Testemuñas de Xehová: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
references
Liña 10: Liña 10:
* [http://www.jw.org/gl/ Web oficial] {{Vl}}.
* [http://www.jw.org/gl/ Web oficial] {{Vl}}.


[[Categoría:Relixión]]
[[Categoría:Restauracionismo]]

Revisión como estaba o 5 de setembro de 2015 ás 11:28

Cuartel xeral das Testemuñas de Xeová: The Watchtower Bible & Tract Society en Brooklyn, Nova York, U.S.A.

Testemuñas de Xeová é o nome dun grupo relixioso internacional que promove e practica unha relixión entendida polos seus adherentes como unha restauración do modo de vida e ideas orixinais dos primeiros cristiáns do século I. Basean as súas crenzas na Biblia, usando para iso preferentemente a New World Translation of the Holy Scriptures (edición publicada pola propia organización) aínda que tamén aceptan e citan outras traducións bíblicas. Para a interpretación e estudo empregan as publicacións editadas polas diferentes sociedades que os representan legalmente (denominadas comunmente como "Sociedade Watchtower"), cuxos exemplos máis coñecidos son as revistas La Atalaia: Anunciando o Reino de Xeová e Espertade!, que tamén distribúen publicamente.

Historia

Orixinada a finais do século XIX en Estados Unidos, segundo o "Informe mundial das Testemuñas de Xeová: Ano de servizo 2014" están presentes en douscentos trinta e seis países e entidades territoriais. O total de individuos practicantes na organización é de 8.201.545[1](estatística de agosto de 2014).

Véxase tamén

  1. Fast Facts—Worldwide

Ligazóns externas