Sorbitol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 30 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q245280
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
O '''sorbitol''' é un azucre de tipo [[poliol]] (fórmula empírica: C<sub>6</sub>H<sub>8</sub>(OH)<sub>6</sub>) que o organismo [[metabolismo|metaboliza]] lentamente. Emprégase como [[edulcorante]] e como espesante nos [[alimento]]s. Cualifícase como edulcorante nutritivo porque cada gramo proporciona catro [[caloría|calorías]], ó mesmo que o [[azucre|azucre de mesa]] e o [[amidón]].

Ten as mesmas vantaxes e inconvenientes ca [[frutosa]] e é o edulcorante máis habitual nos chicles "sen azucre". No fígado pode transformarse en [[glicosa]] e frutosa. Se se toma unha dose alta (máis de 50 gramos de sorbitol día), pode causar diarrea.
Ten as mesmas vantaxes e inconvenientes ca [[frutosa]] e é o edulcorante máis habitual nas gomas de mascar "sen azucre". No fígado pode transformarse en [[glicosa]] e frutosa. Se se toma unha dose alta (máis de 50 gramos de sorbitol día), pode causar diarrea.

O sorbitol encóntrase de xeito natural nalgúns alimentos e tamén se produce industrialmente, por redución do [[monosacárido]] máis corrente, a glicosa, con hidróxeno. Tamén se forma no corpo humano. A [[retinopatía]] e a [[neuropatía]] [[diabetes|diabética]] poderían estar relacionadas coa presenza de demasiado sorbitol nas [[célula]]s dos [[ollo]]s e os [[nervio]]s.

Revisión como estaba o 28 de setembro de 2015 ás 15:23

Sorbitol
Sorbitol

O sorbitol é un azucre de tipo poliol (fórmula empírica: C6H8(OH)6) que o organismo metaboliza lentamente. Emprégase como edulcorante e como espesante nos alimentos. Cualifícase como edulcorante nutritivo porque cada gramo proporciona catro calorías, ó mesmo que o azucre de mesa e o amidón.

Ten as mesmas vantaxes e inconvenientes ca frutosa e é o edulcorante máis habitual nas gomas de mascar "sen azucre". No fígado pode transformarse en glicosa e frutosa. Se se toma unha dose alta (máis de 50 gramos de sorbitol día), pode causar diarrea.

O sorbitol encóntrase de xeito natural nalgúns alimentos e tamén se produce industrialmente, por redución do monosacárido máis corrente, a glicosa, con hidróxeno. Tamén se forma no corpo humano. A retinopatía e a neuropatía diabética poderían estar relacionadas coa presenza de demasiado sorbitol nas células dos ollos e os nervios.

Atópase en cantidades apreciables nas algas pardas e, xunto coa frutosa, a glicosa e a sacarosa, en froitos como as peras, as mazás, as cereixas e os melocotóns.

É un sólido higroscópico que se utiliza na industria como humectante para manter diversos produtos cun grao de humidade apropiado. Utilízase na elaboración de alimentos, fármacos e produtos químicos. Utilízase tamén como acondicionador de papel, téxtiles, colas e cosméticos, e tamén como emulsiónante na fabricación de pasteis e doces co obxecto de impedir que se separen a fase acuosa e a fase graxa nestes alimentos.

Como aditivo alimentario, o seu código é o E-420-i. O E-420-ii é o xarope de sorbitol.

Ó ter maior poder edulcorante que o azucre, obtense o mesmo sabor doce cunha cantidade inferior de sorbitol que a que sería necesaria empregando azucre común.