2001: Unha odisea do espazo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 47: Liña 47:


=== Misión a Xúpiter ===
=== Misión a Xúpiter ===
No ano 2001 a nave espacial ''Discovery 1'' viaxa cara a [[Xúpiter]] con cinco tripulantes (tres en [[hibernación]] e dous despertos, [[David Bowman]] e [[Frank Poole]]) xunto cun supercomputador de última xeración chamado [[HAL 9000]] que goberna a nave utilizando [[intelixencia artificial]], o que lle permite comunicarse cos humanos mediante a fala. A vida a bordo é monótona: os tripulantes comen, dormen, fan exercicio, xogan ao [[xadrez]] coa computadora, comunican regularmente á Terra o desenvolvemento da misión e manteñen triviais conversas persoais cos coñecidos da Terra (cun retardo de 7 minutos debido á distancia). Nada se di sobre a misión, máis alá dunha exploración do entorno de Xúpiter, e non hai ningunha conversa que mencione TMA-1 ou algo relacionado.
No ano 2001 a nave espacial ''Discovery 1'' viaxa cara a [[Xúpiter]] con cinco tripulantes (tres en [[hibernación]] e dous
espertos, [[David Bowman]] e [[Frank Poole]]) xunto cun supercomputador de última xeración chamado [[HAL 9000]] que goberna a nave utilizando [[intelixencia artificial]], o que lle permite comunicarse cos humanos mediante a fala. A vida a bordo é monótona: os tripulantes comen, dormen, fan exercicio, xogan ao [[xadrez]] coa computadora, comunican regularmente á Terra o desenvolvemento da misión e manteñen triviais conversas persoais cos coñecidos da Terra (cun retardo de 7 minutos debido á distancia). Nada se di sobre a misión, máis alá dunha exploración do entorno de Xúpiter, e non hai ningunha conversa que mencione TMA-1 ou algo relacionado.


Pouco antes de chegar ao punto de destino HAL 9000 pregunta a [[David Bowman]] se non ten dúbidas sobre a misión e o secreto da mesma, mais ao responder este de forma negativa, o computador autointerrómpese para anunciar un fallo nunha unidade de comunicacións que podería dar lugar á perda da conexión coa Terra. David Bowman sae da ''Discovery'' nunha das pequenas naves esféricas con brazos de manipulación nun [[paseo espacial]] para substituír a unidade teoricamente avariada. Cando regresa ao interior as análises da unidade son correctas, e desde o control da misión en Terra, cun computador similar ao da nave, tampouco encontran fallo ningún, o que pon en dúbida a fiabilidade de HAL 9000.
Pouco antes de chegar ao punto de destino HAL 9000 pregunta a [[David Bowman]] se non ten dúbidas sobre a misión e o secreto da mesma, mais ao responder este de forma negativa, o computador autointerrómpese para anunciar un fallo nunha unidade de comunicacións que podería dar lugar á perda da conexión coa Terra. David Bowman sae da ''Discovery'' nunha das pequenas naves esféricas con brazos de manipulación nun [[paseo espacial]] para substituír a unidade teoricamente avariada. Cando regresa ao interior as análises da unidade son correctas, e desde o control da misión en Terra, cun computador similar ao da nave, tampouco encontran fallo ningún, o que pon en dúbida a fiabilidade de HAL 9000.

Revisión como estaba o 16 de outubro de 2015 ás 17:22

2001: A Space Odyssey
Ficha técnica
Título orixinal2001: A Space Odyssey
DirectorStanley Kubrick
ProdutorStanley Kubrick
GuiónStanley Kubrick
Arthur C. Clarke
IntérpretesKeir Dullea
Gary Lockwood
William Sylvester
Daniel Richter
DistribuidoraMGM
Estrea1968
Duración141 min
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Xéneroficción científica
Na rede
IMDB: tt0062622 Filmaffinity: 171099 Allocine: 27442 Rottentomatoes: m/2001_a_space_odyssey Mojo: 2001 Allmovie: v169 TCM: 628 Metacritic: movie/2001-a-space-odyssey TV.com: movies/2001-a-space-odyssey Netlix: 207856Editar o valor em Wikidata

2001: Unha odisea do espazo (2001: A Space Odyssey en inglés) é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Stanley Kubrick en 1968, baseado en varios relatos de Arthur C. Clarke, en especial A sentinela (The Sentinel, 1951). Kubrick e Clarke colaboraron no guión, a partir do que Kubrick realizou o filme e Clarke escribiu unha novela.

