Praza.gal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Redes sociais e comunidade: cambio ligazón externa no medio do artigo por ref.
Liña 15: Liña 15:
Desde a súa creación, o diario Praza Pública apostou polas [[redes social|redes sociais]]. Así, ademais de ter presenza en [[Facebook]] e [[Twitter]], actualiza a diario unha sección de micromensaxes ("Fálase de...") que está sincronizada coa conta de Twitter.
Desde a súa creación, o diario Praza Pública apostou polas [[redes social|redes sociais]]. Así, ademais de ter presenza en [[Facebook]] e [[Twitter]], actualiza a diario unha sección de micromensaxes ("Fálase de...") que está sincronizada coa conta de Twitter.


Ás poucas semanas do lanzamento do xornal, actualizouse cunha nova sección, [http://praza.com/blogs/ Obradoiro], unha comunidade de blogs que se especializan cada un nunha temática concreta.
Ás poucas semanas do lanzamento do xornal, actualizouse cunha nova sección, Obradoiro<ref>[http://praza.com/blogs/ Sección Obradoiro de Praza Pública]</ref>, unha comunidade de blogs que se especializan cada un nunha temática concreta.


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2015 ás 01:52

Praza Pública é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012.[1]

Traxectoria

Praza Pública é propiedade da Fundación Praza Pública. Foi presentado o 31 de xaneiro de 2012 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela expoñendo nese acto a base da súa liña editorial, a transparencia, tanto na xestión económica coma na informativa[1].

O xornal desenvólvese usando unicamente software libre e o 8 de febreiro do 2012 liberaron todo o código fonte das ferramentas coas que se crea e lle dan soporte, algunhas delas desenvolvidas pola empresa galega A navalla suíza e outras xa existentes na rede. [2]

No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: Marcos Pérez Pena, David Lombao e mais Lara Graña. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista Miguel Pardo.

Praza Pública difunde periodicamente informes de transparencia sobre a situación organizativa, social, económica e de audiencia deste medio de comunicación.[3]

Redes sociais e comunidade

Desde a súa creación, o diario Praza Pública apostou polas redes sociais. Así, ademais de ter presenza en Facebook e Twitter, actualiza a diario unha sección de micromensaxes ("Fálase de...") que está sincronizada coa conta de Twitter.

Ás poucas semanas do lanzamento do xornal, actualizouse cunha nova sección, Obradoiro[4], unha comunidade de blogs que se especializan cada un nunha temática concreta.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas