Eugenio Granell: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 59: Liña 59:
Nesta etapa comeza a variar a técnica de execución dos seus cadros e dibuxos paulatinamente. Nos cadros comezará a aplicar a pintura con pequenas pinceladas yuxtapuestas, a xeito de escamas, cun resultado final semellante a un mosaico, cuns contornos moi definidos que, como teselas, delimitan as formas e as cores. Preferencia pola [[Arte abstracta|abstracción]], na pintura desaparece a figuración en 1957, cando a familia aséntase definitivamente en [[Nova York]]. Estas características danse nalgúns cadros como ''El volcán de agua'', ''La estrella de Perseo'', ''El palacio flotante en algas y corales''. Trátase de antecendentes que darán pé aos ''Paisajes Mágicos''. Comezan as alusións semánticas ao paisaxe, como en ''El volcán de agua''.
Nesta etapa comeza a variar a técnica de execución dos seus cadros e dibuxos paulatinamente. Nos cadros comezará a aplicar a pintura con pequenas pinceladas yuxtapuestas, a xeito de escamas, cun resultado final semellante a un mosaico, cuns contornos moi definidos que, como teselas, delimitan as formas e as cores. Preferencia pola [[Arte abstracta|abstracción]], na pintura desaparece a figuración en 1957, cando a familia aséntase definitivamente en [[Nova York]]. Estas características danse nalgúns cadros como ''El volcán de agua'', ''La estrella de Perseo'', ''El palacio flotante en algas y corales''. Trátase de antecendentes que darán pé aos ''Paisajes Mágicos''. Comezan as alusións semánticas ao paisaxe, como en ''El volcán de agua''.


En el año 1972 se produce una vuelta a la figuración, desapareciendo la técnica de las pinceladas a modo de escama, mudándolo por un estilo muy caligráfico de trazos barroquizantes. El color adquirirá grandes dimensiones llegando a ser en ocasiones el aspecto más llamativo de los lienzos. Las pinturas adquieren, más que nunca, una dimensión que se acerca al mundo de la ilustración infantil, tomando presencia algunos juegos o personajes próximos a la estética del cómic. Está presente a influencia del [[pop-art]].
No ano 1972 prodúcese unha volta á figuración, desaparecendo a técnica das pinceladas a xeito de escama, mudándoo por un estilo moi caligráfico de trazos barroquizantes. A cor adquirirá grandes dimensións chegando a ser en ocasións o aspecto máis rechamante dos cadros. As pinturas adquiren, máis que nunca, unha dimensión que se achega ao mundo da ilustración infantil, tomando presencia algúns xogos ou persoaxes próximos á estética da [[banda deseñada]]. Está presente a influencia do [[pop-art]].


==== España 1985-2001 ====
==== España 1985-2001 ====

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2015 ás 06:53

Eugenio Fernández Granell, nado na Coruña o 28 de novembro de 1912 e finado o 24 de outubro de 2001, foi un pintor e escritor galego.

Traxectoria

Viviu a maior parte da súa infancia en Santiago de Compostela. En 1928 trasladouse a Madrid para cursar estudos de violín na Escuela Superior de Música. Alí coñeceu ao compositor e director Enrique Casal Chapí. Comenzou a asistir a faladoiros políticos e literarias nos cafés madrileños. Os seus amigos Benjamín Péret e Wilfredo Lam achégano á órbita do Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM), no que comenzou a militar en 1935.

Ao iniciarse a sublevación do 18 de xullo de 1936 uniuse ás milicias para defender a capital e combinou esta actividade coa dirección de El Combatiente Rojo, o periódico do POUM. Finalizada a guerra foi dobremente perseguido; por una parte polo vitorioso exército fascista e por outra os seus propios camaradas comunistas, ao ser considerado o POUM inimigo do comunismo.

