Diferenzas entre revisións de «Ponte de hidróxeno»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 48 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q169324)
A '''ponte de hidróxeno''' ou o '''enlace de hidróxeno''' é un [[enlace dipolo-dipolo]] máis forte ca as forzas de Van der Waals, pero xeralmente moito máis feble (ata 20 veces) ca un enlace covalente típico, aínda que en certos casos poden ser bastante fortes (por exemplo, F-H<sup>...</sup>:F, cunha entalpía en vapor de 161,5 kJ/mol). Pódese considerar coma un enlace intermedio entre o [[enlace covalente]] e unha simple atracción electrostática molecular.
 
Prodúcese cando un átomo de [[hidróxeno]] se atopa entre dous átomos moi electronegativos, como poden ser o flúor, nitróxeno ou osíxeno. Establécese entre un átomo moi electronegativo e un hidróxeno á súa vez unido covalentemente a outro átomo tamén moi electronegativo. O átomo de hidróxeno ten unha [[carga parcial]] positiva, polo que atrae á densidade electrónica dun átomo próximo no espazo.
 
Canto máis electronegativo sexa o átomo unido ó hidroxeno máis forte será a ponte de hidroxeno, e tamén canto maior numero destes enlaces teña unha molécula mais forte será a unión coas moléculas veciñas.
194.073

edicións

Menú de navegación