Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Austria»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m (Bot: Cambio o modelo: Cita publicación)
Ao seu regreso a Suíza, o Goberno do país endureceu as súas condicións para darlle asilo que debía de ser, en todo caso, temporal. A comezos de maio, a familia trasladouse ao pazo de Hertenstein. Horthy mantiña a súa actitude ambigua co ex-emperador.
 
Poucos meses despois Carlos intentou novamente forzar a restauración, contando co apoio de militares e políticos húngaros aínda leais aos [[Habsburgo]]: o [[21 de outubro]] de 1921 entrou en avión de novo en Hungría reunindo un continxente de soldados afíns á súa causa para marchar sobre [[Budapest]].<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 465</ref> Se ben os monárquicos e o propio Carlos previran unha marcha pacífica onde as tropas gobernamentais non se atreverían a pechar o paso ao ex emperador (como sucedeu case en toda a ruta de [[Szombathely]] a [[Budapest]]), o Goberno de [[Miklós Horthy]] si estaba disposto a resistir este novo intento e nos arredores da capital batallóns do Exército e voluntarios, na súa maioría estudantes mobilizados polo capitán [[Gyula Gömbös]],<ref>[[#Bibliografía|Szilassy (1971)]], páx. 97</ref> rexeitaron pola forza a uns soldados do continxente monárquico o [[23 de outubro]], mostrando que unha [[guerra civil]] era posible por causa da restauración monárquica. Esa mesma tarde, os Gobernos da Pequena[[Pequena Entente|Entente]] enviaron tropas á súa fronteira húngara para impedir que Carlos fose restaurado. Asustado ante a posibilidade dunha guerra civil, e notando que o apoio á súa causa non era unánime, o ex emperador desistiu do seu intento o [[24 de outubro]] e capitulou cos seus seguidores; mentres tanto, o Goberno do [[Miklós Horthy|almirante Horthy]] reaccionaba colocando a Carlos e a súa esposa baixo custodia militar na localidade de [[Tihany]] a beiras do [[Lago Balatón]], accedendo ás presións da [[Pequena Entente]] e dos nacionalistas húngaros (unidos no seu empeño de evitar a restauración dos [[Habsburgo]]). [[Francia]] e [[Gran Bretaña]] tamén manifestaron oficialmente a Horthy o [[29 de outubro]] a súa oposición ao retorno de Carlos ao trono húngaro, apoiando os temores da [[Pequena Entente]].
 
[[Ficheiro:DisgregacióndeAustriaHungría.svg|thumb|300px|left|División de Austria-Hungría en [[1918]].]]
798

edicións

Menú de navegación