Lingua belarusa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 56: Liña 56:


== Escrita ==
== Escrita ==
Ata o [[século XVI]] o bielorruso utilizou só o [[alfabeto cirílico]], mais a partir de entón foi introducido o [[alfabeto latino]] nunha variante modificada da ortografía polonesa, tamén coñecida como [[Lacinka]]. O primeiro xornal publicado, o ''Nasza Niwa'' ("O noso trigal"), que comezou a ser impreso en [[1906]], traía os textos nas dúas formas de escrita: cirílica e latina, reflectindo a división do pobo bielorruso entre ortodoxos e católicos. Ocasionalmente, o [[alfabeto árabe]] tamén foi usado polos [[tártaro]]s bielorrusos para escribir partes do [[Corán]].
Ata o [[século XVI]] o bielorruso utilizou só o [[alfabeto cirílico]], mais a partir de entón foi introducido o [[alfabeto latino]] nunha variante modificada da ortografía polonesa, tamén coñecida como [[Lacinka]]. O primeiro xornal publicado, o ''Nasza Niwa'' ("O noso trigal"), que comezou a ser impreso en [[1906]], traía os textos nas dúas formas de escrita: cirílica e latina, reflectindo a división do pobo bielorruso entre ortodoxos e católicos. Ocasionalmente, o [[alfabeto árabe]] tamén foi usado polos [[tártaros]] bielorrusos para escribir partes do [[Corán]].


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 7 de outubro de 2015 ás 11:55

Bielorruso
беларуская мова, "Biełaruskaja mova"
Falado en: Bielorrusia, e partes de Polonia.
Rexións: Europa
Total de falantes: 8 millóns
Posición: non está entre as 100 maiores
Familia: Indoeuropea
 Baltoeslava
  Eslava
   Eslava oriental
    Bielorruso
Escrita: Alfabeto cirílico
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Bielorrusia
Polonia (falada en 14 condados)
Regulado por: Academia Nacional de Ciencias da Bielorrusia
Códigos de lingua
ISO 639-1: be
ISO 639-2: bel
SIL: RUW
Mapa
Status

O bielorruso (беларуская мова, biełaruskaja mova) é unha lingua eslava oriental e lingua oficial de Bielorrusia xunto co ruso. Durante breves períodos da historia contemporánea de Bielorrusia foi a única lingua oficial, 1918-1919 e de 1990 a 1995[1] foi a única lingua oficial. Era coñecido antigamente como rutenio branco ou ruso branco.

Etnicamente, os bielorrusos son descendentes das antigas tribos eslavas -os dregovici, os radimici e os krivici- que habitaban o territorio entre os ríos Pripet e Dwina Occidental na marxe setentrional do Dnieper e ao largo do Soz.

