Mar Negro: Diferenzas entre revisións
Liña 75: | Liña 75: | ||
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|10||align=left|'''[[Burgas]]'''||[[Bulgaria]]||[[Provincia de Burgas|Burgas]]||223,902<ref>{{Cita web|url=http://rapor.tuik.gov.tr/reports/rwservlet?adnksdb2&ENVID=adnksdb2Env&report=wa_turkiye_ilce_koy_sehir.RDF&p_il1=67&p_ilce1=1741&p_kod=2&p_yil=2011&p_dil=1&desformat=html |title=Instituto Estatístico de Turquía |publisher=Rapor.tuik.gov.tr |date= |accessdate=2014-03-06}}</ref> |
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|10||align=left|'''[[Burgas]]'''||[[Bulgaria]]||[[Provincia de Burgas|Burgas]]||223,902<ref>{{Cita web|url=http://rapor.tuik.gov.tr/reports/rwservlet?adnksdb2&ENVID=adnksdb2Env&report=wa_turkiye_ilce_koy_sehir.RDF&p_il1=67&p_ilce1=1741&p_kod=2&p_yil=2011&p_dil=1&desformat=html |title=Instituto Estatístico de Turquía |publisher=Rapor.tuik.gov.tr |date= |accessdate=2014-03-06}}</ref> |
||
|} |
|} |
||
{{Clear}} |
|||
== Notas == |
== Notas == |
Revisión como estaba o 30 de setembro de 2015 ás 06:26
O Mar Negro é un mar interior entre o sueste de Europa e Asia Menor. Conéctase co Mar Mediterráneo polo Bósforo e o Mar de Mármara, e ao Mar de Azov polo estreito de Kerch.
Características
Hai un importante fluxo de auga a través do Bósforo, 200 km³ por ano e de auga dóce das áreas adxacentes, especialmente da Europa Central e Oriental, totalizando 320 km³ por ano. O río máis importante a desaugar no Mar Negro é o río Danubio. O Mar Negro ten unha área de 422,000 km² e unha profundidade máxima de 2210 m.
Os países que costean o Mar Negro son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia e Xeorxia. A península da Crimea é unha república autónoma da Ucraína.
Formación
Teoría da conexión co Mediterráneo durante o Holoceno
O Mar Negro atópase conectado co sistema mundial de océanos mediante un sistema de dous estreitos encadeados, o Estreito dos Dardanelos e o Estreito do Bósforo. Os dardanelos ten unha profundidade de 55 metros e o Bósforo de 36.
Tamén existen evidencias que indican que o nivel de auga no Mar Negro era considerabelmente menor durante o período glaciar, isto explica que os arqueólogos atoparan restos de moluscos de auga doce e estruturas constuídas polo home a uns 100 metros de distancia da costa actual de Turquía. A datación por radiocarbono destes moluscos indica que teñen unha idade de uns 7.000 anos.
Tendo en conta estes feitos existe un acordo en que durante a última glaciación e certos tempo despois do seu final o Mar Negro foi un lago de auga doce pechado. Tempo despois da era glaciar os niveis de auga do mar Negro e o mar Exeo eleváronse de maneira independiente ata alcanzar o punto no cal se atopan na actualidade. Sobre o punto no que aínda existe debate é o momento no que ocurriu tal conexión. Unha das teorías é que o mar Negro se encheu primeiro e que a auga doce superaba os actuais estreitos do Dardanelos e Bósforo e desaugaba no Mar Mediterráneo.
Teoría da inundación ou o diluvio
En 1997 William Ryan e Walter Pitman, da Universidade de Columbia, publicaron unha teoría segundo a cal se produxo unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao 5.600 a.C o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares.
Historia
Dende a antiguidade foi escenario de loitas pola exemonía das súas augas, principalmente entre as grandes potencias do Imperio Otomán, que controlaba a entrada ao mesmo, e o Imperio Ruso. Na época moderna adquiriu unha nova importancia ao ser unha das vías de entrada do gas natural ruso en Europa.
- Guerra de Crimea (1854-1856). Contenda entre o Imperio Ruso e o Imperio Otomán, a quen apoiaban as potencias europeas Francia e Reino Unido. A contenda centrabase sobre rivalidades relixiosas entre ortodoxos e católicos, e o dominio de Moldavia e Valaquia pero focalizouse principalmente na península de Crimea.
Etimoloxía
O nome de Mar Negro tería como orixe a atribución polos turcos de cores aos puntos cardinais, o "negro" para o Norte, o "azul" para o Oeste, o "branco" para o Sur e o "verde" para o Leste. Ao estar este mar (deniz en turco) ao norte de Turquía, foi designado kara ("negro"), en turco Karadeniz ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar Mediterráneo, ao sur, sempre é chamado mar Branco, en turco Akdeniz (non confundir co mar Branco actual).
Fauna
O Mar Negro conta con especies animais características como son:
- O mexillón cebra: O Mar Negro é, xunto ao Mar Caspio, o lugar de orixe desta especie de onde se foi extendendo a través da acción do home a gran parte do planeta. Na actualidade está considerada como especie invasora na maior parte destes lugares de destino.
- A carpa común ou europea: É orixinaria tanto do Mar Negro coma do Caspio e o Mar de Aral. Ao igual que o mexillón cebra é unha especie invasora en gran número de ecosistemas.
- O neogobius melanostomus: Tamén é orixinaria do Mar Negro e Caspio e tamén é unha perigosa especie invasora, como por exemplo nos Grandes Lagos de América do Norte.
Poboación
As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen Estambul (antigamente Constantinopla e Bizancio), Burgas, Varna, Constanţa, Ialta, Odesa, Sebastopol, Batumi, Trebisonda, Samsun e Zonguldak.
Áreas urbanas máis poboadas en torno ao Mar Negro. | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pos. | Cidade | País | Rexión | Poboación urbana | ||||||
1 | Estambul | Turquía | Estambul | 13.624.240[1] | ||||||
2 | Odesa | Ucraína | Odesa | 1.003.705 | ||||||
3 | Samsun | Turquía | Samsun | 535.401[2] | ||||||
4 | Sebastopol | Ucraína | Crimea | 379,200 | ||||||
5 | Sochi | Rusia | Krasnodar Krai | 343,334 | ||||||
6 | Varna | Bulgaria | Varna | 334,870 | ||||||
7 | Trebisonda | Turquía | Trebisonda | 305,231[3] | ||||||
8 | Constanţa | Romanía | Constanța | 283,872[4] | ||||||
9 | Novorosíisk | Rusia | Krasnodar Krai | 241,952 | ||||||
10 | Burgas | Bulgaria | Burgas | 223,902[5] |
Notas
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ Stiati.ca. "Cele mai mari orase din Romania". Stiati.ca. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Negro |