Santalla de Rei, A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 43: Liña 43:


{{A Pobra do Brollón}}
{{A Pobra do Brollón}}
{{Parroquia Info}}
{{Parroquia info}}





Revisión como estaba o 13 de maio de 2007 ás 16:47

Santalla de Rei (Santalla) é unha parroquia pertencente ó concello de Pobra do Brollón na provincia de Lugo. É o arciprestado de moitas parroquias do mesmo concello e de concellos cercanos.

Esta delimitada pola parroquia de Veiga ó norte; Ferreiros e Castrosante polo sur; Castrosante polo leste e, Piño e Eixón polo oeste.

Santalla encóntrase situada a uns 65km de Lugo e a 6 km de A Pobra do Brollón, capital do concello co mesmo nome.

Está bañada polo río Cabe que nace no concello veciño de O Incio e é afluente do río Sil.

Ficheiro:Santalla 1.jpg
Vista panorámica de A Ribeira
Ficheiro:Igrexa de Santalla.jpg
Igrexa Parroquial de Santalla de Rei

Dadas demográficas

No ano 2006 contaba con 41 habitantes agrupados nas entidades do Reguengo e A Ribeira sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 29,2 hab./Km2. Coma na maioría das aldeas galegas principalmente as do interior, a súa poboación está minguando. Nos últimos anos (1991-2006) a poboación diminuíu en 19 habitantes.

Construcións

  • Igrexa do século XVII na honra a Santa Eulalia cun retablo do 1697 no seu interior.
  • Muíño de propiedade privada
  • Ponte sobre o río Cabe.
  • Presa de auga no río.

Festas parroquiais

As festas parroquiais celébranse, cunha tradicional romaría, o penúltimo sábado de agosto na honra a Santa Lucía. A festa celebrábase antigamente o 26 de setembro. Era costume que veciños doutras aldeas fosen comer ó campo da festa. Tamén era tradicional unha actuación de titores chamados Os Barrigaverdes. Nos anos 70 cambiouse a agosto porque normalmente chovía e foi cando houbo actuacións de cantantes moi coñecidos como Ana Kiro ou Karina.

Historia

Figura nos documentos antigos como Santalla de Mouro Queimado, ou Santalla do Rei Queimado que din os do lugar. Ó último nome dalle a Santalla o apelido de Rei.

Santalla de Rei foi durante moitos séculos é aínda é o arciprestado dun montón de aldeas e parroquias pertencentes a tres concellos: Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón.

Véxase Santalla de Rei (arciprestado)

Clima

O clima de Santalla de Rei é oceánico con tendencias continentais. Os veráns son calorosos e secos cunha temperatura media de 20,3ºC e os invernos son fríos e moi húmidos cunha temperatura media de 6,2ºC. A primavera e o outono son as estacións máis agradables.


Lugares da parroquia de Santalla de Rei no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo)

A Ribeira | O Reguengo


Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Modelo:Parroquia info