Monoteísmo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 36: Liña 36:
No Islam tamén se fala do retorno do [[Mahdi]] nos [[hadiz]]. Unha persoa, descendente de [[Mahoma]]<ref>Sunan Abu-Dawud, ''Book 36: The Promised Deliverer (Kitab Al-Mahdi)'' n°4271</ref> que virá no fin do tempo e anunciará a chegada de Xesús que é o Mesías e que loitaría e vencería ao falso Mesías chamado Dajjal (en árabe : المَسيح الدّجّال al-masīḥ ad-dajjāl). Logo o Mahdi e mais Xesús quedarían na terra un tempo.
No Islam tamén se fala do retorno do [[Mahdi]] nos [[hadiz]]. Unha persoa, descendente de [[Mahoma]]<ref>Sunan Abu-Dawud, ''Book 36: The Promised Deliverer (Kitab Al-Mahdi)'' n°4271</ref> que virá no fin do tempo e anunciará a chegada de Xesús que é o Mesías e que loitaría e vencería ao falso Mesías chamado Dajjal (en árabe : المَسيح الدّجّال al-masīḥ ad-dajjāl). Logo o Mahdi e mais Xesús quedarían na terra un tempo.


Podemos ver nas tres relixións semellanza na [[escatoloxía]]. As tres comparten tamén, a idea de vida despois da morte, sendo os feitos desta vida, os que determinaran o benestar despois da morte. Isto defíneo o filosofo Michel Onfray<ref>Onfray "Traité d´atheologie"</ref> como "pulsión de morte" pois a morte, condiciona os feitos da vida
Podemos ver nas tres relixións semellanza na [[escatoloxía]]. As tres comparten tamén, a idea de vida despois da morte, sendo os feitos desta vida, os que determinaran o benestar despois da morte. Isto defíneo o filósofo Michel Onfray<ref>Onfray "Traité d´atheologie"</ref> como "pulsión de morte" pois a morte, condiciona os feitos da vida


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 17 de outubro de 2015 ás 16:19

Manuscrito co Corán do século VII. O Corán é a base da relixión islámica.

O monoteísmo é a crenza na existencia dun único Deus. O cristianismo, o islam e o xudaísmo son relixións monoteístas. Segundo esta crenza, Deus significa algo supremo, relacionado con ideas e conceptos filosóficos, distinto dun ser persoal con atributos antropomórficos, nomes, e mesmo etnia.[Cómpre referencia] O monoteísmo contrasta co politeísmo que é a crenza na existencia de varios deuses. As relixións monoteístas adoitan oporse abertamente ao politeísmo.

Historia

A invención do monoteísmo atribúese ao pobo hebreo, no entanto, este foi un proceso gradual. Primeiro IHWH fixo parte de un panteón, e até tiña unha compaña Ashera[1]. Despois pasouse ao monolatrismo[2] onde IHWH pasou a ser deus nacional (como fora antes Assur dos asirios ou Marduk dos babilonios) dos israelitas, pero recoñecíanse outros deuses noutras terras, isto aconteceu no século 7 a.C. coas reformas do rei Josias.[3] Foi a mediados do século 4 A.C. onde se impuxo o monoteísmo co deus hebreo como único e verdadeiro. Isto foi produto[4] da contradición entre as promesas bíblicas "os xudeus son o pobo elixido de Deus", e a realidade da historia de Xudea e Israel, pequenos reinos, varias veces sometidos e rematando coa desaparición do reino do norte, Israel. Descoñécese exactamente como foi, mais no século 3 a.C. a visión do mundo dos xudeus mudou coa aparición do monoteísmo e da súa verdade única. Aconteceu coma os grandes trocos científicos:

  1. Aparecen anomalías no paradigma de consenso xeral.
  2. As anomalías acumúlanse e o paradigma entra en crise.
  3. Proponse un novo paradigma.
  4. O novo paradigma faise consenso.[5]

Teoloxía monoteísta

A etimoloxía da palabra monoteísmo ven do grego clásico "mono"=un, e "theos"=deus. Esta crenza di que hai un só deus verdadeiro, e así a teoloxía que se lle liga e a única verdadeira, único camiño de salvación. Isto vai facer que, por primeira vez na historia, vexamos conflito co único motivo da relixión. Un dos primeiros exemplos é o conflito de Alexandría entre xudeus emigrados a esta cidade e a poboación helenizada. Esta última ollaba cara os xudeus e víaos coma supersticiosos e arcaicos, cunha relixión que negaba as súas crenzas. Os xudeus pola súa banda, vivían entre eles mesmos, sen mesturarse coa poboación autóctona. O filósofo xudeu Philón de Alexandría tentou explicar ás autoridades as crenzas xudías e quitarlle tensión á situación. Foi entón cando a poboación helénica soubo que os xudeus pagaban impostos ao templo de Xerusalén e isto provocou un pródromo contra os xudeus.

