1807: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26: Liña 26:


=== Europa ===
=== Europa ===
* Un [[28 de xaneiro]] o [[Reino Unido]] e [[Prusia]] asinan o tratado de paz de Memel, polo que Prusia renuncia a [[Hannóver]] en favor do Reino Unido, e restablece a liberdade comercial para as mercadorías británicas. O [[25 de xuño]] [[Francia]] asina un preacordo con [[Rusia]], froito da vitoria napoleónica contra Bennigsen en Friedland acontecida o [[14 de xuño]], e que permitirá lograr o acordo do tratado de Tilsit (asinado entre o [[7 de xullo|7]] e o [[9 de xullo]]). O [[7 de xullo]] asínase un tratado secreto polo que [[Rusia]] ten que declararlle a guerra a [[Inglaterra]] e, así mesmo, participar no bloqueo continental; o tratado cede (por parte de Napoleón) a Rusia unha liberdade sobre [[Suecia]] ademais de consentir a división das posesións europeas de [[Turquía]]. O [[9 de xullo]] publícase o tratado (tal e como se nos dá a coñecer, pero que non indica nada do que hai en secreto) e [[Prusia]] é reducida á metade coa creación do reino de [[Westfalia]] e o [[Gran Ducado de Varsovia]]. Cara o norte, en [[Dinamarca]], o [[5 de setembro]], despois de tres días de [[bombardeo]] (no que se proba unha nova [[arma]], o [[foguete]]) os británicos ocupan a capital danesa de [[Copenhague]]. Dinamarca perde a súa flota neste enfrontamento.
* Un [[28 de xaneiro]] o [[Reino Unido]] e [[Prusia]] asinan o tratado de paz de Memel, polo que Prusia renuncia a [[Hannóver]] en favor do Reino Unido, e restablece a liberdade comercial para as mercadorías británicas. O [[25 de xuño]] [[Francia]] asina un preacordo con [[Rusia]], froito da vitoria napoleónica contra Bennigsen en Friedland acontecida o [[14 de xuño]], e que permitirá lograr o acordo do tratado de Tilsit (asinado entre o [[7 de xullo|7]] e o [[9 de xullo]]). O [[7 de xullo]] asínase un tratado secreto polo que [[Rusia]] ten que declararlle a guerra a [[Inglaterra]] e, así mesmo, participar no bloqueo continental; o tratado cede (por parte de Napoleón) a Rusia unha liberdade sobre [[Suecia]] ademais de consentir a división das posesións europeas de [[Turquía]]. O [[9 de xullo]] publícase o tratado (tal e como se nos dá a coñecer, pero que non indica nada do que hai en secreto) e [[Prusia]] é reducida á metade coa creación do reino de [[Westfalia]] e o [[Gran Ducado de Varsovia]]. Cara o norte, en [[Dinamarca]], o [[5 de setembro]], despois de tres días de [[bombardeo]] (no que se proba unha nova [[arma]], o [[foguete]]) os británicos ocupan a capital danesa de [[Copenhague]]. Dinamarca perde a súa frota neste enfrontamento.


=== Portugal ===
=== Portugal ===

Revisión como estaba o 28 de outubro de 2015 ás 08:00

Década de 1800
1803 1804 1805 1806 1807 1808 1809 1810 1811
1807
Calendario gregoriano1807
MDCCCVII
Ab urbe condita2560
Calendario armenio1256
Calendario chinés4503 – 4504
Calendario hebreo5567 – 5568
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1862 – 1863
 ·  Shaka Samvat1729 – 1730
 ·  Kali Yuga4908 – 4909
Calendario persa1185 – 1186
Calendario musulmán1222 – 1223
Calendario rúnico2057
Década de 1800
1803 1804 1805 1806 1807 1808 1809 1810 1811
< Século XVIII Século XIX Século XX >
01 02 03 04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
31 32 33 34 35 36 37 38 39 40
41 42 43 44 45 46 47 48 49 50
51 52 53 54 55 56 57 58 59 60
61 62 63 64 65 66 67 68 69 70
71 72 73 74 75 76 77 78 79 80
81 82 83 84 85 86 87 88 89 90
91 92 93 94 95 96 97 98 99 00


Acontecementos

España

  • Carlos IV entrega 15 000 homes para que loiten xunto os exércitos napoleónicos en Dinamarca e Alemaña. Cúmprese con isto parte da esixencia de Napoleón; a outra parte sería concede-los permisos para que poidan estar en España uns 10 000 prisioneiros, sen contar a entrega a Francia de importantes sumas de diñeiro. Carlos IV paga así a débeda de Godoy, polo seu intento de establece-las negociacións con Portugal, Prusia e Rusia na procura de que España se integrase na curta coalición; as negociacións non foron a ningures, pois a vitoria de Napoleón na batalla de Jena (acontecida o 14 de outubro 1806) as desbarata.
  • O 19 de febreiro, o rei Carlos IV súmase oficialmente ao bloqueo continental contra o Reino Unido, cumpre con iso outra das esixencias de Napoleón tras a batalla de Jena.
  • O 18 de outubro comeza a entrada de tropas francesas en España, co pretexto de participar na conquista de Portugal, que non quere abandona-la súa tradicional alianza con Inglaterra. As tropas, comandadas polo xeneral Junot, acampan nas proximidades da fronteira española e entran polo País Vasco antes da firma do tratado de Fontainebleau, que debe regula-lo reparto de Portugal.

Reino Unido

  • Gran Bretaña utiliza por primeira vez, durante o sitio de Copenhague e despois de que foran utilizados con éxito en Boloña no 1806, pequenos foguetes para bombardear. Con iso dábaselle un servizo útil aos artefactos inventados polo inglés William Congreve.
  • Un 2 de marzo, o goberno británico, presidido por lord Grenville Sharp, aproba unha proposta do secretario do Estado para os Asuntos Exteriores, lord Fox, pola que se prevé a prohibición da trata de negros nun futuro non remoto. Sharp, Clarkson e Wilberforce converten a proposta nunha corrente relixiosa irreversible, polo que a decisión, que quedará confirmada no ano 1813, supón unha medida de grande importancia, e que será imitada nos anos seguintes por numerosos países: Arxentina no 1813, Colombia e México no 1821, Francia (un 4 de marzo de 1848), Estados Unidos (fará o referendo no 1862, e activará a aprobación no 1863), Países Baixos no 1863, Portugal no 1878, Cuba no 1880, Brasil no 1888 etc.

Prusia

  • O 8 de febreiro líbrase a batalla de Eylau, no redores de Königsberg (en Prusia oriental), entre as tropas de Napoleón e o exército ruso de Bennigsen. A batalla en si non resulta decisiva para ningún dos dous bandos, aínda que é unha verdadeira matanza que leva a morte a uns 40 000 soldados a causa da violencia na loita e da inclemencia do tempo.
  • O 14 de xuño as tropas de Napoleón vencen o exército ruso en Friedland (tamén, correspondente a Prusia oriental), onde sofren a perda de 25 000 homes (entre eles uns 25 dos seus xenerais). A vitoria napoleónica deixa o paso aberto ao exército francés cara Königsberg, derradeira fortaleza prusiana, e obriga ao tsar, Alexandre I, a pedir un armisticio que será o preámbulo do Tratado de Tilsit (que se asinará en xullo). As derrotas ante Napoleón fan que o tsar tema unha posible sublevación dos polacos, polo que a alianza parécelle un bo camiño para atallala.
  • O 1 de xullo o tenente xeneral prusiano, Gebhard Leberecht Blücher, tras as derrotas sufridas polos exércitos de Prusia perante os franceses, fai un chamamento aos civís e militares a sumarse ao seu corpo de combate contra Napoleón I.
  • Do 7 ao 9 de xullo, co fin de evitar unha sublevación dos polacos, o tsar Alexandre I acepta unha alianza con Napoleón. O acordo, que se firma nunha rada (no medio do río Niemen), fronte a Tilsit, despoxa a Prusia de grande parte de Polonia e os territorios do oeste do Elba, que pasan a engrosa-lo reino de Westfalia. Rusia comprométese a participar de forma activa no bloqueo continental contra Gran Bretaña, renuncia ás Illas Xónicas e recoñece a Confederación do Rhin. O Tratado de Tilsit traería a firma dunha alianza secreta pola cal Rusia declararía a guerra a Gran Bretaña se esta se negaba a acepta-la súa mediación no conflito europeo. A pesardes da mediación de Alexandre, Napoleón acepta a existencia do estado prusiano, pero as condicións do tratado resultan extremadamente duras. A raíña de Prusia, Luisa, decídese a dar un paso audaz coa entrevista co emperador francés; Napoleón móstrase inflexible e as condicións do tratado mantéñense. Coas condicións, unhas forzas reformadoras que actúan no interior de Prusia, iranse impoñendo paulatinamente nos seus criterios.
  • O 9 de outubro, Federico Guillerme III de Prusia concede a abolición progresiva da servidume dos labregos coa entrega, en plena propiedade, das terras da coroa que traballan; con isto leva a cabo a proposta do ministro de estado, o barón Von Stein.

Alemaña

  • Na cidade de Berlín e en medio da gloria militar de Bonaparte, o filósofo alemán Johan Gottlieb Fichte (que nacera en Rammenau, Saxonia, no ano 1762 e finará en Berlín no 1814) publica o seu «Discurso á nación alemá». A declaración sae en tempos moi difíciles para Prusia e Alemaña, xa que Francia fixera declaración de guerra contra Prusia. O escrito incrimina o emperador francés por haber traizoado os ideais da revolución francesa. Nel o filósofo propón unha nación alemá baseada na democracia que non pasará desapercibida pola burguesía, polo que terá un papel importante no rexurdir espiritual e político do pobo. Fichte manifestou dende moi novo o amor pola liberdade. Influído por Lessing e Kant, dedicará a este profundos estudos, ata o punto de que pode dicirse que o seu pensamento é a continuación do kantismo; polo que, incluso, fará unha visita o seu mestre en Königsberg no 1792, quen o recibe friamente, aínda que tres meses despois envíalle a Kant un manuscrito sobre a «Crítica de toda revelación», polo que se poñía directamente no criticismo. No 1793 casou cunha sobriña de Klopstock, e pronto ten fama de liberal e demócrata; o que non lle impediu toma-la cátedra da universidade de Jena no canto da rama de filosofía. Nesta universidade tivo a acusación de ateísmo, feito que lle valeu a expulsión; polo que pasou a ensinar no 1805 na universidade de Erlangen e, no 1806, en Königsberg. Tras a fuxida das tropas napoleónicas, volve a Berlín no 1807, onde pronuncia o célebre discurso nacionalista. A filosofía de Fichte intenta harmoniza-la teoría coa práctica. Nun principio parte do humanismo no que a liberdade ocupa o centro de reflexión, que logo tira a un certo misticismo, dende a teoría da liberdade a unha teoría de gracia divina; o seu valor reside en especular teoricamente sobre a ciencia e a verdade para desenvolver unha doutrina práctica da moral de estado.
  • Tamén na cidade de Bamberg o filósofo alemán George Wilhelms Friedrich Hegel (que nacera en Stuttgart no 1770 e morrerá en Berlín no 1831), publica a súa obra máis representativa, a «Fenomenoloxía do espírito», que fora rematada no 1806 (curiosamente o mesmo día da batalla de Jena, pola tarde). Por aquel entón, Hegel era mestre nesa cidade, onde acudira interesado pola filosofía de Schelling e Fichte, a quen admiraba. Deste último herdaría a cátedra da universidade de Berlín e pediría ser soterrado ao seu carón. Coma todos os filósofos do seu tempo, a labor xuvenil de Hegel centrouse na crítica da relixión da historia. Pero ao chegar a Jena tornou na consciencia da filosofía como medio de expresa-lo sentir da vida humana no seo da historia; polo que realizou un enorme esforzo lóxico por introduci-la experiencia viva nun marco teórico, no que a historia da conciencia (xunta a experiencia) acaba por comprenderse a si mesma. Isto identificouno como técnica fenomenolóxica ou identificación con desenvolvemento da conciencia real. A fenomenoloxía é a súa vez unha reflexión sobre as leis do coñecemento e unha historia real da conciencia. Co percorrer do tempo, volve publicar entre 1812 e 1816 a «Ciencia da lóxica», aparece coma continuación da fenomenoloxía. Nela, Hegel establece o famoso método dialéctico. Só a filosofía da contradición é unha filosofía viva; a flor dá nacemento ao froito, que supón a morte daquela; polo que a morte é a contradición do renacer. De maneira dialéctica aluma a esencia da necesidade histórica. Na unidade das contradicións: a tese ven negada pola antítese, de cuxa negación créase a síntese. No 1821 publica a «Filosofía do dereito», é a súa doutrina do home e a historia. O home illado é unha abstracción: só a sociedade da historia é concreta; a súa representación universal é concreta. Neste sentido, o suxeito real da historial é unha razón universal.

