'''Santalla de Rei (Santalla)''' é unha parroquia pertencente ó concello de [[A Pobra do Brollón|Pobra do Brollón]] na [[provincia de Lugo]]. É o [[Santalla de Rei (arciprestado)|arciprestado]] de moitas parroquias do mesmo concello e de concellos cercanos.
'''Santalla de Rei (Santalla)''' é unha parroquia pertencente ó concello de [[A Pobra do Brollón|Pobra do Brollón]] na [[provincia de Lugo]]. É o [[Santalla de Rei (arciprestado)|arciprestado]] de moitas parroquias do mesmo concello e de concellos cercanos.
Revisión como estaba o 13 de maio de 2007 ás 16:50
No ano 2006 contaba con 41 habitantes agrupados nas entidades do Reguengo e A Ribeira sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 29,2 hab./Km2. Coma na maioría das aldeas galegas principalmente as do interior, a súa poboación está minguando. Nos últimos anos (1991-2006) a poboación diminuíu en 19 habitantes.
Construcións
*Igrexa do século XVII na honra a Santa Eulalia cun retablo do 1697 no seu interior.
*Muíño de propiedade privada
*Ponte sobre o río Cabe.
*Presa de auga no río.
Festas parroquiais
As festas parroquiais celébranse, cunha tradicional romaría, o penúltimo sábado de agosto na honra a Santa Lucía. A festa celebrábase antigamente o 26 de setembro. Era costume que veciños doutras aldeas fosen comer ó campo da festa. Tamén era tradicional unha actuación de titores chamados Os Barrigaverdes. Nos anos 70 cambiouse a agosto porque normalmente chovía e foi cando houbo actuacións de cantantes moi coñecidos como Ana Kiro ou Karina.
Historia
Figura nos documentos antigos como Santalla de Mouro Queimado, ou Santalla do Rei Queimado que din os do lugar. Ó último nome dalle a Santalla o apelido de Rei.
Santalla de Rei foi durante moitos séculos é aínda é o arciprestado dun montón de aldeas e parroquias pertencentes a tres concellos: Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón.
Véxase Santalla de Rei (arciprestado)
Clima
O clima de Santalla de Rei é oceánico con tendencias continentais. Os veráns son calorosos e secos cunha temperatura media de 20,3ºC e os invernos son fríos e moi húmidos cunha temperatura media de 6,2ºC. A primavera e o outono son as estacións máis agradables.