Cerponzóns, Pontevedra: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Vicente mediante HotCat |
+ imaxes |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais. |
Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais. |
||
==Galería de imaxes== |
|||
<gallery> |
|||
Ficheiro:N-550 Tilve, Cerponzóns.jpg|Vista de Tilve e ponte sobre o [[río Rons]] nun tramo vello da N.550. |
|||
Ficheiro:Cruceiro A Balea, Cerponzóns.jpg|Cruceiro na Balea. |
|||
Ficheiro:Leguario Cerponzóns.jpg|Fito de legua na N-550 ao seu paso polo Cunchido. |
|||
</gallery> |
|||
==Lugares e parroquias== |
==Lugares e parroquias== |
Revisión como estaba o 30 de setembro de 2015 ás 08:23
Coordenadas: 42°28′33″N 08°38′28″O / 42.47583, -8.64111
Cerponzóns | |
---|---|
Ficheiro:Cerponzóns.jpg igrexa parroquial | |
Concello | Pontevedra |
Coordenadas | 42°28′33″N 8°38′28″O / 42.47583333, -8.64111111Coordenadas: 42°28′33″N 8°38′28″O / 42.47583333, -8.64111111{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Poboación | 806 hab. (2008) |
Entidades de poboación | 13 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. No ano 2008 tiña un total de 806 habitantes, 422 homes e 384 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 815 habitantes (424 mulleres e 391 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 845 habitantes.
Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.
Patrimonio
A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra.
Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.
A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Neste río está o embalse de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.
Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.
Galería de imaxes
-
Vista de Tilve e ponte sobre o río Rons nun tramo vello da N.550.
-
Cruceiro na Balea.
-
Fito de legua na N-550 ao seu paso polo Cunchido.
Lugares e parroquias
Lugares de Cerponzóns
Lugares da parroquia de Cerponzóns no concello de Pontevedra | |
---|---|
A Balea | Bouza | O Bravo | O Castrado | A Costa | O Cunchido | A Ermida | Leborei | A Meán | Pidre | O Queimado | San Caetano | Tilve | Vigario |