Satanás: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18: Liña 18:
Ao longo das obras [[Glosario Teosófico|''Glosario Teosófico'']] e ''[[A Doutrina Secreta]]'' de [[Helena Blavatsky]] ofrécense diversas interpretacións sobre a figura de Satanás.
Ao longo das obras [[Glosario Teosófico|''Glosario Teosófico'']] e ''[[A Doutrina Secreta]]'' de [[Helena Blavatsky]] ofrécense diversas interpretacións sobre a figura de Satanás.


== Notas ==
== Referencias ==
{{Referencias}}
{{Referencias}}



Revisión como estaba o 13 de setembro de 2015 ás 10:08


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Representación de Satanás de Gustave Doré.

Satanás ou Satán é o termo polo que as relixións abrahámicas designan unha entidade suprasensible que representa a encarnación suprema do Mal.

O termo procede do latín satāna, e este á súa vez do arameo שטנא shatán 'adversario', 'inimigo', 'acusador'.

Condición de existencia

Despois de varias comparacións no que se refire as traducións sobre a orixe das palabras Satanás e Diabo, actualmente é consensual entre relixiosos o seu significado: 'acusador' ou 'calumniador' para Diabo; e 'opositor' ou 'adversario' para Satanás. Inda hai diverxencias sobre a súa literal existencia; algúns sinxelamente ignórana, outros fan demonstracións lóxicas da súa existencia dentro dos parámetros bíblicos, partindo do feito de que a Biblia menciónao coma un ser espiritual, un "anxo de luz" que tornouse un rebelde ao oporse ao Creador. O Apocalipse 12:07 presenta Satanás coma un líder dunha rebelión; no versículo seguinte, denótase a necesidade de que haxa represalias para que tal rebelde sexa expulsado do seu lugar de orixe; no versículo 9, é evidenciado que o rebelde xunto cos seus compañeiros son vencidos e lanzados para o noso planeta. No Apocalipse 12:12, é mostrada a alegría do ceo (plano espiritual onde vivía Satanás), e a tristura para seres humanos influenciados por el na Terra (onde actúa intensamente Satanás).

Satanismo espiritual

No satanismo espiritual Satán non é visto coma un ser maligno e mentiroso de ollos vermellos flamexantes ou con cornos. El é o deus sumerio, coñecido como Enki, cuxo significado é 'Señor da Terra'.

Interpretacións

A maioría dos cristiáns consideran que todas as ocorrencias de Satanás na Biblia son literais.

Moitos xudeus e algúns cristiáns consideran que Satanás é unha alegoría. Os estudosos identifican a Satanás en Zacarías, cos acontecementos políticos no tempo de Nehemías. Os autenticistas[1] e christadelphians[2]<ref> entenden que o propio Cristo tería contado as súas tentacións, en forma de parábola.

Ao longo das obras Glosario TeosóficoA Doutrina Secreta de Helena Blavatsky ofrécense diversas interpretacións sobre a figura de Satanás.

Referencias