Estados Unidos

  • O enxeñeiro e mecánico estadounidense Robert Fulton (que nacera no 1765 e finará no 1815) inaugura unha liña regular de barcos a vapor con rodas no río Hudson, que circularán entre as cidades de Nova York e Albany e cuxo primeiro percorrido faría o buque Clermont. Fulton xa experimentara no ano 1803 cun pequeno batuxo a vapor polo que é un dos máis coñecidos artífices dos inventos relacionados coa navegación. No 1797 propuxo ao goberno francés a construción dun submarino coa capacidade de poñer cargas explosivas nos navíos inimigos, proxecto que levou a construción no 1798. Ao non lograr que os franceses tivesen atención no seu proxecto, probou máis tarde coas británicas e tampouco o consegue; polo que volta para a súa terra, onde se dedicou de cheo á aplicación da propulsión a vapor nos barcos, empregando para iso a máquina de vapor inventada por Watt.

Europa

  • Un 28 de xaneiro o Reino Unido e Prusia asinan o tratado de paz de Memel, polo que Prusia renuncia a Hannóver en favor do Reino Unido, e restablece a liberdade comercial para as mercadorías británicas. O 25 de xuño Francia asina un preacordo con Rusia, froito da vitoria napoleónica contra Bennigsen en Friedland acontecida o 14 de xuño, e que permitirá lograr o acordo do tratado de Tilsit (asinado entre o 7 e o 9 de xullo). O 7 de xullo asínase un tratado secreto polo que Rusia ten que declararlle a guerra a Inglaterra e, así mesmo, participar no bloqueo continental; o tratado cede (por parte de Napoleón) a Rusia unha liberdade sobre Suecia ademais de consentir a división das posesións europeas de Turquía. O 9 de xullo publícase o tratado (tal e como se nos dá a coñecer, pero que non indica nada do que hai en secreto) e Prusia é reducida á metade coa creación do reino de Westfalia e o Gran Ducado de Varsovia. Cara o norte, en Dinamarca, o 5 de setembro, despois de tres días de bombardeo (no que se proba unha nova arma, o foguete) os británicos ocupan a capital danesa de Copenhague. Dinamarca perde a súa frota neste enfrontamento.

Portugal

  • Do outubro ao decembro e pouco antes de que as tropas do xeneral francés Junot entren en Lisboa, a familia real embárcase rumbo a Brasil. A política de partición de Portugal, entre Francia e España, sen que a medio rexente María I e o seu fillo Xoán (que máis adiante sería Xoán VI), poidan evitala; fai que toda a corte decida trasladarse a Río de Xaneiro. Tras certo tempo en Portugal e debido á declaración de independencia de España, o corpo expedicionario inglés de Wellington obrigará a Junot a capitular en Sintra o 30 de agosto de 1808 e a evacua-lo país. Os fracaso das ofensivas francesas de Soult no 1809 e de Masséna entre 1810 e 1811, marcarán o declive o imperio francés que se verá desfeito no 1816.
  • O 27 de novembro, despois de atravesar España cun exército de 28 000 homes para ocupar Portugal, o xeneral francés Jean-Andoche Junot entra en Lisboa e é recibido polo marqués de Abrantes, que preside o Consello de Rexencia nomeado polo fuxitivo príncipe Xoán. Queda recoñecida de feito a autoridade do invasor coma delegado persoal de Napoleón. Dende o peirao, aínda son visibles os barcos ingleses que se afastan dende o Texo, e no que se embarcou cara Brasil a corte portuguesa; María I, a raíña Tola, marcha cara o exilio co seu fillo, o futuro rei Xoán VI, rexente por aquel entón ante a incapacidade da súa nai; os que son acompañados por unha nutrida representación da nobreza. Un mes antes, España e Francia asinaran o Tratado de Fontainebleau, polo que se acordaba a tripartición de Portugal: o infante de España reinaría o norte, Manuel Godoy sería o príncipe dos Algarves e o resto do territorio pasaría a estar en poder da decisión de Napoleón unha vez que se rematara a guerra contra Gran Bretaña. Grazas ao tratado, o exército napoleónico estaba autorizado a cruzar España. Tradicional a alianza con Inglaterra, a monarquía portuguesa resistíase a abandona-la súa neutralidade no conflito e acata-la esixencia de cerra-los portos aos buques de bandeira inglesa, segundo dispuxera o emperador francés. Napoleón ameazou con invadi-los países que se negaran a acepta-lo bloqueo continental imposto, e o reino de Portugal non sería unha excepción. Co Tratado de Fontainebleau, tiña aberto o camiño cara Lisboa. Tras a fuxida á que seguiu a invasión, a corte portuguesa permanecería 14 anos en Río de Xaneiro e daría lugar ao Imperio de Brasil.

