One World Trade Center: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15: Liña 15:
{{Reflist|colwidth = 30em|refs = <ref name="ruchelman-p11">Ruchelman (1977), p. 11</ref>}}
{{Reflist|colwidth = 30em|refs = <ref name="ruchelman-p11">Ruchelman (1977), p. 11</ref>}}


[[Categoría:Arquitectura de Nova York]]
[[Categoría:Arquitectura en Nova York]]
[[Categoría:Rañaceos]]
[[Categoría:Rañaceos]]

Revisión como estaba o 25 de setembro de 2015 ás 18:53

O One World Trade Center (tamén coñecido como 1 World Trade Center, One WTC e 1 WTC; o edificio actual foi bautizado a "Torre da Liberdade" durante a planificación inicial) refírese ao principal edificio do novo complexo "World Trade Center" (en galego: Centro do Comercio Mundial) na parte baixa de Manhattan, Cidade de Nova York.[1] É o rañaceos máis alto do Hemisferio Occidental, e o quinto máis alto do mundo. A megaestrutura de 104 pisos comparte o nome numérico coa Torre Norte do World Trade Center orixinal, o cal foi destruído nos ataques terroristas do 11 de setembro de 2001. O novo rañaceos sitúase no recanto noroeste da parcela de 6,5 ha (16 acres) do World Trade Center, no sitio do orixinal 6 World Trade Center. O edificio limita con West Street polo oeste, Vesey Street ao norte, Fulton Street ao sur, e Washington Street ao leste.

A construción da relocalización das utilidades subterráneas, zapatas, e os cimentos para o edificio novo empezaron o 27 de abril do 2006. O One World Trade Center converteuse na estrutura máis alta da Cidade de Nova York o 30 de abril do 2012, cando superou a altura do Empire State Building. A estrutura de aceiro da torre foi coroada o 30 de agosto do 2012. O 10 de maio do 2013, o compoñente final da antena do rañaceos foi instalado, facendo que o edificio, incluíndo a súa antena, lograse unha altura total de 1,776 pés (541 m). A súa altura en pés é unha referencia deliberada ao ano cando a Declaración de Estados Unidos de Independencia foi asinada. O edifico abriu as súas portas o 3 de novembro do 2014.

O 30 de marzo do 2009, a Port Authority de Nova York e Nova Jersey confirmou que o edificio sería coñecido legalmente como "One World Trade Center", non "Torre da Liberdade", como se lle denominou coloquialmente. O edificio ascende 104 plantas estándar, pero só consta de 94 plantas reais.

O novo complexo World Trade Center finalmente incluirá cinco rañaceos de oficinas ao longo da Rúa Greenwich, así como o Museo e Monumento conmemorativo Nacional do 11 de setembro, localizado xusto ao sur do One World Trade Center, onde se encontraban as Torres Xemelgas orixinais. A construción do edificio novo é parte dun esforzo para homenaxear e reconstruír ao World Trade Center orixinal despois da súa destrución.

Edificio orixinal (1970–2001)

Construción

One World Trade Center baixo construción en 1971

References

  1. "One World Trade Center to become NYC's tallest building".
Erro no código da cita: A etiqueta <ref> co nome "ruchelman-p11" definida en <references> non se utiliza no texto anterior.