No século I vai aparecer como unha póla do xudaísmo o cristianismo (que será relixión oficial e única do Imperio Romano a partir do século IV), seguíndoa o Islam que aparece en Arabia no século VII. Serán estas tres relixións (3 monoteísmos) as que forxarán o mundo tal como é hoxe. Islam e cristianismo son universalistas e proselitistas, o que vai provocaar innumerables guerras entre elas. O xudaísmo que hoxe non é proselitista[6] mantívose durante séculos vivindo en sociedades non xudías pero sen mesturarse con elas.[7] Hoxe en día en Israel non se poden casar persoas de relixións diferentes.[Cómpre referencia] Tamén cabe sinalar o freo para as ciencias que supuxeron os monoteísmos.[8] Lembremos os problemas de Galileo obrigado a desdicirse ou de Miguel Servet queimado na fogueira, tamén como a ciencia decaeu no Islam despois dos escritos de Al-Gazili.[9] Vexamos tamén como entre os israelitas Spinoza foi excluído do xudaísmo polos seus escritos.

A partir do século das luces, en occidente o monoteísmo cristián (especialmente o catolicismo) deixa de ser un freo, para a ciencia. Chegados ao século XX catolicismo e xudaísmo reformado aceptan a Teoría da evolución das especies e mais a cosmo-xénese do Big Bang.[Cómpre referencia] No entanto no Islam, xudaísmo ortodoxo e seitas evanxelistas (sobre todo nos Estados Unidos) tentan aferrarse aos textos sagrados, buscando maneiras alambicadas de casar textos e feitos científicos.[10] O monoteísmo estivo case sempre ligado ao fundamentalismo relixioso, pola idea subxacente de verdade única. Ren doutro podendo ter razón, e non sendo máis ca paganismo ou ateísmo. Outra das características dos tres grandes monoteísmos é o seu mesianismo. No xudaísmo (agás os xudeus mesiánicos que coidan que o mesías foi Xesús) agardan o Mesías nun futuro que denominan "tempos mesiánicos" que terán varias etapas:

  • Guerra de Gog e Magog (as nacións contra Israel [11]
  • Retorno do profeta Elias que traerá con sigo o Mesías
  • Tempos mesiánicos
  • t´hiato hametim (resurrección dos mortos)
  • Yom hadim (día do xuízo)
  • Olam haba (tempo da eternidade)

O retorno do Mesías no cristianismo[12] vén descrito no libro do Apocalipse ou Revelacións. Se ben a interpretación muda segundo as distintas igrexas cristiás podemos resumilo así:

  • Chegada do fin dos tempos
  • Retorno de Xesús a terra
  • Resurrección dos mortos
  • Loita co anticristo
  • Renovación da creación
  • Establecemento do reino de Deus

No Islam tamén se fala do retorno do Mahdi nos hadiz. Unha persoa, descendente de Mahoma[13] que virá no fin do tempo e anunciará a chegada de Xesús que é o Mesías e que loitaría e vencería ao falso Mesías chamado Dajjal (en árabe : المَسيح الدّجّال al-masīḥ ad-dajjāl). Logo o Mahdi e mais Xesús quedarían na terra un tempo.

Podemos ver nas tres relixións semellanza na escatoloxía. As tres comparten tamén, a idea de vida despois da morte, sendo os feitos desta vida, os que determinaran o benestar despois da morte. Isto defíneo o filósofo Michel Onfray[14] como "pulsión de morte" pois a morte, condiciona os feitos da vida

Notas

  1. Increpación do ano 600 a.C. atopada na rexión de Sefelah, antigo reino de Xudea.
  2. Jean Soler "L'invention du monotheisme"
  3. Robert Paris "L´ancien testament des hebreux"
  4. Jean Soler "Pourquoi le monotheisme"
  5. Thomas Kuhn
  6. Shlomo Sand "Como fué inventado el pueblo judío"
  7. Deuteronomio 7-3: "Non emparentes con eles, non lles déa-la túa filla para un fillo deles, nin cólla-la filla deles para un fillo teu".
  8. Michel Onfray "Traité d´atheologie"
  9. Neil de Grasse conferencia "o deus dos buratos"
  10. Conferencias de William Lane Craig
  11. Ezequiel 38-39
  12. Apocalipse de San Xan
  13. Sunan Abu-Dawud, Book 36: The Promised Deliverer (Kitab Al-Mahdi) n°4271
  14. Onfray "Traité d´atheologie"

Véxase tamén

Ligazóns externas