Punto cardinal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 25: Liña 25:
De aí, por tanto, a dualidade no nome dese punto cardinal: Norte, Sur, '''Leste (ou Este)''', Oeste.
De aí, por tanto, a dualidade no nome dese punto cardinal: Norte, Sur, '''Leste (ou Este)''', Oeste.
[[Ficheiro:Rosa dos Ventos dsfdfdsdsaljdl.jpg|miniatura|300px|dereita|Puntos cardinais e colaterais na práctica.]]
[[Ficheiro:Rosa dos Ventos dsfdfdsdsaljdl.jpg|miniatura|300px|dereita|Puntos cardinais e colaterais na práctica.]]
Mais para os puntos colaterais os nomes compóñense, a palabra "este" vai ao final e non será preciso pór un "l" diante dela porque non se confunde Suroeste con Sueste nin Noroeste con Nordeste. Fican, por tanto, os nomes dos oito puntos colaterais:
Porén, para os puntos colaterais os nomes compóñense: a palabra "este" vai ao final e non será preciso pór un "l" diante dela porque non se confunde Suroeste con Sueste nin Noroeste con Nordeste. Fican, por tanto, os nomes dos oito puntos colaterais:
* Nordés ou nordeste, iniciais '''NE'''.
* Nordés ou nordeste, iniciais '''NE'''.
* Sueste, iniciais '''SE'''. (Tamén se ouve moito o termo ''sudeste'', mais non é admitido no dicionario da RAG)
* Sueste, iniciais '''SE'''. (Tamén se ouve moito o termo ''sudeste'', mais non é admitido no dicionario da RAG)

Revisión como estaba o 3 de outubro de 2015 ás 09:26

Puntos cardinais

Os puntos cardinais son as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que conforman un sistema de referencia cartesiano para representar a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre. Estes puntos cardinais son: o Leste, que vén sinalado polo lugar aproximado onde sae o sol cada día; o Oeste, o punto indicado polo ocaso do sol no seu movemento aparente, e se á liña Este-Oeste a consideramos como o eixo das abscisas nun sistema de coordenadas xeográficas, o eixo das coordenadas estaría descrito por liña Norte-Sur. Esta composición xera catro ángulos de noventa graos que á súa vez se dividen polas bisectrices, xerando Noroeste, Suroeste, Nordés e Sueste. Repítese a mesma operación e obtense a Rosa dos ventos que é usada en navegación desde séculos ancestrais e cobre as 32 direccións principais do movemento na superficie terrestre.

Etimoloxía

A palabra cardinal derívase do nome latino «cardo», que identificaba, nas cidades romanas, á rúa trazada de Norte a Sur e que pasaba polo centro da cidade. Isto significa que o único punto verdadeiramente cardinal, polo menos desde o punto de vista etimolóxico, debería ser o Norte e en menor grao, o Sur. Por iso úsase a expresión «dunha importancia cardinal» cando se quere resaltar esa importancia. Dos puntos cardinais, é o Norte o que identifica a dirección da orientación polo que adoita dicirse en sentido figurado que unha persoa perdeu o seu norte cando se atopa desorientada ou perdeu o seu rumbo. Con todo, esta idea resulta case paradoxal, no sentido de que para orientarse, as persoas situamos primeiro o Leste ou o Oeste ou o Sur no hemisferio norte en horas do mediodía, mentres que o Norte non resulta tan evidente (salvo no hemisferio sur tamén en horas do mediodía). De feito, o Leste tamén recibe o nome de Oriente porque a saída do sol polo Leste serviu tradicionalmente para orientarnos nun lugar determinado.

Coñécense tamén os puntos cardinais como as catro direccións ou puntos principais da compás, que son:

  • Norte, inicial N.
  • Sur, inicial S.
  • Leste, inicial L ou E.
  • Oeste, inicial O ou internacional W, de west.

Os nomes dos puntos cardinais son de orixe xermánico (Nordri = Norte, Sudri = Sur, Austri = Leste e Vestri = Oeste; na Mitoloxía escandinava) e incorporáronse nunha época relativamente recente á lingua galega e ao resto das linguas derivadas do latín. Antes, os nomes dos puntos cardinais eran, en galego:

O termo Mediodía tamén se refire á rexión meridional dun país no Hemisferio Norte, especialmente en Italia (Mezzogiorno) e en Francia (Midi), precisamente porque estas rexións sitúanse cara ao lado onde se atopa o sol ao mediodía con relación ao resto do país.

Dualidade Leste-Este e puntos colaterais

A palabra "Este" pode ser confundida coa palabra "Oeste", especialmente nos avisos e as instrucións no mar. Por exemplo, a frase "O vento vén do Este" pode ser confundida con "O vento vén do Oeste" ao ser transmitida oralmente. Por iso na linguaxe mariñeira, cando a palabra "Este" é referida nunha frase, sempre se di "Leste": "vén do Leste" non ten confusión posíbel con "vén do Oeste".

De aí, por tanto, a dualidade no nome dese punto cardinal: Norte, Sur, Leste (ou Este), Oeste.

Puntos cardinais e colaterais na práctica.

Porén, para os puntos colaterais os nomes compóñense: a palabra "este" vai ao final e non será preciso pór un "l" diante dela porque non se confunde Suroeste con Sueste nin Noroeste con Nordeste. Fican, por tanto, os nomes dos oito puntos colaterais:

  • Nordés ou nordeste, iniciais NE.
  • Sueste, iniciais SE. (Tamén se ouve moito o termo sudeste, mais non é admitido no dicionario da RAG)
  • Suroeste, iniciais SO ou SW.
  • Noroeste, iniciais NO ou NW.

Como se pode apreciar claramente, a pesar de a RAG admitir os símbolos NL e SL á par de NE e SE, os dous primeiros non son necesarios pois na práctica nunca vai ser preciso dicir norleste ou suleste.

Ao compor de novo para obter os dezaseis puntos sub-colaterais, é preciso pór o "l" outra vez cando a palabra resultante comezar por "Este":

  • Nor-nordés, iniciais NNE, é o intermedio entre o norte e o nordés.
  • Les-nordés, iniciais LNE ou ENE, é o intermedio entre o leste e o nordés.
  • Les-sueste, iniciais LSE ou ESE, é o intermedio entre o leste e o sueste.
  • Sur-sueste, iniciais SSE, é o intermedio entre o sur e o sueste.
  • Sur-suroeste, iniciais SSO ou SSW, é o intermedio entre o sur e o suroeste.
  • Oeste-suroeste, iniciais OSO ou WSW, é o intermedio entre o oeste e o suroeste.
  • Oeste-noroeste, iniciais ONO ou WNW, é o intermedio entre o oeste e o noroeste.
  • Nor-noroeste, iniciais NNO ou NNW, é o intermedio entre o norte e o noroeste.

Pódese continuar a compor recursivamente, aínda que é pouco usual nomear puntos menores que os sub-colaterais.

Véxase tamén

Outros artigos