Rada Suprema: Diferenzas entre revisións
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{coord|50|26|50.3|N|30|32|12.6|E|type:landmark_region:UA|display=title}} |
{{coord|50|26|50.3|N|30|32|12.6|E|type:landmark_region:UA|display=title}} |
||
A '''Rada Suprema''' (en [[lingua ucraína|ucraíno]] '''Верховна Рада України''', ''Veriovna Rada Ukraíni'') ou '''Consello Supremo''' é o |
A '''Rada Suprema''' (en [[lingua ucraína|ucraíno]] '''Верховна Рада України''', ''Veriovna Rada Ukraíni'') ou '''Consello Supremo''' é o nome oficial do [[parlamento]] [[unicameral]] de [[Ucraína]]. Anteriormente foi a máxima autoridade da [[República Socialista Soviética de Ucraína]]. |
||
O nome, feminino, ten a mesma etimoloxía que ''roda'' ou o latín ''ratio'', pero significa "consello" ou ''soviet'' en ucraíno (véxase o alemán ''Rat'', "Consello"), mentres que ''veriovna'' é un adxectivo de orixe [[lingua rusa|rusa]], introducido no [[século XX]] en ucraíno, e que significa "suprema". |
O nome, feminino, ten a mesma etimoloxía que ''roda'' ou o latín ''ratio'', pero significa "consello" ou ''soviet'' en ucraíno (véxase o alemán ''Rat'', "Consello"), mentres que ''veriovna'' é un adxectivo de orixe [[lingua rusa|rusa]], introducido no [[século XX]] en ucraíno, e que significa "suprema". |
Revisión como estaba o 17 de outubro de 2015 ás 14:32
Coordenadas: 50°26′50.3″N 30°32′12.6″L / 50.447306, -30.536833 A Rada Suprema (en ucraíno Верховна Рада України, Veriovna Rada Ukraíni) ou Consello Supremo é o nome oficial do parlamento unicameral de Ucraína. Anteriormente foi a máxima autoridade da República Socialista Soviética de Ucraína.
O nome, feminino, ten a mesma etimoloxía que roda ou o latín ratio, pero significa "consello" ou soviet en ucraíno (véxase o alemán Rat, "Consello"), mentres que veriovna é un adxectivo de orixe rusa, introducido no século XX en ucraíno, e que significa "suprema".
Historia
En 1938, a primeira Rada (Consello Supremo) da República Socialista Soviética de Ucraína substitúe ao Congreso dos soviets.
A 12ª lexislatura do Parlamento da R.S.S. de Ucraína proclama a soberanía de Ucraína o 16 de xullo de 1990, e despois a independencia o 24 de agosto de 1991.
A 13ª lexislatura adopta a Constitución, o 28 de xuño de 1996.
O 14º Consello Supremo adopta un cambio de numeración como 3º Consello Supremo. E o 4º (antigo 15º) modifca a Constitución o 8 de decembro de 2004, durante a Revoluciónn laranxa.
O 13 de decembro de 2012, Volodimir Ribak (do Partido das Rexións), antigo viceprimeiro ministro, é nomeado presidente do Consello Supremo polos deputados na 7ª Rada.
O 22 de febreiro de 2014, no curso do Euromaidán e tras da dimisión de Volodimyr Ribak, Oleksandr Turchínov foi elixido como presidente da Rada Suprema.[1].
Turchínov posteriormente foi elixido Presidente de Ucraína (interino) despois de que Viktor Yanukovych fose destituído do poder polo Parlamento o 21 de febreiro de 2014.[2] [3] [4] Vladimir Putin, Presidente da Federación Rusa, non o considera como Presidente lexítimo.[5] O 25 de febreiro, actuando como Presidente, Turchínov asumiu as súas funcións como comandante en xefe das Forzas Armadas ucraínas.[6]
Grupos parlamentarios
Partido | Ideoloxía | Escanos |
---|---|---|
Partido das Rexións (Партія регіонів) |
Rexionalismo prorruso | 209 |
Unión de Todos os Ucraínos "Patria" (Всеукраїнське об'єднання "Батьківщина") |
Centro dereita | 101 |
Alianza Democrática para a Reforma de Vitali Klitschkó (Український демократичний альянс за реформи Віталія Кличка) |
Conservadorismo | 42 |
Unión Panucraniana "Libertade" (Svoboda) (Всеукраїнське об'єднання "Свобода") |
Extrema dereita | 36 |
Partido Comunista de Ucraína (Комуністична партія України) |
Comunismo | 32 |
Independentes | 27 |
Notas
- ↑ "Ukraine. Le Parlement vote la libération de Ioulia Timochenko". tempsreel.nouvelobs.com. 22 de ferbreiro de 2014. Consultado o 6 de marzo de 2014.
- ↑ "Ukraine: Speaker Oleksandr Turchynov named interim president". BBC News. 23 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de marzo de 2014.
- ↑ "Ukraine protests timeline". BBC News. 23 de febreiro de 2014. Consultado o 6 de marzo de 2014.
- ↑ "Turchinov elected as speaker of Ukrainian Parliament". Voice of Russia. 22 de febreiro de 2014. Consultada o 6 de marzo de 2014.
- ↑ washingtontimes.com. Consultada o 6 de marzo de 2014.
- ↑ Turchynov assumes duties of supreme commander-in-chief of Ukrainian Armed Forces Interfax-Ukraine. Consultada o 6 de marzo de 2014.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina oficial da Rada Suprema de Ucraína (en varias linguas).