Características

É característico do filme a combinación de episodios onde se contrasta altos niveis de realismo técnico e científico co misticismo transcendental. A película gañou un Óscar polos efectos especiais de 1968. Contou cun orzamento de 10 500 000 de dólares.

Sinopse

O filme está dividido en catro capítulos, ou apartados, que representan tres épocas diferentes no tempo. Os capítulos aparecen de xeito cronolóxico comezando no pasado e finalizando no futuro sen pasar polo presente (tendo en conta que o filme estreouse no ano 1968). Cada capítulo, bardante o segundo, vén precedido por un título. O filme comeza coa Terra ascendendo sobre a Lúa, e co Sol á súa vez ascendendo sobre a Terra, todos aliñados. A imaxe está acompañada da peza Also sprach Zarathustra de Richard Strauss.

O amencer do home

Hai uns catro millóns de anos, un grupo de primates fan vida cotiá nunha árida sabana: vagan na procura de alimento e conviven de forma pacífica. Despois un dos membros da manda é atacado por un leopardo.

A anda comeza a disputar con outro grupo de primates pola auga dunha charca e polo espazo vital, pero sen chegaren ao contacto físico. Despois, os primates temen a escuridade nocturna e os seus depredadores, descansando con sono nervioso no fondo dun pequeno covo.

Nun amencer, un dos primates esperta e encontra fronte ao refuxio un monólito negro, un bloque ortoédrico perfecto de varios metros de altura que provoca a alarma no grupo e un primeiro momento de confusión e medo. Aos poucos, vanse achegando ao obxecto, e rematan acariciándoo.

No seguinte plano un dos simios decátase de que pode usar un óso como ferramenta e arma, incluíndose flashbacks do monólito, dando a entender que este motivou certos cambios na conduta dos primates e que lles deu certo grao de conciencia sobre os recursos dispoñibles para sobrevivir, sendo capaces de matar animais e comer carne. Outra mañá, arrebatan o control da charca á outra manda, matando no proceso ao líder rival. Exultante coa vitoria, o primate vencedor lanza o óso ao aire.

Ten lugar entón unha enorme elipse temporal na narración: o óso que ascende no aire convértese nunha nave espacial que vai da Terra á Lúa no ano 1999.

TMA-1 (Anomalía Magnética de Tycho no. 1)

En 1999 o doutor Heywood Floyd viaxa da Terra á Lúa. Primeiro vai nun avión-foguete que o leva até unha estación espacial en órbita. A manobra de aproximación é unha coreografía espacial coa música de Danubio Azul de Johann Strauss (fillo). Na estación espacial as actividades desenvólvense nos aneis exteriores circulares, que posúen gravidade debido á forza centrífuga da rotación do conxunto, mentres que na parte central, onde está o hangar para as naves, esta rotación non provoca gravidade. Durante a estancia, o doutor Floyd realiza unha videoconferencia coa súa filla na Terra e ten un encontro con científicos doutros países (algúns da URSS), que lle preguntan sobre a estraña incomunicación coa base estadounidense de Clavius, e se son certos os rumores que apuntan a unha epidemia nela. Despois o doutor Floyd continúa a viaxe á Lúa, facéndose a aterraxe de novo co Danubio Azul soando.

Cráter Tycho.

O doutor Floyd viaxou para facerse cargo da investigación do descubrimento dun monólito negro de perfecta forma ortoédrica (a mesma clase de monólito que apareceu na escena inicial) e superficie lisa, enterrado no cráter Tycho e descuberto durante unha análise magnética da superficie lunar, polo que foi bautizado TMA-1 (Tycho Magnetic Anomaly #1 ou Anomalía magnética de Tycho número 1).

O monólito resístese a calquera tipo de análise da súa estrutura ou das súas características, e tampouco demostra ningún tipo de actividade. Porén, considérase obvio que foi fabricado por unha civilización extraterrestre avanzada, que fora enterrado intencionadamente e que era a primeira proba real da existencia de vida extraterrestre, polo que de momento se debía manter en segredo. Trala chegada do grupo do doutor Floyd até a escavación, marabillándose ao ver e tocar algo tan perfecto, plano e insondable, comeza a amencer nesa parte da Lúa, e o monólito, ao recibir o primeiro raio de Sol des que fora enterrado, emite unha potente sinal acústica que deixa atordados os presentes.

Misión a Xúpiter

No ano 2001 a nave espacial Discovery 1 viaxa cara a Xúpiter con cinco tripulantes (tres en hibernación e dous espertos, David Bowman e Frank Poole) xunto cun supercomputador de última xeración chamado HAL 9000 que goberna a nave utilizando intelixencia artificial, o que lle permite comunicarse cos humanos mediante a fala. A vida a bordo é monótona: os tripulantes comen, dormen, fan exercicio, xogan ao xadrez coa computadora, comunican regularmente á Terra o desenvolvemento da misión e manteñen triviais conversas persoais cos coñecidos da Terra (cun retardo de 7 minutos debido á distancia). Nada se di sobre a misión, máis alá dunha exploración do entorno de Xúpiter, e non hai ningunha conversa que mencione TMA-1 ou algo relacionado.

Pouco antes de chegar ao punto de destino HAL 9000 pregunta a David Bowman se non ten dúbidas sobre a misión e o secreto da mesma, mais ao responder este de forma negativa, o computador autointerrómpese para anunciar un fallo nunha unidade de comunicacións que podería dar lugar á perda da conexión coa Terra. David Bowman sae da Discovery nunha das pequenas naves esféricas con brazos de manipulación nun paseo espacial para substituír a unidade teoricamente avariada. Cando regresa ao interior as análises da unidade son correctas, e desde o control da misión en Terra, cun computador similar ao da nave, tampouco encontran fallo ningún, o que pon en dúbida a fiabilidade de HAL 9000.

Bowman e Poole toman precaucións para que HAL non os escoite falar sobre a posibilidade de desconectar as súas funcións superiores, pero o computador logra ler os labios dos astronautas. HAL volve diagnosticar o fallo futuro da unidade substituída, tomándose a decisión de volver deixar a orixinal para comprobar se acaba fallando ou non, pero á vez confirmando os problemas de fiabilidade de HAL. Neste caso é Poole quen sae a realizar a substitución, pero cando sae da pequena nave esférica, HAL toma o control da mesma e a lanza sobre o astronauta, provocando a despresurización do seu traxe espacial e enviándoo lonxe da Discovery.

Bowman non ten claro o que sucedeu, HAL parece non sabelo tampouco e Frank non responde, polo que monta noutra das pequenas naves e sae a rescatar o seu compañeiro. Con Bowman fóra, HAL provoca a morte dos tripulantes hibernados. Bowman logra chegar até Poole, pero xa está morto, así que o recolle e regresa á Discovery, pero HAL non lle abre o hangar. Decide intentar unha manobra arriscada que HAL non cre que poida conseguir: abandona a Frank Poole no espazo, abre a porta exterior de emerxencia da Discovery cos brazos articulados da pequena nave (pois a apertura manual escapa ao control de HAL) e coloca o zapón da nave orientada cara a ela. Despois, activa a saída de emerxencia do zapón, sendo lanzado cara ao interior da Discovery, onde consigue presurizar a cámara de acceso.