Exilio

En 1939 trasladouse a Francia, pasou por diversos campos de concentración ata que, logo de varios intentos, conseguiu fuxir y chegar a París para buscar unha saída á súa situación, partindo a sudamérica. No tren que o conducía ao porto de La Havre coñeceu a Amparo Segarra, catalá que fuxía da represión franquista, que se converteu na súa compañeira.[1]

Embarcaron cara Chile pero, ante a imposibilidade deste país para acoller a máis refuxiados, desvíanse á República Dominicana, onde se instalou xunto a Amparo na capital, Ciudad Trujillo. Alí entrou a formar parte da Orquestra Sinfónica como primeiro violín. En 1941 coñeceu a André Breton ao entrevistalo para o diario La Nación. Deste encontro xurdiu unha amizade que durou ata a morte deste en 1966. En 1944 publicou o libro de relatos El hombre verde[2]

En 1946 co endurecemento da ditadura de Trujillo, negouse a asinar unha carta de adhesión ao réxime, polo que deben abandonar o país e trasládanse a Guatemala. Alí ingresou como profesor na Escuela de Artes Plásticas, mantendo unha intensa actividade cultural. Colaborou na Radio Nacional de Guatemala, publicou artigos nas revistas Plástica e Revista de Guatemala e participou na creación da Asociación Guatemalteca de Escritores y Artistas Revolucionarios (AGEAR).

Ao inicio da revolución guatemalteca, en 1950, tivo que fuxir do país por temor á persecución stalinista. Esta vez a familia Granell-Segarra marchou a Puerto Rico, onde o artista ocupou a cátedra de Historia da Arte na Facultade de Humanidades. Nestes anos publicou Isla Cofre Mítico e participou en diversas exposicións colectivas na universidade portorriqueña. Aquí naceu a súa profunda amizade con Juan Ramón Jiménez[2]

En 1958 coñeceu a Marcel Duchamp, que loou a súa arte -poética e pictórica-, o que levou a Granell a reforzar a súa actividade como pintor surrealista. Ese ano trasladouse a Nova York de forma definitiva, e ingresou como catedrático de Literatura Española no Brooklyn College. Xunto á súa tese de doutoramento Sociological Perspectives of Guernica -coñecida en castelán como El Guernica de Picasso; el fin de una era española- publicou Federica no era tonta y otros cuentos e La leyenda de Lorca y otros escritos.

Regreso a España

Trasladouse a España definitivamente en 1985. Recibiu numerosos premios como a Medalla de Oro de las Bellas Artes e a Medalla de Ouro de Galicia (2001).

Fundación Eugenio Granell

A Fundación Eugenio Granell estableceuse en Santiago de Compostela en 1995, cidade da que foi nomeado fillo adoptivo en 1997. A súa se principal está no Pazo de Bendaña.

Características da súa obra pictórica

Segundo viaxou e se rodeou de diferentes autores contemporáneos, as influencias variaron as características xerais da súa obra pictórica, que se desglosan nos seguintes subapartados:

Santo Domingo 1940-1947

  • El hilo del azar (s/f)
  • Descanso en las nubes (1942)
  • Figuras jugando (1945)
  • Armida (1943)
  • Amistad (1946)

As obras desta primeira etapa caracterízanse pola heteroxeneidade de iconografía e estilo, consecuencia de diversas influencias como as de Picasso, Wilfredo Lam ou Miró. Hai obras moi diversas; os seus trazos máis representativos son a facilidade de debuxo, unha maior tendencia cara cores máis planos que noutras etapas posteriores, organicidade de formas e unha valoración do oco xunto con certo dinamismo, influenciados pola obra de Picasso dos anos 20. Nesta etapa tamén hai unha presencia de figuras antropomorfas, como por exemplo en Armida (1943).

Guatemala 1947-1950

  • Cabeza de indio (1945)
  • Curandero indio (1946)
  • Los blasones mágicos del vuelo tropical (1947) [3]

A influencia de Picasso volve estar moi presente nesta segunda etapa, na que leva a cabo unha serie de retratos de cabezas de indios, como por exemplo Cabeza de indio ou Curandero indio; que presentan trazos étnicos e mostran unha estética derivada do cubismo con elementos que refiren ás vangardas históricas europeas. Así encontramos unha alusión a máscaras de civilizacións primitivas, con gran cromatismo, síntese de formas, trazos lineais grosos que definen o contorno e as liñas básicas da composición resólvense cun gusto xeométrico-construtivo (triángulos, rombos, trapecios...). Ademais caracterízanse pola ausencia de fondo, configurándose cunha cor plana ou con pequenos atisbos de gradación tonal.

