Robert Wise: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado imaxe
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 3: Liña 3:

==Traxectoria==
==Traxectoria==
Cando era mozo, o principal pasatempo de Wise era ir ao cine e xa no instituto comezou a escribir artigos para o xornal estudantil. A súa carreira cinematográfica comezou como montador de son e música para a [[RKO]], aínda que axiña se interesou máis pola montaxe. Nesta tarefa chegou a conseguir unha candidatura ao [[oscar á mellor montaxe]] por ''[[Citizen Kane]]''.
Cando era mozo, o principal pasatempo de Wise era ir ao cine e xa no instituto comezou a escribir artigos para o xornal estudantil. A súa carreira cinematográfica comezou como montador de son e música para a [[RKO]], aínda que axiña se interesou máis pola montaxe. Nesta tarefa chegou a conseguir unha candidatura ao [[oscar á mellor montaxe]] por ''[[Cidadán Kane]]''.

A súa primeira película coma director foi substituíndo ao director orixinal dun filme de terror, ''The Curse of the Cat People'', en 1944. Nos anos cincuenta moveuse por diferentes xéneros, incluíndo a [[ciencia ficción]] en ''[[The Day the Earth Stood Still]]'' o melodrama en ''So Big'', ou o cine épico de ''[[Helen of Troy]]''. Nos sesenta dirixiu dúas películas baseadas en [[musical|musicais]] que lle deron o [[oscar ó mellor director|oscar ao mellor director]]: ''[[West Side Story]]'' e ''[[Sorrisos e lágrimas]]'', a primeira codirixida con [[Jerome Robbins]]. Seguiu dirixindo películas para cine e televisión ata os 86 anos e ata pouco tempo antes da súa morte tamén participou nas edicións para [[DVD]] dos seus filmes.

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2015 ás 17:23

Robert Wise en 1990.

Robert Earl Wise, nado en Winchester (Indiana) o 10 de setembro de 1914 e finado nos Ánxeles (California) o 14 de setembro de 2005, foi un director de cinema, produtor e montador estadounidense.

Traxectoria

Cando era mozo, o principal pasatempo de Wise era ir ao cine e xa no instituto comezou a escribir artigos para o xornal estudantil. A súa carreira cinematográfica comezou como montador de son e música para a RKO, aínda que axiña se interesou máis pola montaxe. Nesta tarefa chegou a conseguir unha candidatura ao oscar á mellor montaxe por Cidadán Kane.

A súa primeira película coma director foi substituíndo ao director orixinal dun filme de terror, The Curse of the Cat People, en 1944. Nos anos cincuenta moveuse por diferentes xéneros, incluíndo a ciencia ficción en The Day the Earth Stood Still o melodrama en So Big, ou o cine épico de Helen of Troy. Nos sesenta dirixiu dúas películas baseadas en musicais que lle deron o oscar ao mellor director: West Side Story e Sorrisos e lágrimas, a primeira codirixida con Jerome Robbins. Seguiu dirixindo películas para cine e televisión ata os 86 anos e ata pouco tempo antes da súa morte tamén participou nas edicións para DVD dos seus filmes.

Obra

Véxase tamén

Ligazóns externas