Kurt Wüthrich: Diferenzas entre revisións
m bot Cambios estética |
m Bot: Cambio o modelo: SUI |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
dando unha conferencia no Forum Europeo de 2005 celebrado en [[Alpbach]], [[Austria]] |
dando unha conferencia no Forum Europeo de 2005 celebrado en [[Alpbach]], [[Austria]] |
||
|nacemento = {{data|4|10|1938|idade}} |
|nacemento = {{data|4|10|1938|idade}} |
||
|lugar_nacemento = [[Aarberg]] {{ |
|lugar_nacemento = [[Aarberg]] {{CHE}} |
||
|morte = |
|morte = |
||
|lugar_morte = |
|lugar_morte = |
||
|residencia = {{ |
|residencia = {{CHE}} |
||
|nacionalidade = [[Suíza|suízo]] |
|nacionalidade = [[Suíza|suízo]] |
||
|cónxuxe = <li>Marianne Briner |
|cónxuxe = <li>Marianne Briner |
Revisión como estaba o 10 de setembro de 2015 ás 17:03
Kurt Wüthrich, nado o 4 de outubro de 1938 en Aarberg, Suíza é un químico galardoado co premio Nobel de Química no ano 2002.
Traxectoria
Estudou Química, Física e Matemática na Universidade de Berna antes de conseguir o seu Ph.D. baixo a dirección de Silvio Fallab na Universidade de Basilea, outorgado en 1964. Continuou o seu traballo postdoctoral con Fallab durante un breve tempo antes de deixalo para traballar na Universidade de California, Berkeley de 1965 a 1967 con Robert E. Connick. A isto seguiulle un período de traballo con Robert G. Shulman nos Laboratorios Bell en Murray Hill, Nova Jersey (1967-1969).
Wüthrich volveu a Zúric (Suíza), en 1969, onde comezou a súa carreira na Escola Politécnica Federal de Zúric, chegando a Profesor de Biofísica en 1980. Actualmente mantén un laboratorio alí, aínda que o seu cargo está en The Scripps Research Institute, en La Jolla, California.
Traballo científico
Durantes os seus estudos de gradación Wüthrich comezou a traballar coa espectroscopia de resonancia paramagnética electrónica e o tema da súa tese Ph.D. foi "a actividade catalítica dos compostos de cobre nas reaccións de autooxidación". Durante o seu tempo como un investigador postdoctoral na Berkeley comezou a traballar coa técnica relacionada recentemente desenvolvida da espectroscopia de resonancia magnética nuclear para estudar a hidratación dos complexos metais. Cando Wüthrich uniuse aos Laboratorios Bell, foi posto a cargo dun dos primeiros espectrómetros de RMN superconductores, e comezou estudando a estrutura e dinámica das proteínas. El perseguiu esta liña de investigación desde entón.
Logo de volver a Suíza, Wüthrich colaborou co premio Nobel Richard R. Ernst en desenvolver os primeiros experimentos de RMN en duas dimensións, e estableceu o efecto nuclear Overhauser como un xeito conveniente de medir distancias dentro das proteínas. Esta investigación máis tarde levou á asignación completa de resonancias para o inhibidor pancreático de tripsina bovino e o glicagón.
Foi premiado con parte do Premio Nobel de Química en 2002 polo seu liderado no traballo en curso, comezado nos anos 70, sobre o uso da espectroscopia de resonancia magnética nuclear multidimensional para estudar a estrutura das proteínas.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2002 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2002 (en inglés)
- Perfil de Kurt Wüthrich en NNDB (en inglés)
Predecesor: William Standish Knowles, Ryoji Noyori e K. Barry Sharpless |
Premio Nobel de Química 2002 con John Fenn e Koichi Tanaka |
Sucesor: Peter Agre e Roderick MacKinnon |