Puerto Rico 1950-1956

  • Noche de paz noche de amor (1956)
  • Génesis probable del blasón (1956)
  • La vitrina del entomólogo (1952-1954)

Se trata de la etapa de plena madurez del pintor, en ella las metamorfosis ampliarán su espectro y definición formal. Su obra es más pictórica que nunca, enfatizando la graduación tonal, la definición lineal, a descripción morfológica de sus criaturas, el relieve y el cromatismo. Deriva hacia construcciones orgánicas, a veces no exentas de erotismo y en las que será complicado reconocer se en esos conjuntos metamorfoseados se encuentran personajes fantásticos, máquinas desconocidas o paisajes oníricas y siderales. Hay por lo tanto una indefinición cognoscitiva que contrasta con el gran detalle formal con el que se resuelven técnicamente las imágenes.

Estados Unidos 1956-1985

  • Figuras llamando a una puerta incendiada (1976)
  • El volcán de agua (1954)
  • La estrella de Perseo (1957)
  • El palacio flotante en algas y corales (1963)
  • La dama del aire (1976)

Nesta etapa comeza a variar a técnica de execución dos seus cadros e dibuxos paulatinamente. Nos cadros comezará a aplicar a pintura con pequenas pinceladas yuxtapuestas, a xeito de escamas, cun resultado final semellante a un mosaico, cuns contornos moi definidos que, como teselas, delimitan as formas e as cores. Preferencia pola abstracción, na pintura desaparece a figuración en 1957, cando a familia aséntase definitivamente en Nova York. Estas características danse nalgúns cadros como El volcán de agua, La estrella de Perseo, El palacio flotante en algas y corales. Trátase de antecendentes que darán pé aos Paisajes Mágicos. Comezan as alusións semánticas ao paisaxe, como en El volcán de agua.

No ano 1972 prodúcese unha volta á figuración, desaparecendo a técnica das pinceladas a xeito de escama, mudándoo por un estilo moi caligráfico de trazos barroquizantes. A cor adquirirá grandes dimensións chegando a ser en ocasións o aspecto máis rechamante dos cadros. As pinturas adquiren, máis que nunca, unha dimensión que se achega ao mundo da ilustración infantil, tomando presencia algúns xogos ou persoaxes próximos á estética da banda deseñada. Está presente a influencia do pop-art.

España 1985-2001

  • Escaramuza tribal en el centro mismo de Madrid (1993)
  • El pajarero busca a su ruiseñor (1993)
  • El artista escultor atempera con flores la rebelión de sus monumentos (1989)
  • El príncipe constante (1990)

Nesta etapa faise patente unha simplificación cromática e a redución dos elementos compositivos. É común que o fondo prescinda de escenografía, configurándose en líñas de horizonte simples ou quebradas, que delimitarán masas de cores planas de distinta intensidade. Estes recursos potencian a monumentalidade das figuras e incrementa a descrición das roupas e a morfoloxía das mesmas, provocando un forte contraste. Poténciase a falla de perspectiva e polo tanto, o achandamento do conxunto. Ademais hai un incremento do uso da cor negra, tanto como líña de contorno xeradora de formas como unha cor autónoma máis. Outro grupo de obras caracterízase por composicións máis barrocas, próximas á indefinición naturalista, con fortes contrastes cromáticos e ausencia de gradación tonal.

Notas

  1. VV.AA., Eugenio Fernández Granell, Ministerio de Asuntos Exteriores, Dirección General de Relaciones Culturales y Científicas, Madrid, 2003.
  2. 2,0 2,1 VVAA Eugenio F. Granell. Una visió surrealista, Sala Dalmau de Barcelona. VVAA Catálogo de Eugenio Granell en Sala Dalmau.Noviembre 2010 – enero 2011
  3. Vázquez Varela, Yzquierdo Perrín, García Iglesias e Castro Fernández (1996). 100 obras mestras da Arte Galega. Vigo: Nigra Arte. pp. 196–197. ISBN 84-87709-50-8. 

Véxase tamén

Ligazóns externas