SIG Strasbourg: Diferenzas entre revisións
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil |
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil |
||
Liña 46: | Liña 46: | ||
{{player3 | num = 17 | nat = {{FRAb}} | first = Frank | last = Ntilikina | pos = PG | m = 1.93 | kgs = 77 | from = [[Strasbourg Illkirch-Graffenstaden Basket|Strasbourg IG (ca)]] <small>(2014)</small>}} |
{{player3 | num = 17 | nat = {{FRAb}} | first = Frank | last = Ntilikina | pos = PG | m = 1.93 | kgs = 77 | from = [[Strasbourg Illkirch-Graffenstaden Basket|Strasbourg IG (ca)]] <small>(2014)</small>}} |
||
{{player3 | num = 21 | nat = {{FRAb}} | first = Bangaly | last = Fofana | pos = C | m = 2.13 | kgs = 107 | from = [[STB Le Havre]] <small>(2014)</small>}} |
{{player3 | num = 21 | nat = {{FRAb}} | first = Bangaly | last = Fofana | pos = C | m = 2.13 | kgs = 107 | from = [[STB Le Havre]] <small>(2014)</small>}} |
||
{{player3 | num = 32 | nat = {{ |
{{player3 | num = 32 | nat = {{SRBb}} | first = Vladimir | last = Golubović | pos = C | m = 2.12 | kgs = 113 | from = [[Unicaja Málaga]] <small>(2015)</small>}} |
||
{{player3 | num = 34 | nat = {{USAb}} | first = Kyle| last = Weems | pos = SF | m = 1.98 | kgs = 103 | from = [[JSF Nanterre]] <small>(2015)</small>}} |
{{player3 | num = 34 | nat = {{USAb}} | first = Kyle| last = Weems | pos = SF | m = 1.98 | kgs = 103 | from = [[JSF Nanterre]] <small>(2015)</small>}} |
||
{{player3 | num = 49 | nat = {{FRAb}} | first = Romain | last = Duport | pos = C | m = 2.17 | kgs = 115 | from = [[Cholet Basket]] <small>(2011)</small>}} |
{{player3 | num = 49 | nat = {{FRAb}} | first = Romain | last = Duport | pos = C | m = 2.17 | kgs = 115 | from = [[Cholet Basket]] <small>(2011)</small>}} |
Revisión como estaba o 18 de setembro de 2015 ás 07:54
Strasbourg IG | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro A / Euroliga |
Alcume | SIG |
Fundación | 1929 |
Cores | Vermello, ouro, branco |
Presidente | Martial Bellon |
Adestrador | Vincent Collet |
Vestimenta | Adidas |
Localización | |
Cidade | Estrasburgo, Francia |
Pavillón | Rhénus Sport |
Capacidade | 6.200 |
Campionatos | |
Liga | 1 (2005) |
Copa | 1 (2015) |
sigbasket.fr |
O Strasbourg Illkirch-Graffenstaden Basket, máis coñecido como SIG ou simplemente Strasbourg, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Estrasburgo, na rexión da Alsacia. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo, e na Euroliga. No ano 2005 o club gañou o seu primeiro campionato de liga. O club xoga os seus partido como local no Rhénus Sport, un pavillón con capacidade para 6.200 espectadores.
Historia
O sociedade polideportiva Illkirch-Graffenstaden foi fundada en 1928, creando unha sección de baloncesto en 1929. Case unha década despois, en 1938, o club chegou á Division d’Excellence da FFBB (actual Pro A), descendendo en 1949 e non regresando até 1961. Durante moitos anos o club dominador da Alsacia foi o Foyer Alsacien Mulhouse, sete veces campión de Francia, desaparecido da élite en 1960. Así pois, a partir desa década dous clubs de Estrasburgo son os que animan o baloncesto rexional: o AS Strasbourg e a Sportive Illkirch Graffenstaden. Porén, sería este último o que finalmente despegaría. Despois de décadas de ascensos e descensos intermitentes entre a Nationale I e II (terceira e cuarta categoría), o SIG chega finalmente á Pro A en 1994, chegando ese mesmo ano á final da Copa de Francia, onde se enfrontaría ao Limoges CSP, actual campión da Euroliga. O encontro saldase cunha derrota por 66 a 83. Ao ano seguinte o club participa na Copa Korać, aínda que o progreso se detén, descendendo de novo o club en 1998. Porén, non tardaría en volver á elite para a temporada 1999−00.
A partir da temporada 2004–05 chega ao club o adestrador Éric Girard, co que o club consegue acadar o terceiro posto na fase regular. Despois, nos playo-offs polo título o club consegue chegar á final vencendo onde vence aos seus tradicionais rivais, o SLUC Nancy, por 72 a 68. Debido ao título conseguido, o Strasbourg xoga ao ano seguinte na Euroliga, onde cae na fase de grupos tras gañar 3 partidos de 11: 84–76 ao TAU Cerámica, 90–82 á Union Olimpija e 70–66 ao AEK Atenas, os tres como local.[1] Despois de varios anos lonxe da elite, o equipo revive coa chegada ao banco en 2012 de Vincent Collet, con quen chegan durante tres anos consecutivos á final da liga, mais sen éxito. No ano 2015, pese a perder na final da Liga conseguen gañar a Copa de Francia.
Xogadores
Cadro actual
Strasbourg IG 2015−2016 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Palmarés
- Campións (1): 2004-05
- Subcampións (3): 2012-13, 2013-14, 2014-15
Copa de Francia
- Campións (1): 2014-15
- Subcampións (1): 1998-99
Leaders Cup
- Campións (1): 2015
- Subcampións (1): 2013
- Campións (1):1998-99
Históricos
Xogadores
Para aparecer na seguinte selección o xogador debe ter:
- Xogado polo menos unha temporada no club.
- Estabelecer un récord ou gañar un trofeo individual mentres está no club.
- Ter xogado polo menos un partido internacional oficial.
- Ter unha carreira destacada sexa no club, sexa en equipos anteriores ou posteriores.
Adestradores
Notas
- ↑ "Euroleague 2005-06". Lingua Sport (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2015.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio web oficial (en francés)