Diferenzas entre revisións de «Hugh Despenser o Novo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
Finalmente os baróns conseguiron do rei que Hugh e seu pai marcharan ó exilio en 1321. O seu pai fuxiu a [[Bordeos]], e Hugh converteuse nun pirata na canle da mancha. A parella volveu o ano seguinte e o rei reinstaloou a Hugh como favorito real. O seu tempo no exilio non fixera nada para acougar a súa avaricia, o seu e a súa crueldade. Mentres que a raíña Isabella estaba en Francia a negociar entre o seu marido e o rei francés, ela formou unha alianza con Roger Mortimer e comezaron a facer plans para unha invasión. Hugh supostamente intentou subornar a cortesáns franceses para asasinar a raíña Isabella. Cando Mortimer e a raíña invadiron Inglaterra en outubro de 1326, o rei Eduardo foi desposuído, executaron ao pai e capturaron a Hugh.
 
Hugh intentou matarse de inanición antes do seu xuízo, que se efectuou o [[24 de novembro]] de 1326 en [[Hereford]]. Xulgárono como traidor e ladrón e foi condenado á execución pública do tipo [[aforcado, azorrado e desmembrado]]. Inmediatamente, arrastrárono detrás de catro cabalos ao seu lugar da execución, onde fixeran un gran lume. Colgárono, un home subiu e cortou o seu pene e testículos que entón queimaron. Posteriormente, o verdugo afundiu o seu coitelo no seu abdome, e cortou a súa entrañas e corazón, que queimaron diante a xente. Finalmente, decapitárono, e cortaron o seu corpo en catro pedazos, e a súa cabeza foi posta nas portas de Londres.
 
[[Categoría:Nobreza]]
288.376

edicións

Menú de navegación