Polonia

  • O 2 de xaneiro na cidade de Varsovia, o emperador Napoleón I, tras a súa vitoria sobre Prusia, entra fronte a unha lexión de soldados polacos na cidade, onde é aclamado como heroe e liberador da poboación. As reparticións realizadas entre Rusia, Prusia e Austria nos anos 1772, 1793 e 1795, fixeron desaparece-lo estado polaco, e a emigración dunha grande cantidade de xente nas devanditas datas cara a Francia, pois semellaba para eles a salvación. Iniciada a guerra da cuarta coalición, Napoleón formou con eles unha lexión polaca, e tras derrotar a Prusia, avanzou sobre o territorio polaco. Meses máis tarde, despois do Tratado de Tilsit (ocorrido o 7 de xullo de 1807), formouse un novo estado polaco ao que se lle chamou Gran Ducado de Varsovia, o cal reagrupaba a maioría dos antigos territorios, salvo os conquistados por Rusia. O novo estado, ao que tamén se lle deu unha constitución, converteuse en realidade nun satélite de Francia, que Napoleón utilizaría contra Rusia e contra os aliados desta; sería ampliado cos territorios austríacos tras a Paz de Schönbrunn no ano 1809. No 1815 o Gran Ducado converteuse, grazas a un congreso feito na cidade de Viena, nun reino e mudou de nome polo de Polonia, estando baixo o dominio ruso.

Imperio Otomán

  • O 25 de maio o sultán Selim III é derrotado polos xanízaros (soldados da infantería convertidos en garda pretoriana do sultán). O xurdimento da revolta dos xanízaros prodúcese coma protesta pola imposición das medidas reformistas na administración (fiscal, na ensinanza), e no exército, onde se suprimen os feudos militares creando novos corpos de tropas. Selim III será executado no 1808, por orde do novo sultán imposto polo xenízaros, Mustafá IV, quen tamén se encarga de anula-las reformas.

América

  • O 3 de febreiro as tropas británicas ocupan a cidade brasileira de Montevideo (no Río da Prata), despois dunha breve resistencia. A ocupación, que irá dende febreiro ata setembro, traerá a Montevideo novos conceptos comerciais e ideolóxicos; xunto coa aparición do seu primeiro xornal bilingüe «The Southern Star / La Estrella del sur».
  • O 5 de xullo o pobo da cidade de Bos Aires (Arxentina) e parte da milicias crioulas formadas ante a invasión, rexeitan as tropas inglesas que avanzan polas rúas cara o forte, co fin de apoderarse da capital do vicerreinado. O 7 de xullo, o xeneral inglés John Whitelocke asinaba a paz, pola que se comprometía a devolve-la praza de Montevideo (tomada en febreiro) dende a que veu o ataque contra Bos Aires, e retirar todas as súas forzas do Río da Prata nun prazo de dous meses. Xa no ano 1806, en xuño tivo lugar a primeira invasión inglesa en Bos Aires. O almirante sir Home Popham inducira a aventura o xeneral Beresford, que con só 1.600 homes tomou a cidade (que naquel momento tiña uns 50 000 habitantes), sen encontrar case ningunha oposición; mentres o vicerrei Sobremonte fuxía cara o interior sen intenta-la resistencia. Juan Martín de Pueyrredón dende San Isidro e o mariño francés Santiago Liniers dende Montevideo encargáronse de face-la reconquista. O primeiro (Pueyrredón) foi derrotado, pero Liniers, afincado dende facía tempo no vicerreinado e ao mando das fragatas que protexían o río, desembarcou en San Fernando e, coa axuda dos habitantes consegue a rendición de Beresford o 12 de agosto de 1806. Formáronse por aqueles tempos a milicias crioulas coa finalidade de previr unha segunda invasión. Un cabido aberto privou de mando militar o vicerrei, e outro cabido aberto encargouse de destituílo no 1807. Cando os ingleses chegaron por segunda vez, os crioulos de Bos Aires xa comezaran a tomar consciencia do seu poder.

Nacementos

  • - Andrés Rosales Muñoz, bispo español.

Mortes

  • 5 de febreiro - Pasquale Paoli, militar e patriota corso, o último que liberou Corsega e a dotou dunha constitución.
  • 11 de marzo - Anton Eberl, compositor austríaco.
  • 10 de maio - Jean Baptiste Rochambeau, militar francés.
  • 11 de xullo - George Atwood, matemático británico.
  • 27 de xullo - Pierre Marie Auguste Broussonet, médico e naturista francés.
  • 17 de agosto - Johannes Nikolaus Tetens, matemático alemán.
  • 9 de outubro - Gian Francesco Malfatti, matemático italiano.
  • 30 de novembro - Antonio Vila Campos, bispo español.

Outros

Breves

Historia ano a ano