Richard Brooks: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Filmografía: Título galego
Liña 66: Liña 66:
* ''[[The Happy Ending]]'' (1969).
* ''[[The Happy Ending]]'' (1969).
* ''[[$ (filme)|$]]'' (1971).
* ''[[$ (filme)|$]]'' (1971).
* ''[[Bite the Bullet (filme)|Bite the Bullet]]'' (1975).
* ''[[Morde a bala]]'' (1975).
* ''[[Looking for Mr. Goodbar (filme)|Looking For Mr. Goodbar]]'' (1977).
* ''[[Looking for Mr. Goodbar (filme)|Looking For Mr. Goodbar]]'' (1977).
* ''[[Wrong Is Right]]'' (1982).
* ''[[Wrong Is Right]]'' (1982).

Revisión como estaba o 22 de setembro de 2015 ás 18:25

Modelo:Actor Reuben Sax, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 18 de maio de 1912 e finado en Beverly Hills (California) o 11 de marzo de 1992 foi un director, guionista, produtor e escritor estadounidense coñecido como Richard Brooks.

Traxectoria

Tras graduarse na Temple University, Brooks traballou coma xornalista radiofónico. Na década de 1940 iniciou a súa carreira en Hollywood escribindo guións de filmes como "Brute Force" (1947) ou "Key Largo" (1948). En 1950 e grazas á axuda do actor Cary Grant disposto a colaborar cun director novel, debutou na dirección con "Crisis", drama producido por Arthur Freed que Grant protagonizou xunto con José Ferrer. Ao longo desa década foi asentando a súa categoría como director de actores, especialmente polo éxito de Blackboard Jungle (1955), con Glenn Ford e Sidney Poitier.

Brooks rodou adaptacións de grandes obras literarias, como Os irmáns Karamazov de Fiódor Dostoyevski, Elmer Gantry, de Sinclair Lewis ou In Cold Blood, de Truman Capote. Un dos seus autores favoritos foi o dramaturgo Tennessee Williams, do que dirixiu Cat on a Hot Tin Roof (1958), con Elizabeth Taylor, Paul Newman e Burl Ives, e Doce paxaro de xuventude (1962), de novo con Newman.

A partir da década de 1970 a súa produción diminuíu en cantidade.

Filmografía

Véxase tamén

Ligazóns externas