HTMS Chakri Naruebet: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HTMS Chakri Naruebet
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de setembro de 2015 ás 12:17

HTMS Chakri Naruebet

HTMS CHAKRINARUEBET (CVH 911) so sur do mar de China, en 2001.
Historial
Estaleiro Bazán en Ferrol (actual Navantia Ferrol)
Clase Príncipe de Asturias
Tipo Portaavións V/STOL
Operador Royal Thai Navy (RTN)
Porto de rexistro Sattahip, Chonburi Tailandia
Autorizado 27 de marzo de 1992
Posta en grella 12 de xullo de 1994
Botado 20 de xaneiro de 1996
Asignado 10 de agosto de 1997
Viaxe inaugural España Ferrol- Tailandia Tailandia (42 días)
Características xerais
Desprazamento 11 486 t
Eslora 182,65 m (599.2 pés), eslora total
174,1 m (571 pés), cuberta de vó
164,1 m (538 pés), entre perpendiculares
Manga 22,5 m (74 pés), liña de flotación
30,5 m (100 pés) máxima
Puntal 27 m
Calado 6,12 m (20.1 pés)
Sensores Radar de búsqueda aérea Raytheon AN/SPS-52C 3-D
Radar de navegación e control de helicópteros Kelvin Hughes
Radar de navegación Kelvin Hughes I-band
Armamento 3 Lanzadores de mísiles superficie-aire SAM Mistral
2 canóns de 30 mm
Propulsión 2 motores diésel
2 turbinas de gas Bazán General Electric LM2500+
2 hélices de paso variable de 4 pás
Potencia 44 250 cv
Velocidade Máxima 26,4 nós
navegación 16 nós
Autonomía 10.000 m.n a 12 nós
Tripulación 455 tripulantes
146 grupo aéreo
Tropas 675 soldados
Capacidade 4 membros da familia real
Aeronaves 6 Matador AV-8S (Harrier)
6 helicópteros Sikorsky S-70B Seahawk
Equipamento aeronaves cuberta de vó de 174,6 m × 27,5 m
ski jump de 12°
2 montacargas

HTMS Chakri Naruebet, identificativo CVH-911, (en tailandés จักรีนฤเบศร) é un portaavións convencional construído en Ferrol a finais dos anos 1990 para a Real Mariña Tailandesa.

O tifón Gay chegou a Tailandia en 1989. A Mariña Real Tailandesa non tiña medios navais para axudar ás víctimas. O goberno Tailandés convocou un concurso internacional para o deseño e construción dun buque militar con capacidade para axuda civil. Entón non eran empregados buques anfibios. O deseño de Bazán baseado no Príncipe de Asturias foi seleccionado sobre deseños internacionais. O HTMS Chakri Naruebet foi o primeiro portavións deseñado e construido para ser vendido a outro país. Ata entón tódolos países que tiñan portavións eran de deseño propio. A Mariña Real Tailandesa é das poucas no sur de Asia que ten un portavións.

O nome "Chakri Naruebet" foille posto polo rei Bhumibol Adulyadej. Significa "O Soberano da Dinastía Chakri". O custe do buque foi duns 352 millóns de dólares. Á súa botadura acudiron a raiña Sirikit de Tailandia y a raiña Sofía de España. En 2006 o buque deixou de operar con avións e dende entón opera con dez helicópteros Seahawk[1].

Notas