Bebida de cola: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m *Sudáfrica -> Suráfrica
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Glass cola.jpg|dereita|250px|thumb|Presentación habitual da cola, con xeo e limón]]
[[Ficheiro:Glass cola.jpg|dereita|250px|thumb|Presentación habitual da cola, con xeo e limón]]
[[File:15-09-26-RalfR-WLC-0098.jpg|thumb|upright|Coca-Cola]]
Unha '''bebida de cola''' é un [[refresco]] usualmente saborizado con [[caramelo]] colorado, e que frecuentemente posúe [[cafeína]].<ref name="flavoring">{{Cita web|url=http://www.wisegeek.com/what-is-cola-flavored-with.htm|título=What is Cola Flavored with?|dataacceso=19-06-2007}}</ref>
Unha '''bebida de cola''' é un [[refresco]] usualmente saborizado con [[caramelo]] colorado, e que frecuentemente posúe [[cafeína]].<ref name="flavoring">{{Cita web|url=http://www.wisegeek.com/what-is-cola-flavored-with.htm|título=What is Cola Flavored with?|dataacceso=19-06-2007}}</ref>



Revisión como estaba o 29 de setembro de 2015 ás 18:06

Presentación habitual da cola, con xeo e limón
Coca-Cola

Unha bebida de cola é un refresco usualmente saborizado con caramelo colorado, e que frecuentemente posúe cafeína.[1]

Creada polo farmacéutico John Pemberton, orixinalmente vendíase en farmacias; actualmente converteuse nun tipo de bebida famosa mundialmente.

Sabor

Malia o seu nome, os seus ingredientes principais son azucre (ou adozantes nas versións light), aceites cítricos (laranxa, lima ou pela de limón), canela, vainilla e un saborizante acedo, os cales na súa xusta medida e proporción se dilúen en auga carbonatada xunto a colorantes e conservantes.[2] Moitos fabricantes de bebidas de cola engaden outros ingredientes a estes para crear un sabor propio da marca. Estes inclúen noz moscada, lavanda e unha gran variedade de ingredientes mais sendo a base principal, que a xente recoñece, vainilla e canela. A noz de cola (sementes da árbore da cola: Cola acuminata), que teñen un sabor amargo, contribúen en menor medida ou ningunha na meirande parte das receitas. A acidez é aportada polo ácido fosfórico, por veces acompañado dalgún ácido cítrico ou illado.

As bebidas de cola máis baratas conteñen só vainilla e canela como base do seu sabor. Algunhas receitas de bebida de cola son segredos industriais ben agochados, sendo o máis sonado a este respecto o da Coca-Cola.

Algúns adozantes coma o xarope de frutosa, o azucre e outros, adoitan ser usados na elaboración da bebida de cola. As bebidas marcadas coma "light", "zero", "diet ou "sen azucre" utilizan só edulcorantes artificiais.

Na elaboración das primeiras receitas de bebida de Cola usábanse follas de coca e sementes de Cola acuminata (noz de cola), na procura dunha menciña contra a dor de cabeza grazas a que conteñen alcaloides psicoestimulantes. Disque de alí provén o mundialmente famoso nome da Coca Cola.

Marcas

Unha lata de Cola Turka, unha bebida de cola de Turquía.
Unha botella da bebida de cola alemá, Vita Cola.

As marcas máis importantes a nivel mundial son Coca-Cola, Pepsi, e RC Cola. Hai moitas marcas locais para enunciar, feitas por produtores rexionais, mais que nalgúns países son a primeira marca.

Europa

Asia e Oriente medio

Unha botella de Zam Zam Cola, unha bebida de cola de Irán.

Américas

Reaccións químicas

Por conteren gas, as bebidas de cola son acedas (o ácido carbónico fórmase cando o dióxido de carbono se disolve na auga), e poden reaccionar violentamente con bases químicas coma o bicarbonato de sodio. Moitas bebidas de cola tamén conteñen ácido fosfórico e/ou ácido cítrico, que incrementa altamente a acidez.

O experimento de erupción con Coca-Cola Light e Mentos converteuse en bastante popular, especialmente en sitios como YouTube, dedicándolle tamén un capítulo de "Mythbusters" ("Cazadores de mitos"). Os caramelos Mentos e os pos cristalizados coma o azucre ou o sal, cando son engadidos á cola (xeralmente light), causaban unha alta reacción ao crear pequenas burbullas de dióxido de carbono. Isto prodúcese pola reacción física ao ceibar CO2 disolto. Outro experimento implica engadir xeo seco, fornecendo dióxido de carbono adicional que fai que o dióxido de carbpono presente na bebida saia desta, facendo que a botella estoupe.

En calquera caso, ao mesturarmos estas substancias con cola (ou calquera outra ebbida carbonatada) fai burbullar a bebida, creando escuma e incrementando a presión na botella, que fai que a tampa saia disparada.[4]

Etimoloxía

Cola procede do nome vulgar en linguas africanas da árbore da cola: kola. Coa noz de cola aromatizábanse as primeiras bebidas.

Saúde

Unha revisión de estudos[5] expón o efecto prexudicial para o esmalte dental das bebidas de cola, é dicir: a produción da carie dental, nisto interveñen dous factores destas bebidas: o contido de sacarosa e o baixo pH.[6]

Un estudo de 2007 atopou que o consumo de refrescos de cola, tanto aqueles que contiñan adozante natural coma artificial, asociáronse cun maior risco de enfermidade renal crónica. O ácido fosfórico utilizado nas bebidas de cola seica sexa unha posíbel causa.[7] Beber dos o más de estas bebidas por día duplica la frecuencia de afecciones de riñón, mientras que bebidas de cola con ácido cítrico no tienen este efecto.

El consumo de refrescos de cola, pero no de otras bebidas gaseosas, se asocia con una baja densidad mineral ósea en las mujeres; se necesitan más estudios y se desconoce su relevancia clínica.[8]

Notas

  1. "What is Cola Flavored with?". Consultado o 19-06-2007. 
  2. "Notes On Making Cola". 
  3. http://www.aguasdemondariz.com/gl/catalogo/mondariz/mondariz-refrescos/mondariz-premium-cola-bandexa-24-unidades-no-retornable-con-gas
  4. Chin TW, Loeb M, Fong IW (1995). "Effects of an acidic beverage (Coca-Cola) on absorption of ketoconazole". Antimicrob. Agents Chemother. 39 (8): 1671–5. PMC 162805. PMID 7486898.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)
  5. Walsh, Laurence J. (2008). The University of Queensland, ed. "Black cola drinks, oral health and general health: an evidence-based approach." (PDF). 
  6. Bruce Hamilton (2011, Nov). stason.org, ed. "Chemistry FAQ: What is the pH of Coca-cola?". 
  7. Saldana TM, Basso O, Darden R, Sandler DP. (2007). Epidemiology, ed. "Carbonated beverages and chronic kidney disease". 
  8. Tucker KL, Morita K, Qiao N, Hannan MT, Cupples LA, Kiel DP. (2006). Am J Clin Nutr, ed. "Colas, but not other carbonated beverages, are associated with low bone mineral density in older women: The Framingham Osteoporosis Study.". 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas