia, Italia e España a finais de século. Entre as razóns atopáronse algunhas tan desiguais coma a notábel falla de grandes guerras entre 1815 e 1914, a aceptación da economía de mercado e o consecuente nacemento do capitalismo, a ruptura co paso, un certo equilibrio monetario e a falla de inflación.

O proceso de industralización británica

A Revolución Industrial en Gran Bretaña iniciouse na segunda metade do século XVIII e constituíu na mecanización da produción dalgúns sectores pioneiros grazas a importantes innovacións tecnolóxicas asociadas á invención da máquina de vapor.

Estas novidades supuxeron un profundo cambio nos sistemas de produción asociados á división do traballo en tarefas concretas e á aparición dunha nova unidade produtiva, a fábrica.

As innovacións tecnolóxicas

O invento de maior transcendencia para a industralización foi a máquina de vapor, patentada por James Watt en 1769, que empregaba o carbón coma combustíbel. A enerxía do vapor foi aplicándose a diversos campos, coma a industria téxtil, a siderurxia, e o ferrocaril, e converteuse no símbolo da Revolución Industrial.

O invento de Watt empregouse en novos enxeños que, pouco a pouco, mecanizaron os diferentes sectores produtivos.

Arredor da máquina de vapor desenvolveuse unha intensa actividade relacionada co carbón mineral, o que provocou unha expansión sen precedentes da minaría.

Revolución agrícola

A mediados do século XVIII, en Gran Bretaña comezouse a producir unha grande expansión da agricultura que provocou que a produtividade experimentase un importante crecemento. Este aumento do rendemento agrario foi posíbel grazas á aparición de novas técnicas de cultivo, á mellora do emprego dos fertilizantes e ao proceso de privatización das terras (denominado enclosure), que trouxo unha maior rendibilidade.

Este incremento da produción agraria repercutiu moi positivamente nos sectores industriais vinculados á agricultura. Amais, produciuse un forte incremento dos beneficios agrícolas, o que máis tarde permitirá o investimento deste capital no sector industrial.

Os diversos avances no terreo agrícola permiten falar dunha verdadeira revolución:

  • Privatización dos terreros comunais. Dende 1760, promulgáronse en Gran Bretaña numerosas leis de cerramento (en inglés: enclosures), o que impulsou a modernización das explotacións agrarias. Amais, a poboación rural tivo que emigrar á cidade, e proporcionou a man de obra necesaria no proceso de industrialización.
  • Introdución de novos cultivos. Especies coma o millo e maila pataca facilitaron a diversificación da produción, o que reduciu o impacto das malas colleitas sobre a poboación.
  • Aplicación de novas técnicas agrícolas. O uso de fertilizantes e das primeiras trilladoras e sementadoras mecánicas foi clave para o aumento da produción. Especial importancia tiveron as melloras na rotación de cultivos, grazas ao sistema Norfolk ou sistema de rotación cuadrienal.

Estas medidas provocaron un aumento de produción que permitiu o crecemento sostido da poboación e a obtención de importantes beneficios, utilizados despois para financiar a mecanización da produción.

Revolución demográfica

Os avances na agricultura, co conseguinte aumento da produción provocou un progresivo crecemento da poboación. Este aumento demográfico foi impresionante, xa que Gran Bretaña doblou o seu número de habitantes durante todo o século XVIII. Neste incremento tamén influiu o descenso da mortalidade, como consecuencia dos novos avances na medicina e das melloras hixiénicas, o que unido ás altas taxas de natalidade produciu un aumento considerábel da poboación. Amais, este crecemento foi clave para a expansión industrial, pois o aumento demográfico supuxo un incremento da demanda.

O sector téxtil algodoeiro

A industria téxtil foi a pioneira en incorporar novos sistemas de produción favorecida por unha serie de factores:

  • Unha ampla demanda xerada polo aumento da poboación.
  • As vantaxes proporcionadas polo algodón barato, resistente, fácil de tinxir, e do que se dispoñían abondosas reservas asociadas ao comercio colonial con América, a India e o Exipto.
  • A ausencia de competidores exteriores, o que permitiu ao sector algodoeiro británico converterse no primeiro fabricante mundial e no principal fornecedor dos mercados europeo e americano.