Xa con casco, para evitar a despresurización provocada por HAL 9000, Bowman vai á sala onde está o hardware do computador para desconectalo. Durante o percorrido, HAL parece querer explicar o sucedido, desculpándose por todo e pedindo que non o desconecte. David vai extraendo unha a unha as tarxetas de memoria; pouco a pouco vanse desconectando as funcións de HAL, que suplica compaixón a David, pero cada vez con máis problemas de comunicación até que parece retomar as súas funcións primordiais e primeiras aprendizaxes, como unha canción ("Daisy", de Harry Dacre, 1892) e, por fin, desactívase. Ao quedar HAL desconectado, ponse en marcha unha gravación que informa a David Bowman da verdadeira misión: a investigación da orixe da sinal emitida por TMA-1 en 1999, nun punto próximo a unha das lúas de Xúpiter.

Xúpiter e máis alá do infinito

Tempo despois, David Bowman chega ás proximidades de Xúpiter na Discovery e sae nunha das naves esféricas a investigar un enorme monólito negro que orbita a lúa Ío e que foi a orixe da sinal similar á do TMA-1 en 1999. Non parece haber interacción algunha, pero de socato, ao achegarse cara a el considerablemente e situarse fronte a unha conxunción astral lineal que forma unha cruz co monólito situado perpendicularmente, David comeza unha viaxe estraña por unhas paisaxes psicodélicas de luz e cor a grande velocidade.

A escena cambia repentinamente e Bowman aparece dentro da pequena nave pero, á vez, no interior dunha estraña habitación decorada ao estilo Luís XVI. Bowman sae da nave, intentando entender que é aquilo. Finalmente, nunha rápida sucesión, vese a si mesmo cada vez máis vello até acabar moribundo na cama fronte ao monólito. Repentinamente, Bowman toma forma de feto dentro dunha esfera transparente na cama da habitación, pasando despois a flotar no espazo sobre a Terra na escena final, de novo coa música de Also sprach Zarathustra.

Música

O filme conta con música de Richard Strauss (a introdución de Also sprach Zarathustra), Johann Strauss filloGyörgy Ligeti que acompañan as imaxes do espazoAlex North compuxo unha obra musical para o filme, mais Stanley Kubrick non a incluíu, aínda que saíu á luz da man de Jerry Goldsmith 25 anos despois. A dirección e deseño dos efectos visuais foron obra de Kubrick, sendo supervisados por Wally Veevers.

Stanley Kubrick empregou a música de Ligeti sen solicitar permiso nin aboar dereitos de autor, polo que o compositor debeu presentar unha denuncia a pesar da admiración que mostrou pola película. Kubrick incluíu na banda sonora até catro obras de Ligeti: Réquiem, Lux AeternaAtmosphères e Aventures. É o Réquiem o que acompaña as aparicións do monólito e tamén é a micropolifonía de Ligeti a que soa durante a abstracta viaxe final de David Bowman: con iso Kubrick fai realmente un percorrido pola música do século XX que comeza con Zaratustra e culmina con Ligeti, para volver iniciar o ciclo cos acordes finais da obra de Strauss.[Cómpre referencia]

Herdanza

2001: Unha odisea do espazo inspirou no seu momento a miles de persoas a seguir carreiras científicas afíns coa astronáutica, a astronomía e a tecnoloxía da informática (Intelixencia artificial).[Cómpre referencia] Os seus efectos especiais e os seus vangardistas elementos tecnolóxicos foron un modelo a seguir para os seguintes filmes e novelas do xénero da ciencia ficción. Dende a súa estrea, inspirou a varias producións posteriores do xénero de ciencia ficción, entre elas A guerra das galaxiasBlade RunnerAlien etc. Varios directores recoñecidos coma George Lucas ou Ridley Scott[Cómpre referencia] declararon ao filme coma o que cambiou e definiu o xénero anteriormente citado.

Intérpretes

Véxase tamén

Ligazóns externas