François Mauriac: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 14: Liña 14:
}}
}}


'''François Mauriac''', nado o 11 de octubre de [[1885]] en [[Bordeos]] e finado o [[1 de setembro]] de [[1970]] en [[París]], foi un escritor [[Francia|francés]] gañador do Premio Nobel de Literatura.
'''François Mauriac''', nado o 11 de outubro de [[1885]] en [[Bordeos]] e finado o [[1 de setembro]] de [[1970]] en [[París]], foi un escritor [[Francia|francés]] gañador do Premio Nobel de Literatura.


==Biografía==
==Biografía==

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2015 ás 15:48

François Mauriac
Nome completoCharles François Mauriac
AlcumeForez e François Sturel
Nacemento11 de outubro
 Bordeos Francia
Falecemento1 de setembro de 1970
 París Francia
SoterradoCimetière de Vémars
NacionalidadeFrancia
Relixióncatolicismo
Alma máterÉcole des Chartes, Sainte-Marie Grand Lebrun e Universidade de Bordeaux
Ocupaciónescritor, xornalista, poeta, novelista, dramaturgo, guionista, crítico literario e biógrafo
CónxuxeJeanne Mauriac
FillosClaude Mauriac, Luce Mauriac, Claire Mauriac e Jean Mauriac
IrmánsPierre Mauriac e Raymond Mauriac
XénerosPoesía, novela
Coñecido/a porThérèse Desqueyroux, sen etiquetar, sen etiquetar, Vipers' Tangle, Le mystère Frontenac : roman, Questions of Precedence, La Fin de la nuit, The Dark Angels, A Woman of Pharisees, sen etiquetar, L'Enfant chargé de chaînes, La Robe prétexte, La Chair et le Sang, Le Fleuve de feu, Genitrix, Destins, Ce qui était perdu, Le mystère Frontenac : roman, Les Chemins de la mer, Les arbres et les pierres, L'Agneau, Un adolescent d'autrefois, Maltaverne, Asmodée, Les Mal-aimés, passage du malin e Le Feu sur la terre
PremiosPremio Nobel de Literatura, Gran cruz da Lexión de Honor, Grande prémio de romance da Academia francesa e Prix Émile Augier
Na rede
IMDB: nm0561095 Allocine: 36453 Allmovie: p281939
Musicbrainz: f92f9c74-61a4-4984-8c6a-4d06f189c6a9 Discogs: 826543 WikiTree: Mauriac-2 Find a Grave: 7122 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

François Mauriac, nado o 11 de outubro de 1885 en Bordeos e finado o 1 de setembro de 1970 en París, foi un escritor francés gañador do Premio Nobel de Literatura.

Biografía

Naceu no seo dunha familia profundamente católica. Sendo novo quedou baixo a custodia da súa nai debido ao falecemento do seu pai. Estudou bacharelato en Cauderan cos marianistas e logo licenciouse en Letras pola Universidade de Bordeos.

No ano 1906 trasládase a París, onde escribe o seu primeiro libro de versos Les mains jointes, cinco anos máis tarde escribiu a súa primeira novela O neno cargado de cadeas.

Participou como soldado durante a I Guerra Mundial, onde enfermou gravemente. En 1933 foi nomeado membro da Academia Francesa. Durante a Guerra civil española, simpatizou co bando republicano e despois ao estalar a II Guerra Mundial formou parte da Resistencia Francesa contra a invasión nazi. Editou as revistas Les Lettres Francaises e Le Cahier Noir, nas que denunciaba e criticaba as torturas e asasinatos cometidos contra os patriotas franceses.

Ao finalizar a guerra realizou unha segunda incursión no teatro, pero do mesmo xeito que ocorreu coa primeira Asmodée (1938), non tivo o mesmo éxito que as súas novelas. Colaborou co xornal conservador Le Figaro, para pasar máis tarde ao recentemente creado L'Expres. O seu apoio nas súas páxinas ao xeneral Charles de Gaulle fíxolle pórse a mal cos seus compañeiros polo que volveu a Le Figaro. Anos máis tarde debido ao seu defensa da causa alxeriana, recibiu ameazas da organización terrorista de extrema dereita OAS.

En 1952 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

Obras

  • Les mains jointes
  • O neno cargado de cadeas
  • Le baiser au lépreux 1922
  • Genitrix 1923, (trama localizada en Langon)
  • Le Désert de l'amour 1925
  • Thérèse Desqueyroux 1927
  • Le Nœud de vipères 1932
  • Le mystère Frontenac 1933
  • Asmodée 1938

Entre as súas últimas obras atópanse tres libros de memorias:

  • Mémoires intérieurs 1959
  • Nouveaux mémoires intérieurs 1965
  • Mémoires politiques 1967
  • Un adolescent d'autrefois 1969