Todo isto animou os empresarios a aplicar máquinas de tecer e fiar cada vez máis eficaces, coma a lanzadeira voante de Jonh Kay, a Water Frame de Arkwright, a Spinning Jenny, a Mule Jenny, e, finalmente, o tear mecánico de Cartwright (1785), que posibilitaba traballar simultaneamente con mil fusos.

A industria siderúrxica

A industria siderúrxica experimentou un gran crecemento polas necesidades de fabricar ferro para a industria téxtil e par os útiles agrícolas.

Os avances técnicos no sector siderúrxico contribuíron á expansión dos altos fornos. O descubrimento da pudelación coma método para eliminar as impurezas do ferro e facilitar a súa manipulación converteu este mineral dos piares da expansión industrial.

Máis tarde, o invento do convertedor Bessemer (1856) achegou un paso decisivo no sector ao permitir obter un aceiro máis flexíbel e de maior calidade.

Mellora dos transportes

A mellora das vías de comunicacións foi fundamental para crear as condicións axeitadas que permitisen unha fácil circulación dos produtos agrícolas e industriais. Gran Bretaña exercía unha ampla hexemonía naval, coa cal controlaba o comercio ultramarino e ademais foi pioneira na construción do ferrocarril, o cal supuxo un grande avance.

  • O ferrocarril. Empregouse inicialmente para o transporte nas minas. O chimpo definitivo veu cando Stephenson inventou a locomotora de vapor. En 1829 inaugurouse a primeira liña férrea entre Manchester e Liverpool, e dende entón o ferrocarril experimentou unha imparábel expansión. O ferrocarril foi clave no desenvolvemento da industria, pois acurtou a duración dos traxectos, permitiu distribuír grandes cantidades de produtos a gran distancia e a escaso custo, e impulsou a industria siderúrxica pola súa demanda de ferro e aceiro.
  • A navegación a vapor. A enerxía do vapor aplicouse tamén ao transporte marítimo. Os seus primeiros pasos tiveron lugar na navegación fluvial estadounidense. A introdución do invento da hélice facilitou a navegación marítima. Paralelamente, fóronse realizando obras de adaptación nos portos e construíronse grandes infraestruturas que melloraron a navegación e acurtaron distancias. Entre elas destacou o canal de Suez (1869), que reduciu as distancias entre Europa e a India.

Efectos máis relevantes da primeira revolución industrial e papel da ciencia e a técnica

  • Substitúese a artesanía polas máquinas.
  • Se non ocorrese a revolución agrícola, non se daría a Revolución industrial pola industrialización.

Consecuencias sociais da primeira revolución industrial

  • Cambia a orde social estamental por unha sociedade de clases.
    • Nova división do traballo.
    • A burguesía toma o control do parlamento.

A expansión da industrialización

  • Bélxica. Tras Gran Bretaña, foi o primeiro país que se incorporou á Revolución Industrial, favorecido pola súa minaría de carbón, a independencia política lograda en 1830 e a dispoñibilidade dun potente sistema bancario.
  • Francia. A Revolución de 1789 e as guerras napoleónicas atrasaron a súa industrialización, que só acadou certa relevancia a partir de 1830. O sector que máis se desenvolveu foi o téxtil, apoiado nun amplo mercado nacional e en políticas proteccionistas. Despois seguiron o ferroviario e a industria metalúrxica, que experimentaron unha grande expansión a partir de 1850.
  • Estados alemáns. Até 1870 Alemaña estivo constituída por numerosos estados independientes, pero a dispoñibilidade de recursos mineiros e a creación no ano 1834 do zollverein ou unión aduaneira, posibilitaron a aparición dalgunhas industrias e a expansión ferroviaria. A industrialización, non obstante, acelerouse decididamente a partir da unificación nacional.
  • Outros estados europeos. No resto de Europa, a economía continuou sendo agraria agás nalgúns focos industriais coma o norte de Italia, Cataluña e o País Vasco ou Moravio no Imperio austrohúngaro.
  • Estados Unidos. Durante a primeira metade do século XIX, os Estados Unidos atopábanse en plena expansión cara ao oeste. A industria limitouse inicialmente á costa atlántica, xa que nas rexións do oestee do sur estaban orientadas cara á explotación agropecuaria e algodoeira. Só despois da Guerra de Secesión se foi configurando unha potente industria impulsada pola crecente inmigración, a existencia de recursos mineiros e o desenvolvemento ferroviario; por isto, os Estados Unidos convertéronse nunha gran potencia a finais do século.

Véxase tamén

Outros artigos