Nosopai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
m Victortpr moveu a páxina "Noso Pai" a "Nosopai": http://academia.gal/dicionario/#searchNoun.do?nounTitle=nosopai
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
O '''Noso Pai''' (tamén coñecido pola súa forma latina ''' Pater Noster''') é a máis coñecida oración do [[cristianismo]]. Segundo o [[Novo Testamento]] déullela [[Xesús]] aos apóstolos despois de que estes lle pedisen que lles aprendese a orar.
O '''Nosopai''' (tamén coñecido pola súa forma latina '''paternóster''') é a máis coñecida oración do [[cristianismo]]. Segundo o [[Novo Testamento]] déullela [[Xesús]] aos apóstolos despois de que estes lle pedisen que lles aprendese a orar.


A oración atópase no [[Evanxeo de Mateo]] (6:9-13), onde aparece como parte do [[Sermón da Montaña]]. Unha oración semellante aparece no [[Evanxeo de Lucas]] 11:2-4.
A oración atópase no [[Evanxeo de Mateo]] (6:9-13), onde aparece como parte do [[Sermón da Montaña]]. Unha oración semellante aparece no [[Evanxeo de Lucas]] 11:2-4.

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2015 ás 14:04

O Nosopai (tamén coñecido pola súa forma latina paternóster) é a máis coñecida oración do cristianismo. Segundo o Novo Testamento déullela Xesús aos apóstolos despois de que estes lle pedisen que lles aprendese a orar.

A oración atópase no Evanxeo de Mateo (6:9-13), onde aparece como parte do Sermón da Montaña. Unha oración semellante aparece no Evanxeo de Lucas 11:2-4.

Aínda que a oración orixinal era en arameo, o texto máis antigo que se conserva está en grego. No cristianismo occidental rezouse en latín durante moitos séculos.

Versión da Igrexa Católica

Noso Pai que estás no ceo:
santificado sexa o teu nome,
veña a nós o teu reino
e fágase a túa vontade
aquí na terra coma no ceo.
O noso pan de cada día dánolo hoxe;
e perdóanos as nosas ofensas
como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,
mais líbranos do mal.
Amén.