Choiva ácida: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q40178
Liña 24: Liña 24:
\end{matrix}</math>
\end{matrix}</math>


Evidencias dun crecente aumento nos niveis de choiva ácida ven da análise das capas de xelos oriundos dos glaciares. Elas mostran unha repentina diminución do pH a partir da [[Revolución Industrial]] de 6 para 4,5 ou 4. Outras informacións foron colectadas a través dos estudos de [[diatomáceas]] que habitaban os [[lago]]s. Con o pasar dos anos, eles foron morrendo e sendo depositados en capas de [[sedimento]]s no fondo dos lagos. As diatomáceas suportan certas variacións de pH, logo o número deses organismos atopados en capas de maior profundidade serve como indicador das mudanzas de pH ao longo dos anos.
Evidencias dun crecente aumento nos niveis de choiva ácida ven da análise das capas de xeo oriundas dos glaciares. Elas mostran unha repentina diminución do pH a partir da [[Revolución Industrial]] de 6 para 4,5 ou 4. Outras informacións foron colectadas a través dos estudos de [[diatomáceas]] que habitaban os [[lago]]s. Con o pasar dos anos, eles foron morrendo e sendo depositados en capas de [[sedimento]]s no fondo dos lagos. As diatomáceas suportan certas variacións de pH, logo o número deses organismos atopados en capas de maior profundidade serve como indicador das mudanzas de pH ao longo dos anos.


Desde a [[Revolución Industrial]] as emisións de óxidos de xofre e nitróxeno na atmosfera aumentaron. As [[industria]]s e [[central termoelétrica|centrais termoelétricas]] que queiman combustibles fóseis, principalmente o carbón, son a principal fonte deses gases. Xa chegaron a rexistrarse variacións de pH baixo 2,4 en áreas industriais. Eses contaminantes, máis o sector de [[transporte]]s, son os grandes responsábeis do aumento dos óxidos de nitróxeno.
Desde a [[Revolución Industrial]] as emisións de óxidos de xofre e nitróxeno na atmosfera aumentaron. As [[industria]]s e [[central termoelétrica|centrais termoelétricas]] que queiman combustibles fóseis, principalmente o carbón, son a principal fonte deses gases. Xa chegaron a rexistrarse variacións de pH baixo 2,4 en áreas industriais. Eses contaminantes, máis o sector de [[transporte]]s, son os grandes responsábeis do aumento dos óxidos de nitróxeno.

Revisión como estaba o 29 de outubro de 2015 ás 22:47

Bosque estragado pola chuvia ácida, na República Checa
Efectos da chuvia ácida

A choiva ácida caracterízase por un pH abaixo de 4,5, causado polo xofre proveniente das impurezas da queima dos combustíbeis fósiles e polo nitróxeno do aire, que se combinan co osíxeno para formar dióxido de xofre e dióxido de nitróxeno. Estes difúndense pola atmosfera e reaxe coa auga para formar ácido sulfúrico e ácido nítrico, que son solúbeis en auga. Tamén se forma algo de ácido clorhídrico.

As choivas normais teñen un pH de aproximadamente 5,6, que é levemente ácido. Esa acidez natural é causada pola disociación do dióxido de carbono na auga, formando o ácido carbónico, segundo a reacción:

Orixe

Os principais fenómenos naturais que contribúen á produción de gases ácidos lanzados á atmosfera son as emisións dos volcáns e procesos biolóxicos que ocorren nos solos, pántanos e océanos. Os efectos da deposición ácida foron detectados nos glaciares hai milleiros de anos en partes remotas da Terra.

As principais fontes humanas deses gases son as industrias, as centrais termoelétricas e os vehículos de transporte. Os gases poden ser carregados por milleiros de quilómetros na atmosfera antes de seren convertidos en ácidos e entón precipitados.

A choiva ácida industrial é un problema substancial na China, Europa Occidental, Rusia e en áreas baixo a influencia de correntes de aire provenientes deses países. Esas áreas queiman carbón con xofre na súa composición para xerar calor e electricidade.