Historia

  • Fase antiga: durante os séculos XII e XIII existía na Bielorrusia unha lingua escrita, a eslava eclesiástica, utilizada nos centros culturais tales como Polach e Turau. Sen dúbida, unha antiga forma de bielorruso usouse como lingua oficial polo goberno entre os séculos XIV e XVI no Gran Ducado da Lituania, que incluía a actual Bielorrusia, a Lituania e a Ucraína. Durante este período normativizáronse as regras gramaticais do antigo bielorruso, a pesar da tendencia a preservar as formas tradicionais do eslavo eclesiástico.
  • Fase media: é a fase de esplendor, onde o bielorruso alcanza o seu apoxeo no século XVI, coa introdución do alfabeto latino, coñecido como Lacinka, cando foi utilizado por Franciszak Skaryna (1485-1551) como base para as súas traducións de moitos libros da Biblia (publicada en Praga e Vilna en bielorruso). Foi esta forma de bielorruso a que se utilizou para as grandes polémicas relixiosas da época, así como para as tres versións dos códigos legais do Gran Ducado da Lituania (en 1529, 1566 e 1588). A influencia do polonés tanto na gramática como no vocabulario, comeza a se tornar común despois da Unión de Lublin en 1569. En 1696, o polonés declarouse o único idioma oficial da comunidade polaco-lituana. As clases sociais máis elevadas escolleron a lingua e a cultura polonesas. O bielorruso practicamente desapareceu da literatura.
  • Fase de decadencia: ata o final do século XVI, despois da Unión de Brest (1596), comeza un declive gradual do uso do bielorruso en favor do latín, Debido a tentativa de unificar as igrexas católica e ortodoxa, e despois en favor do polonés a partir do século XVII, ata chegar ao punto de se tornar prohibido o seu uso en documentos oficiais en 1697, prohibición que marca o punto de inflexión máis baixo na historia desta lingua. Durante o século XVIII o bielorruso escrito mantívose vivo grazas ao seu uso en pezas teatrais escolares realizadas en festas relixiosas e outras festas públicas. Despois da división polaco-lituana (1792-1795) a Bielorrusia pasa a integrar o Imperio Ruso, de forma que as autoridades czaristas trataron o país como unha provincia da Rusia e a súa lingua como un dialecto do ruso, prohibindo o uso do bielorruso nas escolas , como tamén textos en bielorruso en calquera xornal, o que non se anulou ata 1905. No comezo do século XX o bielorruso non posuía un alfabeto codificado nin normas ortográficas e gramaticais. Despois de 1914, establécense os alfabetos padróns, latino e cirílico, para deseguida conformar normas gramaticais e ortográficas.
  • Fase de rexurdimento: a división da comunidade polaca constituíu de certa forma o motivo do renacemento da lingua no século XIX. Todo o territorio bielorruso pasou a formar parte do Imperio Ruso. Estudosos rusos e poloneses comezaron, principalmente por cuestións políticas, a estudar a maioritaria poboación rural dos territorios recén adquiridos, coa intención de demostrar que esa xente era rusa ou polonesa. No decorrer desas investigacións, ficou en evidencia a riqueza da súa cultura e do seu folclore, alén de se percibir unha lingua claramente independente: o bielorruso. Cando o Imperio Ruso caeu e os comunistas asumiron o poder en Moscova, favorecendo estes a difusión do ruso por toda a Unión Soviética, de forma que o seu uso está hoxe en día amplamente difundido na educación e na vida pública da Bielorrusia.

Datos estatísticos

Cerca de 3/4 da poboación da Bielorrusia (10 350 000 hab. en 2002) consideran o bielorruso a súa lingua nativa. Hai unha minoría considerábel (cerca de 230.000 hab) na rexión de Białystok, no leste da Polonia que ten como primeira lingua o bielorruso.

É tamén falado por emigrantes no Canadá, Estados Unidos e países da antiga Unión Soviética

Dialectos

Dialectos do bielorruso.

O bielorruso forma unha ponte entre o ucraíno e o ruso e os seus dialectos gradualmente mestúranse cos dialectos rusos e ucraínos nas súas fronteiras.

Os dialectos do bielorruso se dividen en dous ou tres grandes grupos; ambas clasificacións consideran os grupos nororientais e suroccidentais, habendo un terceiro que percorre o país de leste a oeste nunha faixa central. E é este último grupo que se considera como a base da lingua literaria moderna e do bielorruso normativo. No extremo suroccidental hai un dialecto especial, o grupo palesio, da rexión da Palesia, que divide certas partes co ucraíno, existindo varias tentativas de elevalo a lingua baixo o nome de palesiano.

  • Dialectos norteorientais:
    • Grupo Polonés.
    • Grupo Vicebsk-Mahilëu.
  • Dialecto Central:
  • Dialectos sur-occidentais.
    • Grupo Occidental.
    • Grupo Palesio.
    • Grupo Sluck-Babrujsk-Mazyr.

Escrita

Ata o século XVI o bielorruso utilizou só o alfabeto cirílico, mais a partir de entón foi introducido o alfabeto latino nunha variante modificada da ortografía polonesa, tamén coñecida como Lacinka. O primeiro xornal publicado, o Nasza Niwa ("O noso trigal"), que comezou a ser impreso en 1906, traía os textos nas dúas formas de escrita: cirílica e latina, reflectindo a división do pobo bielorruso entre ortodoxos e católicos. Ocasionalmente, o alfabeto árabe tamén foi usado polos tártaros bielorrusos para escribir partes do Corán.

Notas

  1. Xosé Henrique Costas Guía das linguas de Europa. Positivas, 2002, páxina 51

Véxase tamén

Ligazóns externas