Persoa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 36 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q215627
Elisardojm (conversa | contribucións)
collo para a malla
Liña 1: Liña 1:
{{En uso}}
{{Atención|data=xuño de 2009|Sería bo darlle un repaso á estrutura do artigo}}
{{Atención|data=xuño de 2009|Sería bo darlle un repaso á estrutura do artigo}}
[[Ficheiro:Parella. O Monte de San Pedro, Visma, A Coruña.jpg|miniatura|Dúas persoas.]]
[[Ficheiro:Parella. O Monte de San Pedro, Visma, A Coruña.jpg|miniatura|Dúas persoas.]]

Revisión como estaba o 22 de outubro de 2015 ás 13:34

Dúas persoas.
Neno.

Se busca o significado deste termo aplicado nas linguas, v. Persoa gramatical.

Acepción gramatical

persoa s.f.

  1. Individuo da especie humana. As persoas teñen a facultade de razoar. As persoas teñen diversos atributos; o principal, a liberdade, e, noutros sentidos, a fala, a intelixencia, ...
  2. Un individuo desta especie cando non se sabe ou non se quere dicir quen é. Viñeron varias persoas preguntar por ti.

Acepción legal

Segundo o Código civil español, que neste punto é aplicable á comunidade galega, para os efectos civís, só se reputará nacido o feto que teña figura humana e viva vinte e catro horas enteiramente desprendido do seo materno.

Iso significa que os fetos que non teñan figura humana e non vivan 24 horas desde o seu nacemento non son considerados persoas "aos efectos civís". É dicir: non adquiren dereitos, e basicamente non herdan, pois esa é a razón do artigo.

Respecto de que se entenda por figura humana, hai que ter en conta que o dito artigo foi redactado fai século e medio. En calquera caso, que non sexa persoa non significa que non sexa un ser humano

Por outra parte, o artigo 29 do mesmo texto legal expresa que o nacemento determina a personalidade. Porén, o concibido se ten por nacido para todos os efectos que lle sexan favorables, incluíndo tanto os patrimoniais como os políticos (nacionalidade). Este artigo ten sentido en caso de falecemento dun proxenitor antes do seu nacemento do feto.

A personalidade civil extínguese polo falecemento.