Formación

Unha posible reacción de formación da choiva ácida é a que se segue:

Evidencias dun crecente aumento nos niveis de choiva ácida ven da análise das capas de xeo oriundas dos glaciares. Elas mostran unha repentina diminución do pH a partir da Revolución Industrial de 6 para 4,5 ou 4. Outras informacións foron colectadas a través dos estudos de diatomáceas que habitaban os lagos. Con o pasar dos anos, eles foron morrendo e sendo depositados en capas de sedimentos no fondo dos lagos. As diatomáceas suportan certas variacións de pH, logo o número deses organismos atopados en capas de maior profundidade serve como indicador das mudanzas de pH ao longo dos anos.

Desde a Revolución Industrial as emisións de óxidos de xofre e nitróxeno na atmosfera aumentaron. As industrias e centrais termoelétricas que queiman combustibles fóseis, principalmente o carbón, son a principal fonte deses gases. Xa chegaron a rexistrarse variacións de pH baixo 2,4 en áreas industriais. Eses contaminantes, máis o sector de transportes, son os grandes responsábeis do aumento dos óxidos de nitróxeno.

O problema da choiva ácida non só aumentou co crecimento poboacional e industrial, senón que se espallou. O uso de grandes chamineas para reducir a contaminación contribuiu á diseminación da choiva ácida, liberando gases na atmosfera da rexión. Algunhas veces, a precipitación ocorre a unha distancia considerable, e as rexións montañosas receben a maior parte (debido ás chamadas choivas de montaña). Un exemplo deste efecto é o baixo pH das choivas da Escandinavia comparado aos niveis de óxido que esta libera.

Hai unha forte relación entre baixos niveis de pH e a perda de poboacións de peixes en lagos. Con un pH abaixo de 4,5, practicamente ningún peixe sobrevive, mentres que os niveis iguais a 6 ou superiores promoven poboacións saudables. Os ácidos na auga iniben a produción das encimas que permiten que as larvas de troita escapen das súas ovas. O baixo pH tamén fai circular metais pesados como o aluminio nos lagos. O aluminio fai que algúns peixes produzan moco en exceso ao redor das súas guerlas, prexudicando a respiración. O crecemento de fitoplancto é inhibido polos grandes niveis de acidez e perxudícanse os animais que se alimentan deles.

Moitos lagos son afectados ao recibiren e concentraren o ácido proveniente de solos ácidos. Este fenómeno pode ser desencadeado por un dado patrón de choiva que concentre o ácido. Un lago de augas ácidas, con peixes mortos recentemente, pode non ser proba de contaminación extrema do ar.

A choiva ácida prexudica as arbores de varios modos. A superficie cerosa das súas follas é rompida e nutrientes son perdidos, tornando as árbores máis suscetibles a xelo, fungos e insectos. O crecemento das raíces tórnase máis lento e, en consecuencia, menos nutrientes son transportados. Ións tóxicos acumulanse no solo e minerais valiosos son dispersados ou (no caso dos fosfatos) tornanse próximos á arxila.

Os ións tóxicos liberados debido á choiva ácida constitúen a maior ameaza para os seres humanos. O cobre mobilizado foi implicado nas epidemias de diarrea nas meniñas e meniños, e considerase que existen ligazóns entre o abastecimento de auga contaminado con aluminio e a ocorrencia de casos da doenza de alzhéimer.

Historia

A ocorrencia de choiva ácida foi primeiro relatada en Manchester, na Inglaterra, un importante centro durante a Revolución Industrial. En 1852, Robert Angus Smith identificou a correlación entre a choiva ácida e a contaminación atmosférica. A expresión choiva ácida foi por el empregada en 1872. El observou que esa choiva ácida podía levar á destrución da natureza. Aínda que a choiva ácida xa se descubriu no 1852, non foi ata a década de 1970 cando os científicos comezaron a observala.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas